Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Rodaballo en salsa verde

15 Xullo, 2015

Rodaballo en salsa verde

Rodaballo en salsa verde

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 2 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 50 g Chícharo
  • 100 g Pataca
  • 3 g Perexil
  • 160 g Rodaballo
  • 0.5 g Sal
  • 30 g Viño branco

Instruccións

Fritimos no fondo dunha cazola, a lume lento durante uns minutos, unhas patacas en toros non moi grosos sobre un fondo de allo e cebola previamente dourados. Engadiremos despois duns minutos a auga de cocción, algúns chícharos, o rodaballo torado e o viño. Coceremos a lume baixo. O aderezo con perexil é opcional.

O rodaballo é un peixe semigraxo que está incluído dentro do grupo dos peixes brancos e, ademais, é de fácil dixestión. Destaca o contido en potasio necesario para o sistema nervioso e a actividade muscular. Contén, ademais, unha cantidade moderada de fósforo que intervén no sistema nervioso, na actividade muscular e en procesos de obtención de enerxía. Os chícharos que acompañan o rodaballo proporcionan enerxía debido ao seu contido en hidratos de carbono, graxas e proteínas. Destaca a seu contido en fibra que contribúe a reducir o nivel de colesterol, mellora o tránsito intestinal e proporciona unha maior sensación de saciedade.

Rodaballo guisado

Rodaballo guisado

Rodaballo guisado

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Aceite de oliva
  • 2 g Allo
  • 60 g Cebola
  • 120 g Pataca
  • 5 g Perexil
  • 1 g Pemento picante
  • 40 g Pemento vermello
  • 40 g Pemento verde
  • 160 g Rodaballo
  • 1 g Sal
  • 10 g Vinagre
  • 20 g Viño branco

Instruccións

Sofritimos allo, pemento e cebola e, posteriormente, unhas patacas, engadimos auga xusto cando as patacas alcancen un punto medio de fritura e cocémolas xunto co rodaballo. Mentres preparamos un refogado de allo, viño branco, perexil, azafrán e chile (ao gusto) que botaremos sobre o rodaballo e as patacas ao final.

O rodaballo é un peixe semigraxo que contén poucas calorías polo que se pode incluír nas dietas de control de peso. Contén proteínas de elevado valor biolóxico. Debida ao seu alto contido en potasio e á súa moderada cantidade en sodio, as persoas hipertensas poden consumilo sen ningún problema. O rodaballo é xunto ao salmón o peixe que máis ácido fólico contén. Este é esencial na elaboración de anticorpos. Prevén a depresión e cumpre importantes funcións relacionadas coa actividade cerebral. Os pementos que acompañan ao rodaballo posúen vitamina C e gran cantidade de potasio polo que son depurativos e diuréticos. Ademais teñen fibra polo que sacian e melloran o tránsito intestinal.

Salmón á grella

Salmón á grella

Salmón á grella

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 100 g Pataca
  • 1 g Sal
  • 160 g Salmón

Instruccións

O anaco de salmón sálgase e úntase con moi pouquiño aceite. Colócase na grella con aceite ben quente e déixase asar 5 min por cada lado e 2 máis dándolle voltas. Se se separa a espiña doadamente, o salmón xa estará no seu punto. Sérvese acompañado de patacas cocidas, opcionalmente.

Hai dúas clases de salmón: o salvaxe e o de cultivo. O salvaxe vive tanto en auga doce coma en auga salgada, nas rexións máis frías do hemisferio norte. O sabor do salmón do cultivo pode ser máis ou menos forte. O salmón noruegués ten un contido de graxa máis alto e o seu sabor é algo máis forte que o dos outros salmóns. O salmón é un alimento sumamente rico en proteínas e ácidos graxos omega 3 polo tanto é cardiosaudable. Contén minerais importantes como o iodo que regula o funcionamento da glándula tiroide, o magnesio que intervén na función nerviosa, o fósforo que transforma en enerxía os nutrientes, e o potasio que regula o contido en auga das células.

Rosquillas

Rosquillas

Rosquillas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 2 g Aceite de oliva
  • 3 g Azucre
  • 1 g Canela
  • 5 g Fariña
  • 0 g Licor doce (Anís)
  • 2 g Manteiga

Instruccións

Unha vez que temos o azucre, o anís e o aceite lixeiramente mesturados, imos botando a fariña e amasamos o conxunto. Unha vez que estea lista a masa, dámoslle forma de rosquilla e colocámolas nun recipiente para evitar que toquen unhas con outras, e introducímolas no forno a 180 ºC durante 30 min. Cando estean listas engadímoslles o azucre e a canela pola superficie, e se se desexa unhas gotiñas de anís.

As rosquillas consómense e elabóranse en toda Galicia. As típicas das romarías son orixinarias de Ribadavia, en Ourense, por iso recibiron o nome de rosquillas de tipo ribeiro. As rosquillas e demais doces semellantes naceron como un derivado do proceso de panificación xa que a súa elaboración, é practicamente a mesma que se emprega para facer o pan. Polos ingredientes que contén e a súa elaboración consumíanse polas clases máis populares.

Salmonetes ao forno

Salmonetes ao forno

Salmonetes ao forno

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 50 g Cebola
  • 30 g Limón
  • 5 g Manteiga
  • 15 g Pan relado
  • 90 g Pataca
  • 2 g Sal
  • 140 g Salmonete
  • 30 g Viño branco

Instruccións

Picamos a cebola en anacos moi finos, despois, engadimos aceite e colocamos todo nunha fonte a xeito de base e, enriba, poñemos os salmonetes cun pequeno corte. Agregámoslles un chorriño de limón, pan relado e manteiga. Introducimos no forno a lume medio durante 30 min. Cando pasen un cuarto de hora no forno, regámolos con viño.

Os gregos e os romanos apreciaban o salmonete polo seu agradable sabor. Ademais, mitificárono pola súa capacidade de adquirir tonalidades máis fortes e intensas a medida que se achega o momento da súa morte. Hai dous tipos de salmonete: de area ou lama e o de rocha que é o máis apreciado, de cor vermella e estrías douradas. Os dous tipos de salmonete habitan no Mediterráneo e no Atlántico. É un peixe semigraxo que contén fósforo, iodo, potasio e magnesio. Destaca o contido en iodo importante para a regulación da glándula tiroide.