Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Queixo de tetilla con mel

15 Xullo, 2015

Queixo de tetilla con mel

Queixo de tetilla con mel

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Mel
  • 50 g Queixo de tetilla

Instruccións

Vértese sobre a porción de queixo unha cullerada de mel.

Este famoso queixo galego producíase orixinariamente na zona sur da provincia da Coruña e no norte da de Pontevedra. É unha fonte importante de proteínas que axudan no desenvolvemento muscular. Ademais posúe calcio e fósforo polo que é adecuado para épocas de crecemento xa que estes minerais axudan o mantemento de ósos e dentes. O mel que acompaña o queixo ten enerxía polo seu gran contido en azucres. Polo seu contido en ácido fólico axuda na produción de glóbulos vermellos previndo a anemia. Debido a que contén cobre, magnesio, cinc e ácido ascórbico, axuda ao sistema inmunolóxico.

Peixe sapo ao queixo do Cebreiro

Peixe sapo ao queixo do Cebreiro

Peixe sapo ao queixo do Cebreiro

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 14 g Ameixa
  • 14 g Gamba
  • 5 g Fariña
  • 50 g Nata
  • 60 g Queixo cebreiro
  • 160 g Peixe sapo
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Unha vez que cortamos o peixe sapo en rebandas, salgámolo e rebozámolo en fariña. As rebandas rebozadas frítense en aceite nunha tixola. Unha vez fritidas colocámolas nunha fonte de barro xunto coas ameixas e coas gambas. Cortamos o queixo en anacos e deixámolo a lume lento coa nata, ata que o queixo se derreta; despois, engadimos o queixo e a nata á fonte xunto co peixe sapo, as ameixas e as gambas. Metemos a fonte no forno ata que o peixe sapo estea ben feito. Podemos presentalo na mesma fonte.

Da provincia de Lugo proveñen os dous ingredientes principais para elaborar esta receita. Da costa o peixe sapo e da montaña o queixo do Cebreiro que conta con denominación de orixe protexida. O peixe sapo é un peixe moi apreciado en gastronomía e considérase un peixe branco que contén proteínas de alto valor biolóxico, ademais de ter diferentes vitaminas de grupo B e minerais como potasio, fósforo, magnesio e ferro. A súa carne non presenta espiñas e, polo seu baixo contido en graxas, é de doada dixestión. O queixo do Cebreiro contribúe a aumentar a graxa deste prato. Tamén destaca o seu elevado contido en proteínas. Contén unha elevada cantidade de calcio que prové rixidez e fortaleza aos ósos e contribúe a reducir o colesterol. O queixo tamén posúe vitamina A que é fundamental para a visión e como antioxidante.

Raia á mariñeira

Raia á mariñeira

Raia á mariñeira

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 2 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 120 g Pataca
  • 0.5 g Pemento doce
  • 180 g Raia
  • 0.5 g Sal
  • 5 g Vinagre

Instruccións

Precocemos as patacas con loureiro apenas uns minutos e engadimos a raia cortada en toros. Á parte, preparamos nunha tixola un rustrido de allo, cebola e pemento que verteremos sobre a mestura unha vez alcanzado o seu punto óptimo, uns 30 min de cocción aproximadamente. Deixamos repousar durante uns minutos a lume moi baixo e engadimos un pouco de vinagre.

A raia é un peixe axeitado para incluír en dietas de adelgazamento polo seu baixo contido en graxas. De entre os minerais que contén destacan o potasio, o fósforo, o calcio, o magnesio e o sodio polo que deben consumilo con moderación as persoas hipertensas. Destaca o contido de vitamina B3 que participa na síntese dos hidratos de carbono e intervén no crecemento e B12 que contribúe a evitar a anemia perniciosa e é importante para o metabolismo. Por outro lado, a pataca, polo seu contido en hidratos de carbono, dá moita enerxía.

Raia en caldeirada

Raia en caldeirada

Raia en caldeirada

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 10 g Allo
  • 60 g Cebola
  • 120 g Pataca
  • 1 g Pemento doce
  • 180 g Raia
  • 1 g Sal
  • 4 g Vinagre

Instruccións

Córtase a cebola en catro partes e as patacas en toros e cócense en auga con sal. Unha vez que as patacas case estean completamente cocidas, engádese a raia cortada, sen pel e con sal, e déixase cocer un pouco máis. Prepárase a allada nunha tixola. Cando estean cocidos o peixe e mais as patacas, escórrese case toda a auga que contén a cazola, deixando unha pequena cantidade no fondo. Engádeselle a allada ao mesmo tempo que se vai movendo a cazola. Déixase un par de minutos e xa está lista.

É un prato típico na zona das Rías Baixas. Antigamente, para preparalo deixábase a raia a secar ao aire libre durante toda a noite. A raia é un peixe branco, de alto valor proteico e de baixo contido graxo. Entre os minerais que posúe en maior cantidade atópanse o selenio que é un antioxidante, reforza o sistema inmunitario e regula a glándula tiroide; o fósforo, que intervén na formación e no mantemento dos ósos e no desenvolvemento dos dentes entre noutras funcións; o ferro que intervén na formación da hemoglobina e dos glóbulos vermellos. Destacar que a falta de espiñas da raia a converte nun peixe apropiado para a poboación infantil.

Raia en allada

Raia en allada

Raia en allada

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 1 g Loureiro
  • 100 g Pataca
  • 0.5 g Pemento doce
  • 0.5 g Pemento picante
  • 160 g Raia
  • 1 g Sal
  • 5 g Vinagre

Instruccións

Cócese a raia en auga con loureiro e sal, cortada en catro partes e sen eliminar a parte central da cartilaxe. Déixase 5 min a cocer e, despois, apágase e déixase outro anaco de repouso. Para a preparación da allada bótase nunha cazola o aceite e os dentes de allo. Cando estes cambien de cor retirámolos, espérase a que perdan temperatura e agrégase o pemento doce, un chisco de pemento picante, un pouco de vinagre e o caldo da cocción do peixe.

Este peixe ten un baixo contido en graxa polo que é adecuado para incluír en dietas de adelgazamento así como nas infantís xa que contén poucas espiñas. É unha fonte importante de vitaminas B3 e B12 que participan no metabolismo dos hidratos de carbono e na síntese da hemoglobina, e na elaboración de células respectivamente. O allo ten numerosas propiedades beneficiosas para a saúde debido ao seu contido en alicina. Grazas a esta axuda a reducir o nivel de colesterol e de graxa. É adecuado para persoas hipertensas e ten efectos antibacterianos e antioxidantes.