Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Froita fresca (caquis)

15 Xullo, 2015

Froita fresca (caquis)

Froita fresca (caquis)

Información nutricional:

Kcal: 96
Proteínas: 3,2%
Hidratos de carbono: 95,4%
Lípidos: 1,4%

Ingredientes

  • 150 g caquis

Instruccións

Lavar e servir.

Vantaxes:
O caqui é unha froita tropical cun elevado contido en auga e hidratos de carbono (glucosa e fructosa) e polo que presenta un aporte calórico alto, e baixos niveis de lípidos e proteínas. Destaca polo seu gran aporte en provitamina A ou betacaroteno, que lle confire a súa cor característica, vitamina C e potasio. Ambas vitaminas presentan múltiples beneficios para a saúde, destacando o seu gran poder atioxidante. En menor proporción contén vitaminas do grupo B e minerais como calcio, fósforo, ferro e sodio.

Palometa panadeira

Palometa panadeira

Palometa panadeira

Información nutricional:

Kcal: 345,3
Proteínas: 39,1%
Hidratos de carbono: 29,9%
Lípidos: 30,9%

Ingredientes

  • 150 g palometa
  • 1 (100g) pataca
  • 50 mL viño branco
  • 30 g cebola
  • 10 g pemento verde
  • 10 g pemento vermello
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar o peixe, filetealo ou cortalo en tranchas segundo o tamaño. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha placa de forno e enriba as verduras picadas e o viño, e introducir no forno 15 minutos a 175ºC. Colocar o peixe con sal, enriba das patacas, rociar co aceite de oliva e deixar 10 minutos máis. Retirar do forno. Decorar con perexil.

Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes.

Macarróns á italiana

Macarróns á italiana

Macarróns á italiana

Información nutricional:

Kcal: 225,6
Proteínas: 14,1%
Hidratos de carbono: 42,1%
Lípidos: 43,8%

Ingredientes

  • 70 g pasta (macarrón relado)
  • 60 g salsa tomate
  • 10 g queixo relado
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta en auga abundante con sal o tempo que nos indique o fabricante. Refrescar e escorrer. Separadamente, no aceite quente rustrir o allo e engadir a salsa de tomate. Mesturar a pasta co tomate dar o toque de sal e pementa, cubrir co queixo relado e gratinar no forno.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. Este prato tamén presenta un gran contido en tomate. O principal beneficio deste comestible radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes do envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais, contén potasio, magnesio, fibra, e vitaminas do grupo B e vitamina C.

Coello guisado con setas

Coello guisado con setas

Coello guisado con setas

Información nutricional:

Kcal: 641,3
Proteínas: 33,9%
Hidratos de carbono: 22,2%
Lípidos: 43,9%

Ingredientes

  • 150 g coello
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo carne
  • 25 g cebola
  • 25 g cenoria
  • 100 g setas
  • 25 g pemento vermello
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • pementa
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar en anacos o coello. Salpementar. Pasar por fariña e fritir ata dourar. Separadamente, nunha pota rustrir en aceite a cebola picada, o pemento vermello e a cenoria deixando pochar sen que tomen cor. Engadir o coello e mollar con caldo de carne ata que cubra e deixar cocer ata que estea tenro. Cortar as patacas en dados grandes e dar un fritido exterior e a continuación deixalas cocer co coello. Refogar as setas á parte, en aceite e engadir ao guiso.

Vantaxes:
O coello pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota.Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. Destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión.

Inconvenientes:
Debido a abundancia de fibras musculares o coello é unha carne máis difícil de dixerir, e isto pódeno notar as persoas que sofren de estómago delicado.

Refogado de verduras

Refogado de verduras

Refogado de verduras

Información nutricional:

Kcal: 219,8
Proteínas: 8,5%
Hidratos de carbono: 37,0%
Lípidos: 54,5%

Ingredientes

  • 90 g cabaciño
  • 90 g berenxena
  • 30 g pemento vermello
  • 30 g pemento verde
  • 60 g salsa tomate
  • 25 g brótelos soia
  • 30 g cebola
  • 30 g cenoria
  • 3 culleradas (15 mL) aceite oliva
  • comiño
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Cortar en dados grandes (1,5x1,5cm) o cabaciño con pel, a berenxena e a cenoria, e en cadrados os pementos e a cebola. Refogar en tixola ou wok con aceite ata que estean "ó dente" segundo a orde de dureza. Engadir brótelos de soia e a salsa de tomate. Dar o toque de sal e comino.

Vantaxes:
Neste prato combínanse diversas verduras, cabaciño, cenoria, berenxena, pementos e cebola, que aportan ao organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerais tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte aos radicais libres que provocan o envellecemento celular. Ademais a soia destaca polo seu elevado aporte de proteínas de alto valor biolóxico, fibra e lípidos, na súa maioría poliinsaturados fundamentais e beneficiosos para a saúde de vasos sanguíneos e corazón. A soia contén lecitina, graxa que se emprega como complemento dietético e aditivo emulsionante.