Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Robaliza en branco

15 Xullo, 2015

Robaliza en branco

Robaliza en branco

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 50 g Cebola
  • 200 g Robaliza
  • 150 g Pataca
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Cocemos as patacas xunto coa cebola e co sal. Xusto 5 min antes de que a pataca estea no seu punto, botamos á cazola a robaliza. Esperamos ese tempo, apagamos, escorremos un pouco, e botamos aceite de oliva antes de servir.

A robaliza habita no Atlántico e no Mediterráneo. É un dos peixes con menor contido en graxa, por iso esta sinxela forma de preparalo é idónea para dietas hipocalóricas e ademais permite apreciar mellor a finura da súa carne. Contén ácidos graxos omega 3 que contribúen á prevención das enfermidades cardiovasculares. As vitaminas do grupo B son as máis significativas na composición das robalizas, en concreto a B12. Os minerais en maior cantidade son o potasio, o fósforo, o ferro, o sodio e o magnesio. Trátase de compoñentes que interveñen na regulación do sistema nervioso, na actividade muscular, no equilibrio de auga na célula, na formación de ósos e nos dentes; nos procesos de obtención de enerxía e no sistema dixestivo.

Robaliza en salsa de perdigón

Robaliza en salsa de perdigón

Robaliza en salsa de perdigón

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 10 g Allo
  • 1 g Azafrán
  • 50 g Cebola
  • 160 g Robaliza
  • 100 g Pataca
  • 1 g Perexil
  • 1 g Sal

Instruccións

Toramos as cebolas e botámolas sobre a robaliza previamente colocada e salgada nunha cazola. Nun morteiro, esmagamos ben os dentes de allo co azafrán e co perexil, despois engádeselle o aceite e a auga. Mestúrase ben, botáselle á cazola onde está a robaliza e déixase cocer uns 10 min. Pódeselle engadir un ramallete de herbas, se se quere.

Esta tradicional forma de preparar a robaliza é típica de Lugo. A robaliza é un peixe moi apreciado na cociña. É un dos peixes brancos con menor contido graxo, por iso é un peixe moi axeitado para incluír en dietas de adelgazamento. Os ácidos graxos que contén son omega 3 o que axuda a previr enfermidades cardiovasculares. Adicionalmente posúe un alto contido proteico, vitaminas do grupo B, en especial a vitamina B12, que axuda á formación de glóbulos vermellos no sangue e ao mantemento do sistema nervioso central e minerais como potasio, fósforo, ferro, sodio e magnesio.

Mazá asada

Mazá asada

Mazá asada

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Azucre
  • 150 g Mazá

Instruccións

Coa axuda dun coitelo cortamos arredor do rabo da mazá deixando un oco que encheremos de azucre. Enfornamos ata que esta tome cor caramelo, sacamos do forno e servimos.

A existencia da mazá remóntase á prehistoria e introducírona en España os romanos e os árabes. A estación da mazá vai desde setembro a xuño. A mazá posúe fibra e é unha eficaz reguladora da actividade do intestino groso. Tamén é antioxidante polo que contribúe a reforzar as defensas do organismo. Neste caso a mazá asada é unha sinxela forma de preparación dunha sobremesa.

Robaliza en salsa verde

Robaliza en salsa verde

Robaliza en salsa verde

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 1 g Loureiro
  • 20 g Limón
  • 190 g Robaliza
  • 130 g Pataca
  • 10 g Perexil
  • 1 g Pementa branca
  • 15 g Vinagre

Instruccións

Cocemos a cebola con allo e loureiro. Despois, engadimos a peza de peixe enteira. Retiramos a cebola para facer unha salsa, no morteiro, con perexil, aceite, vinagre, pementa, caldo do cocido anterior e miolos de pan. Cocemos a salsa a lume lento. Servimos a robaliza con pataca, previamente cocida, e bañamos todo coa salsa e cun chorriño de limón.

A robaliza é un peixe branco, moi magro, con moi pouca cantidade de graxa polo que é adecuado para persoas que seguen dietas de adelgazamento. É moi apreciado polo seu sabor fino. É un peixe axeitado para a poboación infantil e anciá xa que ten moi poucas espiñas.

Marron glacé

Marron glacé

Marron glacé

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Azucre
  • 35 g Castaña
  • 5 g Licor doce
  • 2 g Manteiga
  • 3 g Nata

Instruccións

Co fin de retirar a casca das castañas cocémolas a lume forte 5 min. Despois, retiramos a casca e cocémolas outros 15 min. Unha vez cocidas, botámolas nunha cazola e esparexémolas con azucre, tamén lle engadimos a manteiga derretida anteriormente noutra cazola. Deixámolas a lume suave 5 min. Flamexamos ron nun cullerón e botámolo sobre as castañas. Unha vez fritas están listas para consumir. Presentámolas acompañadas de nata.

O marron glacé é un exquisito prato de sobremesa elaborado tras confeitar ou bañar as castañas. A súa orixe parece situarse en Grecia, onde se confeitaban diversas froitas en ánforas con mel. Aínda que se consome ao longo do ano, forma parte especial das sobremesas de Nadal. Tamén é habitual na gastronomía italiana e a francesa. A castaña é un dos alimentos máis antigos da humanidade. Formaba parte básica da alimentación e mesmo substituía o pan en épocas de fame. Posteriormente, ao se introducir o cultivo da pataca, a castaña quedou relegada a un segundo plano. Hoxe en día utilízase como gornición e como ingrediente de numerosas sobremesas. A castaña é rica en hidratos de carbono o que a fai ser moi enerxética. Polo seu alto contido en fibra e auga é recomendable para tratar o estrés, a depresión, a anemia, o desgaste físico, as varices e os problemas intestinais, así como cardiovasculares, dexenerativos e de memoria.