Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Sopa de ameixas

15 Xullo, 2015

Sopa de ameixas

Sopa de ameixas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 1.5 g Allo
  • 21 g Ameixa
  • 1 g Azafrán
  • 150 g Cebola
  • 15 g Fideo
  • 1 g Loureiro
  • 1 g Perexil
  • 1 g Sal

Instruccións

Poñer ao lume unha pota con auga, sal, loureiro e ameixas. Unha vez cocidas, retirar a auga e lavar as ameixas para eliminar os restos de area. Ao mesmo tempo, facer un rustrido con aceite, cebola picada e allo, ao que lle engadimos perexil cando a cebola estea dourada. Poñer a ferver o litro da auga na que se coceron as ameixas, vertemos na auga o rustrido, as ameixas e un pouco de azafrán. Cando a auga empece a ferver engadir a pasta de fideos.

A protagonista desta sopa é a ameixa que presenta un baixo contido calorífico e de colesterol, o que a fai idónea para incluír en dietas de adelgazamento. As ameixas teñen un gran valor nutritivo e proporcionan proteínas de alto valor biolóxico. Teñen ferro e vitamina C, esta última facilita a absorción do ferro. A súa riqueza en selenio fai que sexan un bo antioxidante e protexan do envellecemento celular. Os fideos que acompañan ás ameixas teñen moita enerxía polo seu contido en hidratos de carbono.

Sopa de cangrexo de mar

Sopa de cangrexo de mar

Sopa de cangrexo de mar

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 30 g Cangrexo
  • 0.5 g Cravo
  • 0.5 g Comiño
  • 10 g Coñac
  • 1 g Loureiro
  • 1 g Noz
  • 10 g Pan
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Vinagre

Instruccións

Cocemos os cangrexos en auga con vinagre, loureiro, cravo, cominos e sal. Retiramos o caldo e mesturámolo con coñac, noces e un rustrido de aceite, allo e perexil. Espésase con miolo de pan e dáselle outros minutos de cocción.

O cangrexo de mar contén poucas graxas e calorías. Polo seu contido en ácidos graxos omega 3 axuda a previr enfermidades cardiovasculares. Tamén é fonte de proteínas, e como a maioría dos mariscos, o seu nivel de colesterol é elevado. Tamén contén sodio, polo que as persoas con hipertensión deben evitar o seu consumo ou facelo con moderación. Contén vitamina A polo que contribúe a manter o bo estado da visión.

Sopa de millo con cabezas de pescada

Sopa de millo con cabezas de pescada

Sopa de millo con cabezas de pescada

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 3 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 0.5 g Loureiro
  • 60 g Mazaroca de millo
  • 30 g Pescada
  • 0.5 g Pementa negra
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Débese usar o millo en mazaroca, non de lata. Nunha cazola, poñemos as cabezas de pescada xunto cunha cebola, cun allo, con loureiro e co sal e cando comece a ferver baixamos o lume e deixamos cocer, a lume lento, durante media hora. Retiramos o peixe e reservamos o seu centro limpo. Coamos o caldo e cocemos o millo cortado en anacos, cun ancho aproximado de dous dedos. Unha vez que estea o millo brando, servimos o caldo xunto co millo e a carne da pescada recuperada da cabeza.

O millo presenta un elevado contido en hidratos de carbono. É de doada dixestión. Ademais, produce saciedade polo que é moi axeitado para levar unha dieta de adelgazamento. Tamén destaca o seu contido en magnesio e en fibra que contribúe a reducir o colesterol. O millo é uns dos alimentos con maior contido en vitamina B1 necesaria para transformar os alimentos en enerxía. A pescada é unha importante fonte natural de ácidos graxos omega 3. Ademais, é moi axeitada para persoas con obesidade ou sobrepeso xa que o seu contido en graxas é moi baixo.

Sopa de mariscos

Sopa de mariscos

Sopa de mariscos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 8.600000381469727 g Ameixa
  • 1 g Azafrán
  • 50 g Cebola
  • 49.349998474121094 g Cigala
  • 0 g Espinas de pescado
  • 3 g Fariña
  • 1 g Loureiro
  • 30 g Mexillón
  • 16.5 g Nécora
  • 1 g Pemento doce
  • 1 g Sal
  • 40 g Tomate

Instruccións

Dóuranse as espiñas de peixe nunha cazola cun chorro de aceite, unha vez douradas engádeselles a cebola pelada, o tomate e a auga co loureiro. Déixanse ferver durante 20 min. Unha vez fervido este caldo cóase, engádeselle ao marisco que xa contén o azafrán e déixase cocer uns 10 min a lume lento. Por último sálgase ao gusto. Mentres se deixa cocer, prepárase un rustrido coa cebola picada, co allo, co aceite, cunha culler de fariña e cun chisco de pemento que se engadirá ao caldo. Deixarase 5 min a lume alto.

A sopa de marisco é unha receita popular e moi coñecida. No seu caldo concéntranse multitude de vitaminas especialmente do complexo B, A e D. Minerais como o fósforo, o potasio, o calcio, o ferro, o magnesio e o iodo. As sopas son unha boa opción para calquera época do ano e resultan ademais moi doadas de dixerir. Nos meses fríos son un alimento moi reconfortante. O peixe e o marisco son unha das posibilidades máis lixeiras e nutritivas de preparar unha sopa. Proporciona proteínas de boa calidade e un contido en calorías baixo.

Torta de Magosto

Torta de Magosto

Torta de Magosto

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 25 g Azucre
  • 12.5 g Castaña
  • 19 g Fariña de castañas
  • 12.5 g Fariña de trigo
  • 25 g Ovo
  • 20 g Leite
  • 2 g Fermento
  • 2 g Licor doce (café)
  • 4 g Manteiga
  • 1 g Sal

Instruccións

Picamos as castañas e fervémolas en leite para que amolezan. Reservámolas. Engadímoslle ao leite a fariña de castañas e azucre obtendo así (tras batido) unha crema. Á parte, á fariña de trigo engadirémoslle, en primeiro lugar, os ovos e, en segundo lugar, unha mestura previa de manteiga e licor café. Xuntamos a crema e a mestura anterior coas castañas que reservamos. Vertemos sobre unha bandexa para forno, previamente untada de manteiga e cuberta de fariña. Enfornamos durante 40 min aproximadamente.

O outono é a tempada da castaña en numerosos lugares de Galicia, sobre todo na provincia de Ourense, onde é tradicional a celebración dos magostos no mes de novembro. Elabóranse multitude de sobremesas coa castaña como ingrediente principal. Esta torta, tamén chamada de San Martín, é de recente elaboración e nace ao redor da celebración do magosto ourensá.