Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

CUEVAS E VALOR UNIDAS POLO CHOCOLATE

2 Xullo, 2015

Dúas empresas que teñen en común o seu gusto polo exquisito e que se achegan aos 150 anos, a ourensana Cuevas e a alicantina Valor, sorprenderon durante esta semana coa degustación gratuita de chupitos quentes de chocolate. Dende un coche de època, estacionado durante todo o día ás portas dos supermercados Aquié e Aquí, fixeron posible que moitos clientes probasen o que un dos afortunados calificou como “o soño dos amantes do chocolate”.

Cabaciñas recheas

24 Xuño, 2015

Cabaciñas recheas

Cabaciñas recheas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g allo
  • 200 g Cabaciña
  • 20 g cebola
  • 20 g ovo
  • 16 g Jamón de York
  • 1 g loureiro
  • 5 g manteiga
  • 1 g perexil
  • 25 g polo
  • 16 g queixo relado
  • 0.2 g sal
  • 0.5 g tomiño

Instruccións

Cortamos as cabaciñas en dous, de xeito horizontal e retiramos a polpa coidadosamente antes de cocelas. A polpa a estufarémola xunto coa cebola, co allo, co perexil e cun pouco de aceite. Tras un anaco, sazonaremos e botaremos as especias e o ovo. Unha vez feito, enchemos as cabaciñas coa mestura, ademais de queixo relado, xamón e polo xa cocido á parte. Levamos as cabaciñas ao forno colocadas nunha fonte durante 20 min.

A cabaciña é consumida desde hai pouco tempo pola poboación galega. Hai dúas receitas famosas da zona de Santiago de Compostela, as cabaciñas recheas de carne e os recheos de bacallau. Poden facer todo tipo de recheos. A cabaciña por si soa ten un baixo contido en calorías aínda que pode aumentar dependendo do recheo que incorpore. Presenta cantidades significativas vitamina C que intervén na absorción do ferro de orixe vexetal e tamén ten efecto antiinfeccioso. A cabaciña tamén contén potasio que regula o balance de auga no organismo e participa no mecanismo de contracción e relaxación dos músculos.

FRUNATUR PECHA O CICLO DE EXPERIENCIAS PARA ESCOLARES

12 Xuño, 2015

Frunatur, a empresa do Grupo Cuevas especializada na distribución de froitas e hortalizas, conclúe o ciclo de visitas programadas con colexios da provincia para fomentar os hábitos saudables e a alimentación sa. Durante os últimos meses, centenares de nenos dos primeiros cursos tiveron a oportunidade de participar en talleres experimentais e coñecer todo o proceso que seguen as froitas, as hortalizas e as verduras desde que se recollen ata que chegan ao consumidor. Na súa visita recibiron explicacións sinxelas sobre as vantaxes saudables que reporta o consumo destes produtos, e aprenderon tamén como se almacenan e como se conservan á temperatura e humidade adecuadas, ademais de participar en casos prácticos de pesaxe, clasificación e envasado e gozar dunha zona de exposición na que puideron tocar e consumir a froita en diferentes preparados.
Os primeiros resultados reunidos sen pretensións científicas mostran unha clara preferencia dos escolares polos plátanos e as mazás, como froita habitual, e polas cereixas como froita de tempada. O kiwi, a pera e a sandía son sinaladas como as que menos gustan; e plátanos, mazás, cereixas e amorodos como as máis consumidas. Destaca que non todos os colexios mostran os mesmos rangos de resposta, aínda que hai tendencias compartidas.
Ver imaxe

GRUPO CUEVAS NA HORA DE IGNACIO BALBOA, ESRADIO

4 Maio, 2015

Ignacio Balboa entrevista a Artur Yuste, director xeneral de Grupo Cuevas, sobre pasado, presente e futuro deste grupo empresarial.
Minuto 21:45
"Din os que saben de economía en Galicia que os de Ourense son catedráticos nisto da economía e que non se ofenda ningún empresario de ningunha das outras catro provincias galegas pero é certo. Hai unha tradición de emprendemento, de traballo, de tradición, de empresas familiares… ben, que lles vou contar a vostedes que non saiban. Hai unha empresa que xa leva uns aniños que empezou sendo unha pequena cousa e hoxe converteuse nun grupo empresarial cun montón de diferentes áreas de negocio e que a min me gustaría que vostedes coñecesen un pouquiño mais a fondo. Estoume a referir a Grupo Cuevas e para preguntarlle a alguén de Grupo Cuevas chamamos a Artur Yuste"
Escoitar programa