Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Mexillóns picantes tigres rabiosos

15 Xullo, 2015

Mexillóns picantes tigres rabiosos

Mexillóns picantes tigres rabiosos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 62.5 g Mexillón
  • 2 g Pemento picante
  • 1 g Sal
  • 40 g Tomate
  • 10 g Vinagre
  • 40 g Viño branco

Instruccións

Ábrense os mexillóns ao vapor nunha pota tapada ao lume durante uns minutos. Sabemos que están cociñados no momento en que abren as valvas. Sepáranse as cunchas e reservamos unicamente as que conteñen o molusco. Para preparar a salsa escáldanse os tomates para pelalos con facilidade. Xa escaldados pélanse e córtanse en tacos pequenos. Refógase nunha tixola a cebola e os allos ben picados, despois engádense os tomates picados e remóvese ata que se doure todo ben. Por último, engádese o pemento picante e distribúese a salsa por enriba das valvas colocadas nunha bandexa para servir.

Este prato pódese servir en frío ou en quente e sérvese como entrante, a xeito de tapa ou como primeiro prato. O mexillón é un alimento equilibrado, san e dietético. Rico en proteínas, vitaminas e sales minerais, cunha cantidade idónea para a mocidade e, en xeral, para todas aquelas persoas que desexan unha vida sa. Ademais, o seu baixo nivel de colesterol facilita a coordinación ósea e muscular.

Melindre

Melindre

Melindre

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 3 g Azucre
  • 5 g Fariña
  • 0 g Licor doce (Anís)
  • 2 g Manteiga
  • 4 g Xema de ovo

Instruccións

Emulsiónanse ben as xemas, a manteiga e o anís. Posteriormente, engádense lentamente a fariña e amásase. Cóllense porcións desta masa, elabóranse boliñas compactas e fáiselles un burato. Introdúcense as boliñas no forno durante unha hora, co forno xa prequentado durante 10 min e na parte media do forno. Prepárase un xarope composto de auga e de azucre batido enerxicamente para cubrir os melindres.

Os melindres consómense e teñen máis demanda en Nadal. Son típicos da zona de Melide e de Sarria. Estes distínguense dos de Allariz porque ao contrario destes, os primeiros non incorporan améndoa na súa composición. A améndoa usábase xa en Galicia desde a Idade Media. Os melindres son moi populares en toda Galicia e presentan un gran número de variantes pero sempre co elemento común do baño de azucre.

Minestra galega

Minestra galega

Minestra galega

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 36 g Alcachofa
  • 50 g Ceboliña
  • 15 g Espárrago
  • 60 g Chícharo
  • 30 g Ovo
  • 20 g Xamón curado
  • 38 g Feixó
  • 60 g Pataca
  • 30 g Pemento verde
  • 50 g Tomate
  • 25 g Cenoria

Instruccións

Douramos os ingredientes con aceite quente na base dunha cazola. Despois, cocemos a mestura durante 20 min, escorremos e servimos. Opcionalmente, podemos servir con ovos escalfados, tomates e espárragos.

Este é un prato moi nutritivo e completo que incorpora multitude de verduras presentes na rica e abundante horta galega. A minestra é un prato que ten vitaminas principalmente do grupo B, A e C. Ten poucas calorías debido ao seu gran contido de auga polo que é un prato moi axeitado para incluír en dietas de adelgazamento. Tamén contén fibra que regulan o tránsito intestinal e minerais, como o potasio, o magnesio, o ferro e o calcio.

Merengada

Merengada

Merengada

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 8 g Améndoa torrada
  • 10 g Azucre
  • 34 g Clara de ovo
  • 0.5 g Limón

Instruccións

Batemos a punto de neve as claras, engadímoslles o zume de limón e posteriormente o azucre. Douramos a mestura no forno durante 15 min a fogo baixo. Picamos as améndoas e servimos a merengada cubríndoa coas améndoas.

Este é unha sobremesa cuxo termo merengada provén de merendinio que significa merenda, xa que na antigüidade en Galicia era moi común tomar esta sobremesa despois de comer e antes de cear. É barato e doado de elaborar. É un prato cunha grande cantidade enerxética, baixo en graxa e alto en hidratos de carbono. Non é adecuado para persoas diabéticas. As persoas con problemas de obesidade e hipercolesterolemia deben consumilo ocasionalmente.

Pescada á galega

Pescada á galega

Pescada á galega

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Aceite de oliva
  • 10 g Allo
  • 40 g Cebola
  • 40 g Chícharo
  • 150 g Pescada
  • 100 g Pataca
  • 0.5 g Sal
  • 25 g Viño branco

Instruccións

Poñer a cocer, en auga con loureiro, as patacas cortadas en toros grosos. Transcorridos 8 min, engadir o peixe e cocer de 5 a 8 min máis. Á parte, preparar unha allada co aceite, co allo e co pemento. Servir a pescada enriba das patacas acompañada por chícharos cocidos á parte, e a allada por enriba.

Este prato típico de Galicia é de doada elaboración e saudable xa que a forma de cociñado dos ingredientes é a cocción. Para darlle sabor régase cun rustrido elaborado con aceite de oliva, allo e pemento. A pescada debido ao seu baixo contido graxo e ás poucas calorías considérase un alimento axeitado para persoas que sofren de sobrepeso ou obesidade ou que teñen alteracións dos niveis de colesterol ou triglicéridos en sangue. Os chícharos son unha boa fonte de proteína vexetal e presentan unha elevada cantidade de magnesio que axuda na síntese das proteínas. Tamén son ricos en ferro para previr anemias. Contén calcio que intervén na formación dos ósos e fósforo que intervén na formación de enerxía.