Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Torta galega

15 Xullo, 2015

Torta galega

Torta galega

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 25 g Azucre
  • 35 g Fariña de millo
  • 18 g Ovo
  • 1 g Limón
  • 10 g Manteiga

Instruccións

Facemos unha mestura cos ovos, co azucre, coa rela de limón e coa manteiga. Unha vez feita, imos incorporando á mestura a fariña, de xeito paulatino, ata formar unha masa que estenderemos sobre nunha fonte untada de manteiga e fariña. Douramos a masa no forno.

A orixe deste biscoito típico de Galicia, poderíase remontar ao século XIX. A característica principal desta torta é que se elabora con fariña de millo. Trátase dunha sobremesa moi popular e ao longo de toda Galicia podemos atopar numerosos lugares onde se elaboran biscoitos cunha gran cantidade de receitas diferentes pero todas de elaboración sinxela. A fariña de millo non contén glute polo que é apta para persoas celíacas. É un alimento rico en magnesio, calcio e potasio, que proporciona vitamina A, carotenos e ácido fólico. Aínda que o seu contido en calorías non difire do que ten a fariña de trigo conta cunha maior cantidade de graxas saudables. Por outra banda, a súa porcentaxe de fibra e o seu contido en vitaminas do complexo B son moi superiores.

Tortilla de grelos con chourizos

Tortilla de grelos con chourizos

Tortilla de grelos con chourizos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 2 g Allo
  • 30 g Chourizo
  • 90 g Grelo
  • 60 g Ovo
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Escaldamos os grelos. Douramos nunha tixola allo e, unha vez dourado, engadimos os chourizos picados e os grelos xa escorridos. Deseguida, botamos os ovos batidos e dámoslle forma de tortilla coa mestura anterior. Dámoslle a volta, para rematala de facer polo outro lado, e servímola tortilla.

A tortilla admite gran cantidade de acompañamentos. O ovo contén proteínas do máis alto valor biolóxico. As graxas que predominan no ovo son principalmente ácido linolénico e omega 3, moi beneficioso para o organismo e a súa graxa é de doada dixestión. Os grelos teñen un contido en calorías baixo. Ademais teñen gran cantidade de vitamina A que desempeña un papel importante no desenvolvemento dunha boa visión e vitamina K que ten efecto coagulante do sangue. Atribúeselles un gran poder antioxidante polo seu contido en betacaroteno, selenio, vitamina C e cinc. O chourizo posúe proteínas de elevado valor biolóxico. Destaca a súa elevada cantidade de sodio polo que non está recomendado o seu consumo habitual en persoas hipertensas. Contén ferro de doada asimilación polo que axuda a previr a anemia.

Tortilla de patacas guisada

Tortilla de patacas guisada

Tortilla de patacas guisada

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 3 g Allo
  • 25 g Cebola
  • 5 g Fariña
  • 54 g Ovo
  • 90 g Pataca
  • 2 g Perexil
  • 2 g Pemento doce
  • 3 g Sal

Instruccións

Elaboramos unha tortilla de patacas de xeito tradicional. Douramos nunha tixola cun chorro de aceite a fariña xunto co dente de allo machucado, o perexil, a auga e o pemento. Botamos este refrito sobre a tortilla e deixámola un anaco no lume.

O ovo é un dos alimentos máis completos que existen. A proteína que nos proporciona é a que ten máis calidade de toda a dieta, mesmo máis calidade que a proteína da carne, dos legumes ou do peixe. A pataca achéganos carbohidratos de lenta absorción, auga e unha gran cantidade de vitamina C. A cebola ten propiedades diuréticas e anticanceríxenas. Finalmente, o aceite é un compendio de antioxidantes e graxas cardiosaudables.

Tortilla estilo Betanzos

Tortilla estilo Betanzos

Tortilla estilo Betanzos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 20 g Caldo de carne
  • 80 g Ovo
  • 80 g Pataca
  • 1 g Sal

Instruccións

Córtanse as patacas en anacos moi finos, engádeselles un pouco de sal e frítense nunha boa cantidade de aceite. Por outro lado, bátense os ovos ata que adquiran unha textura esponxosa e engádeselles un chisco de sal. Cando as patacas estean ben fritidas, elimínaselles parte do aceite, escórrense e engádenselles os ovos batidos e unha cunca de caldo, despois vértese a mestura nunha tixola con aceite ben quente e do tamaño do que se queira facer a tortilla.

Como o seu propio nome indica, esta tortilla faise na vila coruñesa de Betanzos. Esta forma de preparar a tortilla é moi particular xa que está feita con poucas patacas e moito ovo de maneira que non se conseguen integrar e formar realmente unha tortilla unitaria senón que as patacas "nadan" no ovo. Elabórase con patacas da terra e ovos de curral. A tortilla caracterízase pola súa intensa cor amarela que lle dá o ovo fresco.

Tortillos de Santo Andrés de Teixido

Tortillos de Santo Andrés de Teixido

Tortillos de Santo Andrés de Teixido

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 40 g Chourizo
  • 65 g Pan
  • 80 g Xema de ovo

Instruccións

Collemos os ovos e separamos as xemas. Botamos un chorriño de aceite nun recipiente mediano de barro que tamén sexa alto, engadimos as xemas previamente salgadas e deixámolas a lume lento, movemos o recipiente ata que liguen e, despois, engadimos os anacos de chourizo unidos nunha punta. Tapamos o recipiente para facilitar o callado das xemas e que os chourizos perdan parte da súa graxa e caia esta sobre o tortillo. Deixamos uns minutos e servimos.

Este prato é típico do pobo de Santo André de Teixido que pertence ao municipio de Cedeira na provincia da Coruña. Os tortillos elabóranse con xema de ovo que presenta un alto contido proteico. Ademais, posúe multitude de minerais e vitaminas entre as cales están o ferro, o cinc, o fósforo e as vitaminas A, E, B5, B7 e B9. Pola súa alta cantidade de colesterol, o seu consumo debe ser moderado en persoas con hipercolesterolemia. O chourizo contén proteínas, graxas e sodio polo que as persoas hipertensas e aquelas que non queiran superar a súa cantidade de calorías deben restrinxir o seu consumo.