Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Torta de augardente trufada

15 Xullo, 2015

Torta de augardente trufada

Torta de augardente trufada

Información nutricional:

Kcal: 601,9
Proteínas: 6,9%
Hidratos de carbono: 47%
Lípidos: 46,1%

Ingredientes

  • 50 g biscoito
  • 100 g crema pasteleira
  • 25 g nata
  • 25 g chocolate negro
  • 2 g chocolate branco
  • 5 g azucre
  • 2 mL augardente

Instruccións

Para facer o biscoito: se baten os ovos co azucre ata que esponxe o triple do volume inicial, para que isto suceda os ovos deben estar a temperatura ambiente ou máis ben templados. Engadirlle durante o batido a raidura de cortiza de medio limón. Engadirlle o batido anterior á fariña tamizada misturandoa a man e suavemente para que no se baixe o batido. Extender o batido sobre unha placa de forno forrada con papel antigraso dandolle unha altura de 1,5 cm aprox. Introducir no forno a 180ºC durante 5-8 min. Retirar do forno e sacarlle o papel. Cortar dous cadrados de 5 x 4 cm. Para facer a torta: emborrachar co xarope de aguardente. Encher de crema pastelera.Tapar co outro anaco de biscoito e cubrir de trufa; ferver a nata, e fora do lume engardille o chocolate e remover ata que se desfaga. Espolvorear a torta coa trufa e decorar con chocolate branco pola superficie.
(As cantidades do bizcoito: 1 ovo, 25 gr de azucre, 25gr de fariña, raiadura de medio limon.)

Potaxe de garavanzos

Potaxe de garavanzos

Potaxe de garavanzos

Información nutricional:

Kcal: 617
Proteínas: 11,1%
Hidratos de carbono: 29,2%
Lípidos: 59,7%

Ingredientes

  • 60 g garavanzos
  • 40 g febra de porco salgada
  • 40 g espinacas
  • 25 g pataca
  • 20 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • loureiro
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Ferver auga e introducir os garavanzos (previamente remollados 12h). Engadir a carne desalgada e cortada en dados. Cando os garavanzos e a carne comecen a estar cocidos, engadir as patacas cortadas e as espinacas. Deixar cocer 10-12 minutos máis. Mentres, preparar un rustrido en aceite con allo e cebola picados, pementón doce e engadilo á potaxe case ó final. Comprobar de sal.

Vantaxes:
O nutriente principal dos garavanzos son os hidratos de carbono, dos cales o amidón é o máis abundante. Presenta un bo aporte proteico, pero sen diferenzas respecto dos demais legumes secos; ademais, son proteínas incompletas por falta de metionina (un aminoácido esencial). O contido que presenta de lípidos é maior que no resto de legumes, destacando a presenza de ácidos insaturados como son o ácido oleico e linoleico. Os garavanzos presentan un elevado contido de folatos e tiamina, e minerais como calcio, fósforo, ferro, potasio e magnesio; ademais aportan unha gran cantidade de fibra.

Bacallau á prancha e ao aceite de allo

Bacallau á prancha e ao aceite de allo

Bacallau á prancha e ao aceite de allo

Información nutricional:

Kcal: 303
Proteínas: 54,9%
Hidratos de carbono: 28,5%
Lípidos: 16,5%

Ingredientes

  • 150 g bacallau
  • 1 (100g) pataca
  • perexil
  • 2 dentes (10g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer as patacas cortadas en rebandas. Poñer o bacallau na prancha ata que se cociñe totalmente. Servir o bacallau sobre as patacas e salsear co aceite resultante de fritir os dentes de allo enteiros e con pel. Decorar con perexil.

Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais. O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pón a remollo, esta cantidade diminúe considerablemente, polo que as persoas que padezan hipertensión ou con problemas de retención de líquidos, poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado.

Pavo refogado con verduras

Pavo refogado con verduras

Pavo refogado con verduras

Información nutricional:

Kcal: 294,1
Proteínas: 46,6%
Hidratos de carbono: 12,5%
Lípidos: 40,9%

Ingredientes

  • 150 g peituga pavo
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g pemento verde
  • 25 g cenoria
  • 50 g cabaciño
  • 20 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: Menos de 5 minutos

Cortar o pavo en dados e logo de salpementar, douralo ben nunha tixola moi quente con aceite. Retirar e reservar. Nese mesmo aceite refogar as verduras cortadas en xuliana e cando estean "al dente" engadirlles o pavo. Deixar mesturar os sabores e retirar.

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. E ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.

Acelgas con tomate

Acelgas con tomate

Acelgas con tomate

Información nutricional:

Kcal: 149,5
Proteínas: 12,1%
Hidratos de carbono: 34,7%
Lípidos: 53,2%

Ingredientes

  • 150 g acelgas
  • 60 g salsa tomate
  • 15 g cebola
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer as acelgas en auga abundante con sal. Cando estean cocidas escorrer. Refogar a cebola picada no aceite e engadir as acelgas. Agregar a salsa de tomate e deixar facer uns minutos.

Vantaxes:
O principal compoñente das acelgas é a auga e as porcentaxes dos macronutrientes (proteínas, hidratos de carbono e lípidos) son moi baixas, polo que se converte nun alimento moi recomendado en dietas de adelgazamento. As acelgas son ricas en nutrientes reguladores como fibra, minerais e vitaminas; presenta un elevado contido en folatos, provitamina A e vitamina C. En canto ós minerais, contén potasio, magnesio, sodio, iodo, ferro e calcio. Todas estas substancias aportan numerosos beneficios para o organismo. Ademais contén ácido oxálico, que prevén a formación de cálculos renais e artrites.