Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Perca ao viño branco con mexillóns

15 Xullo, 2015

Perca ao viño branco con mexillóns

Perca ao viño branco con mexillóns

Información nutricional:

Kcal: 395,1
Proteínas: 49,5%
Hidratos de carbono: 31,2%
Lípidos: 19,3%

Ingredientes

  • 150 g perca
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 30 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 5 g fariña
  • 20 g chícharos
  • 25 g mexillón sen cuncha
  • 1 cullerada (10mL) viño branco
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Preparar a salsa: refogar en aceite o allo e a cebola picados, sen que tomen cor. Engadir un pouco de fariña e caldo de peixe. Deixar cocer 10 min e engadir perexil picado e o viño branco reducido. Cortar a perca en lombos sen espiña e poñer nunha placa de forno e cubrir coa salsa. Poñer no forno 10-15 min. a 180ºC. Acompañar dunhas patacas redondas cocidas, chícharos e mexillóns sen cuncha.

Vantaxes:
A perca é un peixe branco, cun baixo contido lipídico; non presenta unha porcentaxe elevada de proteínas, pero as que contén son dun alto valor biolóxico. Ademais, contén vitaminas do grupo B e A, e minerais como potasio, fósforo, magnesio e ferro. Por outra parte, o allo presenta numerosas propiedades medicinais. Desde unha acción depurativa e tonificante do organismo a propiedades vitalizadoras. Tamén se lle atribúen propiedades antirreumáticas e antigotosas; ademais son expectorantes e anticatarrais.

Crema Esaú (lentellas)

Crema Esaú (lentellas)

Crema Esaú (lentellas)

Información nutricional:

Kcal: 282,5
Proteínas: 20,7%
Hidratos de carbono: 52,8%
Lípidos: 26,5%

Ingredientes

  • 50 g lentellas
  • 1 vaso (200mL) auga
  • 20 g cebola
  • 20 g cenoria
  • 25 g porro
  • 25 g pataca
  • 1 dente (3g) allo
  • 50 mL leite desnatado
  • 1 cullerada (8mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Introducir en auga fría todos os ingrdientes (excepto o allo, o pementón, o aceite e o leite), e cocer lentamente. Cando estean cocidas dar o punto de sal e engadir un rustrido de allo en aceite co pementón. Triturar por túrmix e chinés. Alixerar co leite se estivesen moi espesas.

Vantaxes:
As lentellas son fonte natural de proteínas. A riqueza proteica e de ácidos nucleicos favorece a loita fronte ó envellecemento celular. As lentellas posúen un alto contido en hidratos de carbono, pero os legumes teñen a capacidade de controlar a glucosa que se incorpora no sangue. Ademais, as lentellas conteñen unha alta porcentaxe de potasio, que favorece a eliminación de líquidos do organismo. Son ricas en vitaminas do grupo B, ácido fólico e ferro.

Inconvenientes:
O ferro de orixe vexetal é de máis difícil absorción que o ferro de orixe animal. Por outra parte, aínda que o chourizo presenta proteínas de gran valor biolóxico, debemos moderar o seu consumo polo seu alto contido enerxético e graxo.

Torrada de brandada de bacallau

Torrada de brandada de bacallau

Torrada de brandada de bacallau

Información nutricional:

Kcal: 267,2
Proteínas: 35,2%
Hidratos de carbono: 45,8%
Lípidos: 19%

Ingredientes

  • 75 g bacallau en migas
  • 1 (100g) pataca
  • 25 g porro
  • 20 g pan de molde
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Desalgar as migas de bacallau polo menos 24h. Cocer as patacas en anacos coma se fosen para puré. No aceite de oliva refogar o branco do porro sen que tome cor, engadir o bacallau e as patacas cocidas. Triturar en turmix. Torrar a rebanda de pan e estender a brandada. Decorar con perexil ou ceboliño picado.

Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais. O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pon a remollo esta cantidade diminúe considerablemente, polo tanto, as persoas que padezan hipertensión ou con problemas de retención de líquidos poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado.

Escalopíns de tenreira á cervexa

Escalopíns de tenreira á cervexa

Escalopíns de tenreira á cervexa

Información nutricional:

Kcal: 570,9
Proteínas: 33,7%
Hidratos de carbono: 20,2%
Lípidos: 46,2%

Ingredientes

  • 150 g tenreira tapa
  • 1/3 vaso (75 mL) caldo carne
  • 10 g fariña
  • 1/2 vaso (100 mL) cervexa
  • 1/3 (50 g) cebola
  • 50 g arroz
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Salgar os filetes, pasar por fariña e fritir lixeiramente. Nunha pota rustrir a cebola en aceite, engadir a cervexa e deixar reducir. Mollar con caldo de carne. Cubrir a carne coa salsa e poñer no forno 30 minutos a 175ºC. Acompañar de arroz ao forno.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.

Dourada en salsa mariñeira

Dourada en salsa mariñeira

Dourada en salsa mariñeira

Información nutricional:

Kcal: 387,2
Proteínas: 46%
Hidratos de carbono: 32,8%
Lípidos: 21,2%

Ingredientes

  • 150 g dourada
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 30 g cebola
  • 25 g salsa tomate
  • 20 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • 5 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • colorante alimentario

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Preparar unha salsa mariñeira: refogar en aceite o allo e a cebola picados, engadir un pouco de fariña e caldo de peixe, lixeiramente coloreado, engadir a salsa de tomate e perexil picado deixando cocer uns minutos. Separadamente, marcar o lombo limpo de dourada na prancha e colocar nunha fonte de forno, cóbrese coa salsa e fornear 10 min. a 180ºC. Acompañar dunhas patacas cocidas e chícharos cocidos á parte tamén.

Vantaxes:
A dourada contén proteínas de alto valor biolóxico e niveis relativamente baixos de graxa, polo que o seu valor calórico é reducido. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (niacina e cobalamina), A e E. Os minerais máis abundantes neste peixe son o potasio e o fósforo.