Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Vieiras ao viño

15 Xullo, 2015

Vieiras ao viño

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 2 g Allo
  • 20 g Champiñón
  • 5 g Coñac
  • 15 g Fariña
  • 25 g Leite
  • 10 g Limón
  • 5 g Manteiga
  • 1 g Perexil
  • 80 g Vieira
  • 60 g Viño branco
  • 20 g Xema de ovo

Instruccións

Preparar unha salsa. Para iso, primeiro dourar uns allos con manteiga e, seguidamente, engadir a fariña, o leite, o viño albariño, un chorro de coñac e outro de zume de limón e unha xema de ovo batida. Revolver esta mestura sen parar ata formar a salsa. Engadir esta salsa á vieira aberta, na súa cuncha. Enfornar ata que se doure ben a vieira pola superficie.

A vieira é un dos mariscos máis representativos de Galicia, non só polas capturas e pola cría nas bateas das Rías Baixas senón porque é un símbolo para os peregrinos que a levan ao longo do camiño de Santiago de Compostela. Destaca o seu baixo contido en graxas e a súa contribución proteica e de minerais como o iodo, que é beneficioso para o metabolismo e calcio, que dá rixidez e fortaleza aos ósos e, ademais, axuda a reducir o nivel de colesterol. En canto ás vitaminas, destaca como fonte de vitamina B12 necesaria para o funcionamento do sistema nervioso. A carencia desta pode producir anemia.

Vieiras con xamón

Vieiras con xamón

Vieiras con xamón

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 150 g Cebola
  • 20 g Xamón curado
  • 5 g Limón
  • 20 g Pan relado
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Pemento doce
  • 1 g Sal
  • 125 g Vieira

Instruccións

Aliñamos as vieiras cun chorriño de limón e sal. Fritimos a cebola nunha tixola con aceite e, unha vez que teña aspecto transparente, agregamos o xamón cortado en anacos e o perexil. Aderezamos todo con sal e pementa e apartámolo do lume para que perda temperatura e botámoslle o pemento. Botamos este refrito repartíndoo en cada vieira e agregámoslle un pouco de pan relado por enriba. Enfornamos e xa están listas.

A vieira destaca pola súa alta cantidade de proteínas, case a metade da cantidade diaria recomendada. O seu contido de colesterol é elevado polo que as persoas con hipercolesterolemia deberán moderar o seu consumo. Tamén se lle atribúen propiedades antioxidantes. O seu contido en ferro é importante polo que contribúe para previr anemias. Ademais, a vieira é rica en iodo, este contribúe a regular o nivel de colesterol e beneficia o metabolismo. O xamón curado pola súa parte contén proteínas, vitaminas do grupo B e minerais como o ferro e o cinc.

Zamburiñas á mariñeira

Zamburiñas á mariñeira

Zamburiñas á mariñeira

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 1 g Allo
  • 73 g Cebola
  • 5 g Fariña
  • 0.5 g Loureiro
  • 0.5 g Pemento doce
  • 0.5 g Sal
  • 20 g Viño branco
  • 87.5 g Zamburiña

Instruccións

Nunha tixola, facemos un rustrido con cebola, allo machucado, loureiro, pemento, fariña e viño branco. Por último, engadimos as zamburiñas previamente lavadas, o sal e un chorro de auga. Unha vez que abran as zamburiñas e que a salsa teña unha textura máis espesa, xa están listas para servir.

As zamburiñas presentan un baixo nivel de graxas, calorías e colesterol e unha boa cantidade de proteínas. Teñen tamén unha importante cantidade de vitamina A que é necesaria para o crecemento dos ósos e fundamental para a visión. Entre os seus minerais destacan o ferro, o fósforo, o sodio, o cinc e o iodo.

Zorza

Zorza

Zorza

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 4 g Allo
  • 90 g Lombo de porco
  • 1 g Pemento doce
  • 0.5 g Pemento picante
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Adóbase o lombo de porco, previamente salgado nun recipiente con auga, os allos ben picados, unha parte de pemento picante por dúas de pemento doce e déixase repousar de 24 a 48 h. Unha vez que estea a carne ben adobada frítese nunha tixola con aceite moi quente.

A zorza é un prato típico galego, propio das zonas costeiras das Rías Baixas e Altas, e das bisbarras do interior. Utilízase como recheo de empanadas ou chourizos. É unha mestura de distintas carnes de porco, normalmente lombo, que se adoban con pemento doce e picante o que lle proporciona unha cor intensa. O lombo de porco é un alimento rico en vitamina B1 que axuda a superar o estrés e a depresión, tamén axuda en períodos de embarazo ou lactación e despois de operacións ou durante períodos de convalecencia, debido a que nestes períodos hai un maior desgaste desta vitamina.

CLIENTES DE SUPERMERCADOS AQUIÉ VISITAN O OBSERVATORIO ASTRONÓMICO DE FORCAREI

6 Xullo, 2015

Con motivo do Ano da Luz os supermercados Aquié recolleron nos últimos meses unha exposición itinerante sobre as principais constelaciones que serviron de orientación a navegantes e peregrinos ao longo da historia.
Mediante sorteo, os clientes puideron gozar dunha visita guiada ao primeiro Observatorio Astronómico Público de Galicia, situado nunha leira de 10.000 m2 de superficie no concello de Forcarei. O observatorio conta cunha planta circular de 8 metros de diámetro sobre a cal destaca unha cúpula de 5 metros que alberga o telescopio principal de alta calidade, de fabricación americana (RCOS), de 51 centímetros de diámetro, dotado coa máis alta tecnoloxía de manobra e captación de imaxes.
Ver listado de premiados

Ver fotos