Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Cogomelos ao viño

15 Xullo, 2015

Cogomelos ao viño

Cogomelos ao viño

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 3 g Caldo de verdura
  • 40 g Cebola
  • 3 g Manteiga
  • 1 g Perexil
  • 0.20000000298023224 g Pementa negra
  • 0.20000000298023224 g Sal
  • 125 g Cogomelo
  • 25 g Viño branco

Instruccións

Limpar os cogomelos e cortalos en tiras, non moi finas. Dóuranse lixeiramente nunha tixola coa manteiga. Engádeselles a cebola cortada en láminas moi finas, o viño, o caldiño e a pementa. Cocíñanse a lume medio uns 10 min. Corríxense de sal. Colócanse Nunha fonte prequentada e sérvense co perexil picado por encima.

Hoxe en día é moi habitual atopar cogomelos como prato principal ou como gornición na gastronomía. En tempos pasados non acontecía o mesmo posto que a poboación galega xunto coa grega e a inglesa temían mesmo tocalos. Os cogomelos teñen un baixo contido en calorías xa que conteñen grandes cantidades de auga polo que son adecuados para dietas de adelgazamento. Teñen unha alta porcentaxe proteica. Debido ao seu contido en celulosa, a súa dixestión faise un pouco pesada. Están desaconselladas para persoas que padecen gota e exceso de ácido úrico polo seu contido en purinas.

Sardiñas recheas

Sardiñas recheas

Sardiñas recheas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 25 g Cebola
  • 20 g Fariña de trigo
  • 1 g Loureiro
  • 80 g Pataca
  • 1 g Perexil
  • 150 g Sardiña

Instruccións

Quitamos as vísceras ás sardiñas, eliminamos a cabeza e as escamas. Utilizaremos a metade das sardiñas para facer a base e a outra metade para facer a tapa, polo que as separamos en dous grupos. Colocamos a metade das sardiñas a xeito de base nun recipiente. Á parte, facemos un rustrido composto de aceite, allo, perexil, cebola e un pouco de fariña para que espese. Botamos o rustrido sobre a base das sardiñas e engadimos tamén media folla de loureiro por cada sardiña. Coa outra metade das sardiñas tapamos as que forman a base, rebozamos en fariña e fritimos.

Este xeito de preparar as sardiñas no que se rebozan con fariña fai que este prato sexa o precursor do actual bocadillo. A sardiña é un peixe graxo que contén ácidos graxos omega 3 polo que está recomendada para persoas que padecen enfermidades cardiovasculares. Cabe destacar o contido de fósforo que cobre case o 100% da cantidade diaria recomendada. É bo para nutrir o noso cerebro e mellorar a nosa memoria. Tamén é moi elevada a contribución de vitamina D que regula a cantidade de calcio aos ósos e regula a cantidade de fósforo e calcio no sangue.

Solombo á caseira

Solombo á caseira

Solombo á caseira

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 10 g Caldo de carne
  • 150 g Cebola
  • 20 g Limón
  • 90 g Pataca
  • 0.5 g Pemento picante
  • 1 g Sal
  • 160 g Solombo de tenreira
  • 30 g Viño branco
  • 50 g Cenoria

Instruccións

Adobamos co aceite, co limón e coa cebola o solombo, deixándoo macerar durante unha hora. Envólvese a carne en papel de aluminio e métese a asar ao forno e, tras media hora, vólvese meter no adobo. Colócase nunha cazola con cenorias, énchese co caldo de carne e co viño branco, salpeméntase e déixase que remate de cocer a lume lento. Cando se sirva, engádeselle o zume de limón e vérteselle a salsa por enriba.

O solombo é un parte da tenreira cun contido moi baixo de graxas polo que se considera unha carne magra. Debido a isto, o solombo pódese incluír en dietas de adelgazamento. Destaca a súa contribución proteica e tamén de ferro que axuda a previr anemias. As cenorias que acompañan á carne proporcionan fibra ao prato e teñen poder de saciedade debido ao seu contido en hidratos de carbono. Son fonte de potasio e axudan as persoas con retención de líquidos.

Solombo ao viño tostado do ribeiro con patacas

Solombo ao viño tostado do ribeiro con patacas

Solombo ao viño tostado do ribeiro con patacas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 10 g Manteiga
  • 90 g Pataca
  • 0.5 g Sal
  • 150 g Solombo de tenreira
  • 50 g Viño doce

Instruccións

Salgamos o solombo e untamos con manteiga. Faise a lume vivo. Cóbrese de viño torrado e mantense 5 min a lume alto.

O solombo de tenreira presenta un baixo contido en graxas e é unha das partes máis tenras e magras da tenreira polo que é adecuado para incluír nas dietas de adelgazamento. Contén gran cantidade de proteínas de alto valor biolóxico, vitaminas do grupo B e minerais como o ferro e o cinc. As patacas teñen enerxía polos hidratos de carbono que conteñen. Ademais a vitamina C e o seu contido en potasio axudan a regular a presión arterial.

Sopa de allo

Sopa de allo

Sopa de allo

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 55 g Ovo
  • 10 g Xamón curado
  • 40 g Pan

Instruccións

Fritimos nunha tixola con aceite ben quente os trociños de pan que cortamos. Unha vez que estean fritos retirámolos e con ese mesmo aceite fritimos uns allos cortados en láminas, e engadimos o pemento unha vez apagado o lume. Botamos este rustrido sobre os anacos de pan e engadimos caldo ou auga e deixamos 15 min de cocción. Pasado este tempo engadímoslle ao caldo un ovo batido e en canto volva ferver retírase e consúmese.

Esta receita é moi antiga e tradicional da cociña popular española. É sinxela, económica, rápida e nutritiva. Hai multitude de receitas pero todas co allo e co pan como ingredientes básicos. Ao se tratar dunha receita de orixe humilde esta foi evolucionando co tempo polo que se lle engadiron outros ingredientes. O allo é eficaz para combater a hipertensión, fluidifica o sangue e diminúe o colesterol malo, ademais de ser moi depurativo en liñas xerais.