Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Rissoto de verduras

15 Xullo, 2015

Rissoto de verduras

Rissoto de verduras

Información nutricional:

Kcal: 643
Proteínas: 26%
Hidratos de carbono: 20,7%
Lípidos: 53,3%

Ingredientes

  • 75 g arroz
  • 50 g cabaciño
  • 40 g cenoria
  • 25 g pemento vermello
  • 20 g cebola
  • 20 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 vaso (175 mL) caldo polo
  • 25 mL nata
  • 5 g queixo relado
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Cortar as verduras en dados e refogar en aceite. Engadir o arroz e refogar un minuto. Mollar con caldo de polo quente en dobre volume que de arroz, pero ir engadindo en tres veces, removendo un pouco para que solte a fécula. Antes de retirar, poñer a nata, cubir co queixo e gratinar se é posible.

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.

Pincho moruno

Pincho moruno

Pincho moruno

Información nutricional:

Kcal: 371,2
Proteínas: 36,7%
Hidratos de carbono: 24,5%
Lípidos: 38,8%

Ingredientes

  • 150 g carne de porco (agulla)
  • 1 (100g) pataca
  • 15 g pemento verde
  • 15 g cebola
  • 1 cullerada brandy
  • 1 dente (3g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • ourego
  • pementa
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar a carne en dados grandes e deixar en adobo polo menos 24h co aceite, sal, pementón, ourego, allo picado e brandy. Inserir a carne na espetada intercalando con pemento verde e cebola. Facer na prancha por ambas caras. Acompañar de pataca dado.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que a carne de vaca ou de cordeiro, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco é aconsellable para os hipertensos e para aqueles que padecen de exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido xa que o abuso de proteínas de orixe animal e de graxas saturadas ten repercusións nocivas na saúde.

Sopa de cebola

Sopa de cebola

Sopa de cebola

Información nutricional:

Kcal: 314,1
Proteínas: 27,5%
Hidratos de carbono: 12,7%
Lípidos: 59,7%

Ingredientes

  • 50 g cebola
  • 1 vaso (250 mL) caldo polo
  • 10 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • pementón doce

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar a cebola en tiras e refogar en aceite moi suavemente sen que tome cor. Engadir a fariña e un chisco de pementón doce e a continuación o caldo de polo. Deixar cocer 15minutos. Suxerencia de presentación: colocarlle pan torrado enriba con queixo e gratinar se é posible.

Vantaxes:
A cebola pertence ao xénero Allium, o máis importante da familia das Liliáceas. Presenta un baixo aporte calórico polo seu contido en auga que é do 90%, apreciable aporte de fibra e un bo contido mineral e vitamínico, converténdose nun excelente alimento regulador do organismo. As propiedades saudables das cebolas débense, máis que á súa composición nutritiva, á súa abundancia de antioxidantes, entre eles os flavonoides e os compostos azufrados. Estes últimos son substancias precursoras de compostos volátiles que son os que aportan á cebola ese cheiro e sabor tan característicos.

Rosada en salsa verde

Rosada en salsa verde

Rosada en salsa verde

Información nutricional:

Kcal: 405,6
Proteínas: 43,4%
Hidratos de carbono: 29,5%
Lípidos: 27,1%

Ingredientes

  • 150 g rosada
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 30 g cebola
  • 20 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • 10 g espárrago branco
  • 5 g fariña
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Preparar unha salsa verde: refogar en aceite o allo e a cebola picados sen que tomen cor. Engadir un pouco de fariña e caldo de peixe. Deixar cocer 10 min e engadir perexil picado. Cocer a rebanda de rosada 5 minutos ao vapor e cubrir coa salsa deixando cocer outros 5 minutos máis. Acompañar dunhas patacas redondas cocidas, chícharos e espárrago branco.

Vantaxes:
A rosada é un peixe branco, e como tal presenta un baixo contido graxo. Ademais é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B. Pero, a cantidade destas vitaminas non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.

Crema de caldo

Crema de caldo

Crema de caldo

Información nutricional:

Kcal: 246
Proteínas: 21,8%
Hidratos de carbono: 31,2%
Lípidos: 47%

Ingredientes

  • 15 g fabas
  • 50 g pataca
  • 50 g grelos
  • 25 g ósos espiñazo
  • 20 g orella porco
  • 20 g ósos galiña
  • 20 g chourizo
  • unto
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Poñer en auga fría a cocer as alubias (remolladas 12h) co unto, ósos e orella. Ao cabo de 1hora e media, retirar os ósos e a carne, engadir as patacas rotas, os grelos e o chourizo enteiro. Deixar cocer 20 min máis. Triturar con turmix e pasar por chinés. Acompañar con anacos de chourizo.

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca, despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora. Os grelos presentan un alto contido en vitamina A, C e ácido fólico, ademais de diversos minerais como calcio, potasio, sodio e ferro. Nesta especie predominan unha serie de substancias relacionadas co seu amargor (glucosinolatos alifáticos), ás que se lle atribúen propiedades anticanceríxenas.