Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Pescada ao forno con grelos

15 Xullo, 2015

Pescada ao forno con grelos

Pescada ao forno con grelos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 20 g Cabaciña
  • 20 g Caldo de peixe
  • 20 g Cebola
  • 60 g Grelo
  • 160 g Pescada
  • 20 g Pan relado
  • 90 g Pataca
  • 20 g Pemento vermello
  • 20 g Pemento verde

Instruccións

Douramos lixeiramente as patacas cortadas en láminas finas. Picamos as verduras e dourámolas nunha tixola con sal, viño branco e allo. Metemos no forno as patacas, e colocadas enriba destas as verduras. Deixamos 15 min a 175 ºC. Cando pase este tempo, sacamos a bandexa do forno e colocamos a pescada enriba das patacas, botámoslle un chorro de aceite de oliva e o caldo de peixe e deixamos enfornar outros 10 min.

A pescada é un peixe moi apreciado que presenta un baixo contido en calorías e en graxa, polo que se atopa dentro do grupo de peixes brancos. Destaca o seu contido en ácidos graxos poliinsaturados omega 3 que teñen propiedades cardiosaudables e reducen os niveis de colesterol. Entre as vitaminas presentes neste peixe destacan as do grupo B que proporciona un mellor aproveitamento dos nutrientes enerxéticos. En canto aos grelos, estes teñen calcio e vitamina C, ademais de ter propiedades antioxidantes. Tamén conteñen fibra e, polo tanto, melloran o tránsito intestinal. Conteñen poucas calorías.

Pescada en salsa de vieira

Pescada en salsa de vieira

Pescada en salsa de vieira

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Aceite de oliva
  • 1.5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 5.5 g Limón
  • 190 g Pescada
  • 10 g Pan relado
  • 1 g Perexil
  • 1 g Pemento doce
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Colocamos, sobre unha fonte de forno, o peixe desprovisto de espiñas. Regámolo con limón e reservámolo. Á parte, sofritimos a cebola, o allo e, case antes de retirar, botamos o perexil. Unha vez temperado o sofrito, botamos o pemento e vertemos sobre o contido da fonte. Antes de levar esta última ao forno, cubrimos a peza con pan relado. Enfornamos durante unha hora e vinte minutos.

A pescada é un peixe branco xa que presenta unha baixa cantidade de graxas e de calorías. Contén ácidos graxos omega 3 polo que se lle atribúen propiedades cardiosaudables. A pescada é rica en proteínas de alto valor biolóxico e fonte de minerais como o potasio, que intervén no sistema nervioso e na actividade muscular. O fósforo que intervén no proceso de obtención de enerxía e está presente en ósos e dentes e o magnesio que se relaciona co funcionamento do intestino, dos nervios e dos músculos. En canto ás vitaminas destaca a B12 que é importante para o metabolismo e para o mantemento do sistema nervioso.

Pescada fritida

Pescada fritida

Pescada fritida

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 17 g Aceite de oliva
  • 10 g Fariña
  • 20 g Ovo
  • 5 g Limón
  • 160 g Pescada
  • 100 g Pataca
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Sálgase a pescada xa torada e pásase pola fariña e ovo batido e frítese en aceite ben quente. Cócense as patacas e sérvese todo xunto.

A pescada que atopamos nos mercados é a pescada europea común e a súa carne considérase exquisita. É unha carne moi sensible e delicada. Presenta un alto contido en auga, proteínas e ácido fólico, baixa en graxa e é unha boa fonte de minerais como calcio, fósforo, magnesio, sodio, iodo ou potasio, ademais dalgunhas cantidades de vitamina A, B1, B2 e B6. Forma parte do grupo de peixes magros ou brancos, cunha porcentaxe de graxa inferior ao 2%.

Mero á grella

Mero á grella

Mero á grella

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 7 g Aceite de oliva
  • 2 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 180 g Mero
  • 120 g Pataca
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Retiraremos do peixe os restos dun adobo xa feito cunha mestura de allo, perexil, aceite e cebola. Cubrir a peza ou os anacos con aceite e poñer na grella. O punto óptimo de cociñado alcánzase cando a espiña do peixe xa non se adhire á carne. Presentaremos o prato cunhas patacas cocidas e aderezado con perexil.

A forma máis común de preparar este peixe é á prancha, con aceite, sal e limón, pois é o mellor xeito de percibir a súa extraordinaria calidade. É un peixe de carne branca e de carne consistente. Polo seu contido moderado de graxa, a cherna considérase un peixe semigraxo de gran dixestión. Contén ácidos graxos omega 3 que diminúen o nivel de colesterol e diminúen o risco de formación de coágulos, polo que preveñen as enfermidades cardiovasculares. Proporciona á dieta unha elevada cantidade de proteínas de gran valor biolóxico. É tamén rico en vitaminas así como unha excelente fonte de sales minerais. O mellor de todo para os que desexan manter a liña é que posúe poucas calorías.

Zancos de polo guisado

Zancos de polo guisado

Zancos de polo guisado

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 2 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 150 g Zanco de polo
  • 80 g Pataca
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Pemento doce
  • 1 g Sal
  • 30 g Viño branco

Instruccións

Refogamos o polo en aceite, cando estea dourado engádeselle a cebola en anacos grandes, os allos, a pementa, as cenorias e o perexil. Tras algunhas voltas incorporamos o viño branco, deixando cocer a lume lento. Servir con patacas fritas ou cocidas, segundo preferencias.

As coxas de polo presentan unha boa cantidade de proteínas cun baixo contido en calorías. O seu contido en graxa é algo maior que outras partes do polo pero a maioría atópase na pel. O polo é unha moi boa fonte de vitamina B3 o niacina, unha vitamina que protexe contra o cancro. Tamén contén vitamina B6 que é esencial para a transformación dos hidratos de carbono en azucre e amidón.