Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Coles refogadas

15 Xullo, 2015

Coles refogadas

Coles refogadas

Información nutricional:

Kcal: 366,5
Proteínas: 14,7%
Hidratos de carbono: 4,9%
Lípidos: 80,4%

Ingredientes

  • 130 g coles Bruxelas
  • 50 g ovo
  • 25 g entrefebras afumadas
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer as coles ó vapor ou en auga abundante e escorrer. Nunha cacerola rustrir en aceite as entrefebras afumadas cortadas en bastóns e engadir o pementón. Engadirlle as coles e mesturar con coidado de que non rompan.

Vantaxes:
As coles de Bruxelas son as que máis calorías aportan do seu xénero, debido ó seu maior contido en hidratos de carbono e proteínas (de baixo valor biolóxico). Por outra banda, comparten co resto de verduras o seu elevado contido en auga. Son a maior fonte de vitamina C comparándoas coas verduras da mesma familia. Tamén son unha boa fonte de folatos, e, en menor proporción, de beta-caroteno e vitaminas do grupo B. En canto ós minerais, destaca a presenza de potasio, fósforo e iodo, e cantidades discretas de zinc, calcio (de pobre absorción), magnesio e sodio. O seu contido en fibra insoluble é elevado, favorecendo a sensación de saciedade e o tránsito intestinal, de tal forma que mellora o estrinximento.

Escalopíns de porco á cervexa

Escalopíns de porco á cervexa

Escalopíns de porco á cervexa

Información nutricional:

Kcal: 565,1
Proteínas: 32,8%
Hidratos de carbono: 24,1%
Lípidos: 43,1%

Ingredientes

  • 150 g filete porco
  • 100 mL cervexa
  • 100 g puré pataca
  • 50 mL caldo carne
  • 50 g cebola
  • 10 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Salgar os filetes, pasar por fariña e fritir lixeiramente. Nunha pota rustrir a cebola en aceite, engadir a cervexa e deixar reducir. Mollar con caldo de carne. Cubrir a carne coa salsa e poñer no forno 30 minutos a 175ºC. Acompañar de puré de pataca.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo, excepto o calcio. Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que a carne de vaca ou de cordeiro, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco é aconsellable para os hipertensos e para aqueles que padecen de exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido xa que o abuso de proteínas de orixe animal e de graxas saturadas ten repercusións nocivas na saúde.

Fusilli ao pesto

Fusilli ao pesto

Fusilli ao pesto

Información nutricional:

Kcal: 383,9
Proteínas: 8,2%
Hidratos de carbono: 26,5%
Lípidos: 65,3%

Ingredientes

  • 70 g pasta (fusilli tricolore)
  • 20 g albahaca
  • 15 g piñóns
  • 15 g noces peladas
  • 1/2 dente (2 g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta "ao dente" en auga fervendo con sal o tempo que nos indique o fabricante, refrescar en auga fría e escorrer. Nun cazo facer o pesto: poñer a albahaca co aceite, allo, noces e sal. Triturar coa turmix (sen quentar). Mesturar o pesto coa pasta e piñóns lixeiramente torrados no forno. Cubrir con queixo relado.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. Por outra parte, o allo presenta numerosas propiedades medicinais, desde unha acción depurativa e tonificante do organismo a propiedades vitalizadoras. Tamén se lle atribúen propiedades antirreumáticas e antigotosas, ademais son expectorantes e anticatarrais.

Inconvenientes:
Inconvenientes do allo: mal sabor de boca que deixa o seu consumo, aínda que se pode contrarrestar mascando unha rama de apio ou perexil fresco, ou preparando un enxugue bucal con auga tibia e zume de limón.

Polo ao whisky

Polo ao whisky

Polo ao whisky

Información nutricional:

Kcal: 893,2
Proteínas: 37,2%
Hidratos de carbono: 12,4%
Lípidos: 50,4%

Ingredientes

  • 150 g polo enteiro en anacos
  • 150 mL caldo carne
  • 40 g arroz
  • 30 mL nata
  • 25 mL whisky
  • 20 g cebola
  • 10 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar o polo e cortar en anacos. Salpementar, pasar por fariña e dourar. Separadamente, en aceite refogar o allo e cebola picados. Engadir o polo e o whisky flameando para que arda o alcol. Engadir caldo suficiente para que coza. Cocinar ata que estea tenro e terminar coa nata a salsa. Acompañar de arroz branco ao forno.

Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou acedo fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.

Coliflor con allada e xamón

Coliflor con allada e xamón

Coliflor con allada e xamón

Información nutricional:

Kcal: 210,6
Proteínas: 13,9%
Hidratos de carbono: 9%
Lípidos: 77,1%

Ingredientes

  • 150 g coliflor
  • 25 g xamón serrano
  • 2 dentes (10g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a coliflor en auga fervendo con sal e reservar. Preparar unha allada de xamón: quentar o aceite, engadir o allo ata que se doure, engadir o xamón en dados, retirar do lume e engadir o pementón doce procurando que non se queime. Verter sobre a coliflor e servir quente.

Vantaxes:
A coliflor aporta moi pouco valor calórico, sendo adecuada en dietas de adelgazamento. É unha boa fonte de fibra e vitaminas, entre as que destacan os grupos B ou C. Estas particularidades convértena nun bo alimento para incluílo na dieta de mulleres embarazadas xa que favorece o crecemento e desenvolvemento do feto. Tamén aporta boas cantidades de minerais como potasio, magnesio ou fósforo. As súas propiedades diuréticas eliminan o exceso de líquidos polo que proporcionan beneficios para a hipertensión e redución do ácido úrico. As altas porcentaxes de elementos fitoquímicos (glucosinolatos, isotiocianatos, indoles e fibra) favorecen a prevención de enfermidades dexenerativas coma o cancro.