Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

A CRISE ANIMOU AS EXPORTACIÓNS, QUE CRECERON UN 22% EN OURENSE

15 Febreiro, 2015

A caída do mercado interno abriu o camiño á internacionalización con vendas por valor de 756 millóns en 2013.
O estallido da crise de finais do 2007 supuxo un brusco frenazo na liña ascendente do mercado interior. Desde entón o consumo interno esborrallouse e comeza a recuperarse moi lentamente. Moitas empresas viron na exportación unha táboa de salvación para garantir a súa viabilidade e tanto o goberno central como a Xunta levan anos con programas de estímulo á internacionalización das empresas, pero foi a necesidade a que empuxou ás empresas a ofertar os seus produtos fóra de España ao ver que dentro xa non tiñan saída. Segundo datos da Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e Competitividade as empresas ourensás gañaron paulatinamente mercado exterior desde o ano 1995 e desde o estallido da crise creceron un 22% ata o 2013, último ano do que existen datos definitivos.
Cuevas e Cía é unha empresa que pertence ao Grupo Cuevas e que como tal sociedade opera desde o ano 1980, pero xa con anterioridad a empresa vendía no exterior os seus produtos. “A exportación está no noso ADN”, di Maite González, xerente da empresa que elabora o Marron Glacé. Este produto comercialízase en 25 países, o que supón dedicar o 20% da produción anual á internacionalización. A xerente da compañía recorda que “exportar non é chegar e bicar o santo, fai falta tempo e paciencia e, ademais, os seguimentos son moito máis custosos e os investimentos, fortes”.
La Región, domingo 15 de febreiro de 2015, páxina 2 e 3.

GRUPO CUEVAS NAS XORNADAS HISPANO LUSAS DO CAMPUS DE OURENSE

5 Febreiro, 2015

O campus de Orense mostra como unir científicos e empresas. Comezan hoxe as Xornadas Hispano Lusas de Xestión Científica, que buscan que o coñecemento científico chegue ás empresas e institucións, e polo tanto, á sociedade.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolleu onte un acto de benvenida no que empresarios e representantes de institucións ourensás expuxeron algunhas vías de éxito mediante a transferencia de coñecemento.
Grupo Cuevas estivo representado nestas xornadas por Ángel González, quen expuxo a exitosa fórmula do seu proxecto “Partner”, a través do que a empresa de alimentación asina convenios de colaboración con distribuidoras galegas. No ano e medio que leva en marcha esta iniciativa, a firma ourensá colabora xa con dez destes negocios, a través dos que se pon en práctica un acordo, entre cuxas condicións están que Cuevas aporta todos os medios necesarios para que a distribuidora creza, mantendo a súa actual estrutura, a cambio de que sexa este grupo de alimentación o seu único proveedor. Ángel González sinalou que “para crecer débense sumar forzas”, e apuntou que “Partner” evitou o peche de varios distribuidores e “representará o 10% do noso volume de negocio cando termine 2015”.
La Región, xoves 5 de febreiro de 2015, páxina 6.

A REVISTA BEN BO RECOMENDA AS GORNICIÓNS DE CUEVAS

2 Febreiro, 2015

A revista Ben Bo, Gastronomía Atlántica Feita In Galicia, recomenda no seu novo número (Ben Bo 06) as gornicións de Cuevas como un dos produtos de outono máis innovadores. Máis aló de non evolucionar, as marcas que comercializan en Galicia castañas e setas levan anos investindo esforzo en innovar, e o resultado é, sen dúbida, excepcional. Neste número Ben Bo repasa algunhas das propostas máis diferentes e sorprendentes existentes no mercado.

CUEVAS E CÍA MARRON GLACÉ ESTARÁ PRESENTE NA FEIRA ISM EN COLONIA

20 Xaneiro, 2015

Do 1 ao 4 de febreiro Cuevas e Cía Marron Glacé participa en ISM en Colonia (Alemaña).
ISM é a feira de doces e pastelería máis grande e importante a nivel mundial, que presenta todas as innovacións e artigos de tempada. ISM cobre toda a gama de confeitería en todos os seus sectores: chocolate, azucre de confeitería, pastelería, lambetadas, xeados e materiais en cru.
A feira está aberta só para especialistas e está dirixida a representantes de empresas almacenista e comerciante polo miúdo dos seguintes sectores: doces, alimentos, produtos biolóxicos, droguería, cafetería, pastelería e panadería, entre outros.
Ven a visitarnos, estamos no Hall 11.1 – Stand F017

ASÍ CHEGOU AO SÉCULO XXI GRUPO CUEVAS

19 Xaneiro, 2015

Baixo este titular, o periódico Expansión recolle no seu exemplar do día 19/01/15 unha ampla reportaxe sobre Grupo Cuevas.
A empresa lidera novas formas de distribución coas súas ensinas Aquié, Aquí e Plenus.
A piques de cumprir 150 anos de percorrido, Grupo Cuevas mantén a súa aposta pola innovación e pola orixinalidade das canles de venda. Factura 90 millóns e xera 400 empregos.