Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Queixo de Arzúa

15 Xullo, 2015

Queixo de Arzúa

Queixo de Arzúa

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 25 g Pan
  • 60 g Queixo de Arzúa

Instruccións

Cortamos un anaco de queixo de Arzúa e servímolo cunha rebanda de pan.

Este queixo que leva o nome da vila de Arzúa non só se produce nesta zona, senón que abrangue as bisbarras de Melide, Chantada e Ulloa. É, sen dúbida, o queixo máis popular de Galicia e ten denominación de orixe desde a década dos 90. A tradición dos queixos en Galicia débese a que na gran parte das casas de labranza de Galicia se facía queixo como economía de subsistencia para aproveitar todo o que se podía dos animais domésticos.

Queixo de cóengo

Queixo de cóengo

Queixo de cóengo

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 30 g Améndoa torrada
  • 30 g Azucre
  • 0.5 g Canela

Instruccións

Cocemos azucre nun pouco de auga ata acaramelar, parcialmente, para conseguir un xarope non moi denso. Neste xarope, cocemos a améndoa moída e reducida a unha pasta. Damos, con axuda dun molde, forma á mestura. Esparexemos con canela e servimos.

Tamén se coñece en Galicia esta sobremesa como amendoado de cóengo. Ten, como o seu nome indica, de ingrediente principal a améndoa. O uso da améndoa en Galicia para a repostaría atribúese a conventos e mosteiros. Tamén a consumían as clases altas. As améndoas conteñen altos niveis de ácidos graxos insaturados, o máis importante é o ácido oleico que axuda a diminuír os niveis de colesterol "malo" mentres que aumentan o colesterol "bo". A súa cantidade de proteínas tamén é elevada. Destaca o contido en vitamina E que fai que a améndoa sexa un bo antioxidante de modo que pode xogar un papel importante na prevención de enfermidades coronarias e cancro. A améndoa, tamén, destaca polo seu contido en fibra, calcio, magnesio, potasio, cobre, fósforo e cinc.

Queixo galego

Queixo galego

Queixo galego

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 25 g Pan
  • 60 g Queixo do país

Instruccións

Cortamos un anaco de queixo e servímolo cunha rebanda de pan.

A elaboración de produtos lácteos derivados ten unha longa tradición en Galicia, sobre todo nas provincias de Lugo e Coruña, xa que contan co gando vacún e cos pastos necesarios para a súa produción. O queixo galego do país contén calcio e fósforo que intervén na formación e no mantemento dos ósos e no desenvolvemento dos dentes, necesario para a formación e crecemento dos ósos, así como proteínas e materia graxa polo que a súa contribución de calorías é elevada.

Queixo do país con mel

Queixo do país con mel

Queixo do país con mel

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Mel
  • 50 g Queixo do país

Instruccións

Vértese sobre a porción de queixo unha cullerada de mel.

O queixo galego do país elabórase na zona central de Galicia como produto do leite de vaca das razas autóctonas galegas. O queixo contén unha importante cantidade de proteínas, ademais de calcio, esencial para os ósos; e vitamina A que, xunto ao calcio, intervén no crecemento e no desenvolvemento dos ósos e, ademais, axuda a reducir os niveis de colesterol. O mel que acompaña o queixo é beneficioso para persoas con problemas dixestivos debido ao seu poder alcalinizante. Ten un gran poder enerxético polo seu contido en hidratos de carbono en forma de azucres.

Queixo Tetilla

Queixo Tetilla

Queixo Tetilla

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 25 g Pan
  • 60 g Queixo de tetilla

Instruccións

Cortamos un anaco de queixo de tetilla e servímolo cunha rebanda de pan.

É un queixo moi tradicional en Galicia e caracterízase pola súa forma cónica que lle proporcionan os moldes nos que se elabora. Hai dúas teorías ao redor deste famoso queixo. Por un lado, crese que procede dun convento de monxas do século XI pero, por outro lado, hai unha teoría que se remonta ao século I d. C. no que Plinio, naturalista, científico e escritor fala duns famosos queixos aos que chama mamulas lactem (mamillas de queixo).