Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Xabaril guisado estilo Viana do Bolo

15 Xullo, 2015

Xabaril guisado estilo Viana do Bolo

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 60 g Arroz
  • 50 g Cebola
  • 140 g Xabaril
  • 2 g Manteiga
  • 0.5 g Ourego
  • 0.5 g Perexil
  • 0.5 g Sal
  • 20 g Viño branco
  • 10 g Viño doce
  • 30 g Cenoria

Instruccións

Para que quede saboroso é moi importante adobar a peza de carne polo menos 12 h antes de cociñalo para que macere durante todo ese tempo e penetre ben o sabor. Para o adobo é necesario machucar nun morteiro un bo chorro de aceite, viño, allo moi picado, perexil e ourego fresco, e un chisco de sal. O seguinte paso é selar a peza de carne nunha pota ao lume cun pouco de aceite. A continuación, engadir o viño branco, xenerosamente, e deixar cocer a lume suave durante bastante tempo. Para darlle un sabor especial pódese engadir tamén un chorro de viño doce. O acompañamento ideal para o xabaril son as patacas cociñadas ao gusto.

Esta receita prepárase, como o seu propio nome indica, na bisbarra de Viana do Bolo, situada na zona oriental da provincia de Ourense. A mellor época para preparar este prato é de mediados de outono a finais de inverno, posto que é a tempada de caza do xabaril silvestre. A carne de xabaril caracterízase pola súa dureza e pola súa cor vermella intensa. Trátase dunha carne magra e con gran contido proteico. Destaca o seu elevado contido en ácido oleico que aumenta o chamado colesterol bo (HDL) e reduce o colesterol malo (LDL) en sangue, reducindo así o risco de padecer enfermidades cardiovasculares. Contén case todas as vitaminas, entre as que destacan as vitaminas do grupo B e, en especial a vitamina B3, a vitamina B12 e o folato ou vitamina B9. Estas vitaminas posúen accións antianémicas que regulan o metabolismo e teñen unha acción protectora cardiovascular.

Xurelos ao forno

Xurelos ao forno

Xurelos ao forno

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 160 g Xurelo
  • 0.5 g Limón
  • 120 g Pataca
  • 0.5 g Sal
  • 30 g Tomate
  • 10 g Viño branco

Instruccións

Poremos na base dunha fonte para forno un leito de cebola, allo e tomate picado. Cortaremos uns toros de patacas finas que poremos sobre o anterior. Os xurelos poñerémolos ao final de todo. Salgamos e levamos ao forno. As condicións de cociñado serán de 10 min a 220 ºC aproximadamente.

O xurelo é un peixe azul, é dicir, un peixe graxo. Esta graxa, rica en ácidos graxos omega 3, contribúe a reducir os niveis de colesterol e de triglicéridos en sangue, e tamén se reduce o risco de arteriosclerose e de formación de trombos. Recoméndase a presenza na dieta de peixes azuis porque grazas á calidade da súa graxa colaboran na redución do risco de enfermidades cardiovasculares. É unha boa fonte de proteínas de alto valor biolóxico, de vitaminas do grupo B e minerais como o magnesio.

Xudías verdes con xamón

Xudías verdes con xamón

Xudías verdes con xamón

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 100 g Cebola
  • 25 g Xamón curado
  • 164 g Feixó
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Douramos a cebola cuns tacos de xamón. Engadimos as xudías xa cocidas á mestura. Servimos, tras uns poucos minutos, con perexil por enriba.

Este prato é apto para persoas que seguen dietas de adelgazamento xa que a súa cantidade de calorías é moi baixa, ademais posúen gran cantidade de fibra e conteñen un 90% de auga, hidratos de carbono, proteínas, nada de graxa e poucos lípidos. Teñen ferro e por iso se recomendan para persoas que sofren anemias. Tamén conteñen calcio que diminúe os niveis de colesterol en sangue e fortalece os ósos. Os feixóns verdes teñen efectos diuréticos e depurativos, ao ser ricas en potasio e pobres en sodio.

Xurelo con loureiro

Xurelo con loureiro

Xurelo con loureiro

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 10 g Allo
  • 140 g Xurelo
  • 1 g Loureiro
  • 100 g Pataca
  • 1 g Pementa branca
  • 0.5 g Sal
  • 1 g Tomiño

Instruccións

Para preparar esta receita elaboraranse catro compartimentos con papel de aluminio ou papel untado de graxa, en cada un deles colocarase cada xurelo, se pode ser coas espiñas eliminadas e cortados en filetes. Incorporarase a cada xurelo unha folla de loureiro, un dente de allo, un chisco de pementa, sal e unha rama de tomiño e, finalmente, engadiráselle un pouco de aceite a cada compartimento e introducirase no forno xa prequentado a lume medio-alto durante 20 min.

O xurelo é un peixe azul. É rico en graxas e estas conteñen ácidos graxos omega 3 que axudan a reducir o nivel de colesterol e previr enfermidades cardiovasculares. Destaca o seu contido en vitamina D para fortalecer a pel e os ósos, o sistema inmunitario e axuda, ademais, a previr certos tipos de cancro. Tamén contén vitamina B6, que fai que este alimento sexa moi recomendable en casos de diabete, depresión, asma e, ademais, axuda a previr enfermidades cardíacas.

Xurelos en escabeche

Xurelos en escabeche

Xurelos en escabeche

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Aceite de oliva
  • 10 g Allo
  • 120 g Xurelo
  • 1 g Loureiro
  • 1 g Pemento doce
  • 1 g Sal
  • 10 g Vinagre
  • 10 g Viño branco

Instruccións

Poñemos a fogo lento durante uns poucos minutos unha cazola con aceite, vinagre, viño branco, allo e pemento. Deixamos que tempere e vertemos sobre os xurelos fritidos xa fríos, que repousan noutra cazola colocados por capas. Entre capa e capa depositamos algunhas follas de loureiro.

O xurelo habita no Atlántico e é máis abundante no verán, de xuño a outubro. Este foi o motivo do que xurdiu en tempos pasados a súa preparación en escabeche para que estivese dispoñible todo o ano, xa que na tempada de inverno non era posible o seu consumo. O xurelo é un peixe graxo englobado dentro do grupo dos peixes azuis pola súa alta cantidade de ácidos graxos omega 3 que contribúen a diminuír as enfermidades cardiovasculares. Este peixe proporciona á dieta vitamina A que beneficia a vista e B1, B2 e D3 que protexen o organismo do raquitismo, entre outras doenzas, e o ácido fólico.