Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Linguado ao forno con xamón

15 Xullo, 2015

Linguado ao forno con xamón

Linguado ao forno con xamón

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 1 g Allo
  • 40 g Xamón curado
  • 160 g Linguado
  • 5 g Limón
  • 5 g Pan relado
  • 100 g Pataca
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Pementa branca
  • 0 g Sal

Instruccións

Introducimos nuns cortes que lle facemos ao linguado unhas tiras de xamón e aderezamos con sal e pementa. Botamos sobre o linguado pan relado, perexil, allo moi picado, un chorro de aceite e as patacas. Introducímolo no forno e, transcorrido un tempo de enfornado, botámoslle un chorriño de limón. Unha vez que estea ben asado, deixámolo no forno en repouso.

Este peixe presenta un escaso contido graxo polo que é adecuado para dietas hipocalóricas. O linguado é un alimento rico en vitamina B6 tamén coñecida como piridoxina. Isto fai que este alimento sexa moi recomendable en casos de diabete, depresión e asma. Ademais, a vitamina B6 deste peixe axuda a previr enfermidades cardíacas e mesmo pode axudar na loita contra o cancro. Cabe destacar o contido en iodo que regula o funcionamento da glándula tiroide e fortalece a estrutura ósea. É adecuado para persoas diabéticas e hipertensas.

Leite asado

Leite asado

Leite asado

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 12 g Azucre
  • 10 g Caramelo
  • 54 g Ovo
  • 100 g Leche semidesnatado
  • 1 g Limón

Instruccións

Bater o ovo, mesturar co azucre, limón relado e o leite pouco a pouco. Dispoñer sobre un molde o caramelo e verter esta mestura nel. Cocemos a baño maría no forno con temperatura alta para que calle.

O leite asado é unha das sobremesas máis representativas das Illas Canarias, concretamente na illa da Gomera onde é moi tradicional. A gastronomía canaria influenciouse durante séculos por outras culturas. Por iso, se cre que esta sobremesa procede de Latinoamérica e que se introduciu en Canarias e noutras partes de España. É unha sobremesa cun alto contido proteico que lle proporciona o leite e, ademais, é baixo en graxas e carbohidratos. Tamén ten un alto contido de calcio que axuda a fortalecer os ósos e a reducir o nivel de colesterol en sangue.

Linguado fritido

Linguado fritido

Linguado fritido

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Aceite de oliva
  • 203 g Linguado
  • 95 g Pataca
  • 1 g Sal

Instruccións

Rebozar o linguado en fariña e fritir nunha tixola aceite abundante. Servir acompañado o peixe cunhas patacas cocidas previamente.

O linguado común distribúese ao longo do Atlántico norte, e é bastante abundante no Mediterráneo. O linguado é moi axeitado para persoas que seguen unha dieta de adelgazamento xa que só contén 80 cal por cada 100 g. O linguado é un peixe con contido graxo moi baixo. É moi rico en magnesio, calcio e fósforo. Tamén o poden comer as persoas diabéticas e hipertensas. Como vantaxe adicional ten unha gran versatilidade en cociña. En canto ao seu contido en vitaminas, podemos destacar as vitaminas B1, B2, B3, B6 e B12 e ácido fólico.

Lentellas de coresma

Lentellas de coresma

Lentellas de coresma

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 10 g Apio
  • 30 g Cabaciña
  • 30 g Cebola
  • 1 g Xenxibre
  • 1 g Loureiro
  • 62 g Lentella
  • 25 g Nabo
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Pemento picante
  • 30 g Pemento vermello
  • 30 g Pemento verde
  • 25 g Porro
  • 30 g Tomate
  • 30 g Cenoria

Instruccións

Ponse, nunha pota, a cocer 45 min a lume medio/baixo coa auga co sal, unha culleradiña de pemento picante e de xenxibre moído, un cuarto de quilo de lentellas, un porro, media cebola, un pouco de apio, unha folla de loureiro, un nabo pelado, unha cenoria pelada e unha cabeza de allo enteira e apartar. Nunha tixola, bótase un bo chorro de aceite de oliva virxe e frítense, a lume lento, o tomate pelado e sen pebidas, a cebola, o pemento vermello, o verde e a cabaciña, todo moi picado e salgado a gusto, durante 30 min, controlando que non se pegue. Botar un chorro de viño Montilla a media cocción e apartar. Sacar da pota o porro, o apio, o loureiro, a cenoria, o nabo, a media cebola e a cabeza de allo. Pasar polo batedor nun recipiente á parte, todo isto, agás a cabeza de allo e o loureiro. Volver a botar o puré na pota coas lentellas, así como a fritura de verduras da tixola. Deixar cocer 15 min todo xunto. Separar e servir.

É un prato típico durante o período de Coresma debido á necesidade de substituír o consumo de carne. As lentellas son ricas en ferro e se se combinan con arroz constitúen unha boa fonte de proteínas. Recoméndase o seu consumo para as persoas afectadas por diabete xa que os seus hidratos de carbono se absorben moi lentamente. Tamén se recomenda o consumo habitual de lentellas xa que diminúen os niveis de colesterol e graxas debido ao seu contido de fibra e, ademais, axuda a regular o tránsito intestinal. Ademais son ricas en calcio que dá rixidez e fortaleza aos ósos, ademais de reducir a tensión arterial en persoas con hipertensión e previr a osteoporose.

Lentellas guisadas con cenorias

Lentellas guisadas con cenorias

Lentellas guisadas con cenorias

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Allo
  • 30 g Cebola
  • 20 g Chourizo
  • 70 g Lentella
  • 0.5 g Noz moscada
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Pementa branca
  • 0.20000000298023224 g Sal
  • 40 g Cenoria

Instruccións

Cocemos as lentellas xunto con tacos pequenos de cenoria e o chourizo. Tras un anaco de cocción, engadimos o sal e as especias, e un refrito que fixeramos de cebola, allo e perexil. Deixamos cociñar ata chegar ao punto óptimo de cocción.

As lentellas son ricas en fibra que diminúe os niveis de colesterol e graxas e axudan a regular o tránsito intestinal. Tamén conteñen ferro e proteínas de orixe vexetal. Dentro do grupo dos legumes son das máis dixestivas. As cenorias son ricas en vitamina C e ferro. Axudan a diminuír o colesterol e previr a arteriosclerose, ademais o seu contido en betacaroteno axuda a previr certos tipos de cancro. Por outra parte, o chourizo é rico en sodio polo que está desaconsellado para persoas que sofren hipertensión. Ademais, o seu contido en calorías é alto polo que o seu consumo debería ser moderado.