Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Patacas á importancia

15 Xullo, 2015

Patacas á importancia

Patacas á importancia

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 0.5 g Azafrán
  • 50 g Cebola
  • 30 g Ovo
  • 150 g Pataca
  • 2 g Perexil
  • 0.5 g Pementa negra
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Pelamos e cortamos as patacas en toros algo anchos, seguidamente rebózanse en fariña e ovo para fritilas en aceite. Á parte, faise un rustrido coa cebola, o allo machucado e o perexil. Botamos o refrito sobre as patacas xa colocadas nunha cazola de barro e sazonamos con pementa e azafrán. Botamos auga ata cubrir as patacas e cócense a lume lento ata que queden tenras.

Esta é unha receita clásica onde as patacas deixan de ser unha recorrida gornición para se converter en prato principal. A pataca contén hidratos de carbono e proteínas de gran valor biolóxico cun contido en graxas e calorías moi baixo, pero nesta receita increméntanse polo rebozado. É rica en vitaminas B e C. Destaca o seu contido en potasio que xunto ao seu baixo contido en sodio as fai idóneas para persoas coa presión arterial elevada.

Patacas con chourizo

Patacas con chourizo

Patacas con chourizo

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 9 g Aceite de oliva
  • 100 g Cebola
  • 69 g Chourizo
  • 120 g Pataca
  • 1 g Sal

Instruccións

Nunha cazola douramos a cebola picada e, cando estean transparentes, botamos as patacas sen pel e picadas en anacos pequenos, o chourizo cortado en toros e a auga. Agregamos o sal e deixamos a lume suave.

A pataca ten a súa orixe en América. En Europa non se empezou a consumir ata o século XVII. A pataca é rica en hidratos de carbono, en forma de amidón, polo que non é moi recomendable para persoas que seguen dietas de adelgazamento e tampouco para as persoas diabéticas. Son moi ricas en potasio polo que son adecuadas para persoas hipertensas. Tamén destaca a súa cantidade de fósforo que intervén na absorción da glicosa e no almacenamento de enerxía entre outras funcións. Pola súa parte, o chourizo posúe unha gran cantidade de calorías e destaca o seu gran contido en sodio polo que non está recomendado o seu consumo para persoas con hipertensión. Contribúe a combater a anemia polo seu contido en ferro.

Patacas con pementos e ovo frito

Patacas con pementos e ovo frito

Patacas con pementos e ovo frito

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 54 g Ovo
  • 100 g Pataca
  • 120 g Pemento verde
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Vertemos as patacas, previamente cortadas en toros, nunha cazola con auga. Unha vez cocidas, fritimos os pementos e o ovo nunha tixola con aceite. Para finalizar, servimos no prato todo xunto.

O ovo é un dos alimentos que máis proteínas teñen. A xema do ovo contén vitamina B, minerais e fósforo. A acción antioxidante dalgunhas vitaminas e oligoelementos do ovo axudan a protexer o noso organismo de procesos dexenerativos diversos así como das enfermidades cardiovasculares. A pataca é unha boa fonte de enerxía. Ao ser consumida como alimento básico tamén contén unha proporción alta de folato, vitamina C, tiamina (B1), potasio e ferro. Á vez contribúe de xeito importante á inxestión de proteínas. O pemento proporciona unha boa fonte de fibra, ademais ten vitamina C que ten función antioxidante. Pola súa riqueza en potasio e escaseza de sodio, son adecuados para persoas hipertensas, e que padezan gota, xa que teñen acción diurética.

Patacas con queixo

Patacas con queixo

Patacas con queixo

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Fariña
  • 54 g Ovo
  • 5 g Pan relado
  • 70 g Pataca
  • 0.5 g Perexil
  • 20 g Queixo do país
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Nunha tarteira mediana engadimos auga e sal. Unha vez que ferva a auga introducimos as patacas coa pel. Cando as patacas xa estean cocidas, pelámolas e realizámoslles un pequeno burato que, posteriormente, encheremos con pan relado, queixo e perexil. Por último, rebozámolas con ovo e fariña antes de fritilas.

A pataca introduciuse na península Ibérica na primeira metade do século XVI, traída desde América onde era o sustento dos indios. En Galicia, comezou a cultivarse masivamente no século XVII, substituíndo á castaña que ata entón era un alimento básico para a poboación galega.

Patacas recheas

Patacas recheas

Patacas recheas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 40 g Cebola
  • 30 g Filete de porco magro
  • 10 g Fariña
  • 4 g Limón
  • 30 g Pan relado
  • 160 g Pataca
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Sal
  • 5 g Touciño
  • 20 g Viño branco
  • 30 g Xema de ovo

Instruccións

Mesturamos co pan relado un picado de carne, touciño e cebola. Engadimos á mestura a xema de ovo, sal, pementa, limón e perexil. Damos forma de bóla á mestura. As patacas córtanse en dúas metades e baléiranse coa axuda dunha culleriña, despois énchense e untamos a parte na que se vexa a carne con clara de ovo ben batida e pasámola pola fariña. Fritimos. Colocamos as patacas nunha cazola, colocadas de maneira que o recheo quede cara arriba. Fritimos uns allos e unha cebola. Cando comecen a tomar unha cor dourada botamos sobre estes a fariña diluída cun pouco de auga e viño branco. Deixamos que ferva e vertemos sobre as patacas. Sazonamos e déixanse cocer ata que estean tenras.

As patacas son unha das hortalizas que mellor se prestan para encher calquera tipo de alimento. Neste prato combínanse os hidratos de carbono en forma de amidón das patacas coas proteínas que contén a carne de porco picada. O ovo que se engade á carne picada, contribúe á cantidade de proteínas de elevado valor biolóxico xa que conteñen todos os aminoácidos esenciais. A xema de ovo tamén é unha excelente fonte de ferro idónea para previr anemias e, ademais, contén vitaminas do grupo B.