Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Troita ao forno con pataca

15 Xullo, 2015

Troita ao forno con pataca

Troita ao forno con pataca

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 0.5 g Alfabaca
  • 50 g Cebola
  • 0.5 g Estragón
  • 120 g Pataca
  • 0.5 g Sal
  • 160 g Troita
  • 40 g Viño branco

Instruccións

Frítese a cebola co allo e coas especias. Córtanse as patacas en toros, non moi grosos, e frítense lixeiramente; ponse a metade do refrito de cebola nunha fonte mediana de forno e pónselle enriba as patacas e enriba os filetes de troita e cóbrese co resto do refrito. Engádeselle o viño e a manteiga. Ponse ao forno forte uns 15 min.

A troita é un peixe moi presente nos ríos galegos e constitúe unha parte fundamental da mesa galega, mais de entre os ríos lucenses cómpre salientar o río Lor, que desemboca no Sil, que posúe a troita máis famosa de Galicia. Admite diversidade de formas de preparación aínda que se adoita acompañar de especias para potenciar o seu sabor.

Troita con salsa de améndoas

Troita con salsa de améndoas

Troita con salsa de améndoas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Améndoa torrada
  • 35 g Cebola
  • 20 g Xamón curado
  • 5 g Limón
  • 15 g Manteiga
  • 80 g Pataca
  • 0.5 g Pementa branca
  • 0.5 g Sal
  • 78 g Troita
  • 15 g Viño branco

Instruccións

Por unha parte, preparar a salsa de améndoas tras fritir a cebola cuns cachiños de xamón curado (todo isto moi picadiño) e coa améndoa relada en láminas. Cando se empecen a dourar as améndoas, engadir un chorro xeneroso de viño branco. Por outra parte, salgar ben as troitas, engadirlles un chorriño de zume de limón, dispoñelas na bandexa do forno engraxada e cubrilas coa salsa anterior. Finalmente, asar o conxunto ata que as troitas estean ben douradas.

Esta forma de preparar a troita, acompañada dunha salsa de améndoas, é habitual en Francia. A troita é un peixe azul polo que é moi cardiosaudable. Posúe un sabor suave e gran versatilidade na cociña cun baixo contido en graxa. Por outra parte, as améndoas danlle fibra ao prato que estimula os movementos intestinais e dan sensación de saciedade. Ademais teñen efecto antioxidante polo seu gran contido en vitamina E. As améndoas son fonte de proteínas e de ferro, que axuda a previr a anemia e, ademais, fan que sexan moi axeitadas para incluír en dietas vexetarianas.

Troita encebolada

Troita encebolada

Troita encebolada

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 100 g Cebola
  • 120 g Pataca
  • 1 g Perexil
  • 1 g Pementa branca
  • 1 g Sal
  • 160 g Troita
  • 50 g Viño fino (Xerez, Manzanilla)

Instruccións

Depositamos a troita xa salpimentada nunha fonte de forno e sobre unha base de cebola previamente refogada en aceite quente. Bañamos con viño branco seco e un chorriño de aceite de oliva. Engadimos o perexil picado ao gusto e levamos ao forno durante 25 min.

A troita é un peixe azul e considérase un peixe semigraxo. Debido a o seu baixo contido en graxa pódese incluír en dietas hipocalóricas. A troita é un alimento rico en vitamina B5. A vitamina B5 ou ácido pantoténico que se atopa de forma abundante na troita, polo que é útil para combater o estrés e as xaquecas. O contido de vitamina B5 deste peixe tamén fai deste un alimento recomendable para reducir o exceso de colesterol. É fonte natural de ácidos graxos poliinsaturados omega 3, 6 e 9 o que fai que se reduza a incidencia de enfermidades cardiovasculares.

Vieira ao estilo de Vigo

Vieira ao estilo de Vigo

Vieira ao estilo de Vigo

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 30 g Cebola
  • 15 g Pan relado
  • 1 g Pemento doce
  • 1 g Sal
  • 33 g Vieira

Instruccións

Collemos as vieiras e, coa axuda dun coitelo, eliminámoslles a parte superior (valva plana). Desprendemos a vieira que está suxeita á valva cóncava e deixámola solta na cuncha. Limpámolas con auga e engadímoslles o sal. Douramos nunha tixola con aceite, o pemento doce e a cebola. Botamos isto sobre a vieira. Esparexémoslle pan relado por enriba e introducímola un cuarto de hora no forno a temperatura alta.

Esta receita é recollida a finais do século XIX no libro de cociña El practicón de Ángel Muro, enxeñeiro dedicado ao periodismo, e está baseado na cociña burguesa madrileña daquela época. A vieira posúe un alto contido en proteínas e en minerais como o ferro que axuda a previr anemias, e selenio que actúa como antioxidante. Destaca a cantidade de vitamina B12 que non está presente nos vexetais, tamén útil nos casos de anemias.

Vieiras ao forno

Vieiras ao forno

Vieiras ao forno

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 40 g Cebola
  • 1 g Chile
  • 1 g Pemento doce
  • 1 g Sal
  • 33 g Vieira

Instruccións

Abrir as vieiras e separalas das cunchas. Salgalas lixeiramente. Quentar o aceite nunha tixola e refogar a cebola co chile, co lume moi suave ata que estea transparente. Apartar do lume, agregar o pemento e revolver rapidamente. Repartir o rustrido sobre as vieiras e meter no forno, para gratinar, durante 5 min.

As vieiras convertéronse nun prato habitual nas datas de Nadal nos últimos anos. A vieira galega é unha das variedades máis correntes. Ten altas propiedades antioxidantes. O seu contido en graxas e colesterol é baixo por iso é recomendable para persoas que teñan que baixar de peso ou presenten niveis elevados de lípidos en sangue. Destaca a cantidade de vitamina B12 que é importante para o metabolismo xa que axuda á formación de glóbulos vermellos no sangue e ao mantemento do sistema nervioso central.