Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Garavanzos con chourizo

15 Xullo, 2015

Garavanzos con chourizo

Garavanzos con chourizo

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 20 g Cebola
  • 30 g Chourizo
  • 45 g Garavanzo
  • 1 g Loureiro
  • 20 g Pataca
  • 1 g Pemento doce
  • 5 g Touciño

Instruccións

Botamos os garavanzos nunha cazola e, cando a auga empece a ferver, engadimos tamén unha folla de loureiro, o chourizo torado e un anaco de touciño. Preparamos un refrito composto de aceite, pemento doce, cebola e allo e engadímolo á cazola dos garavanzos, un pouco antes de que estes se rematen de cocer.

O consumo do garavanzo remóntase á prehistoria. O valor de calorías do garavanzo é maior que o resto da media dos legumes. Ten un alto valor nutritivo e axuda a reducir o colesterol. É unha boa fonte de hidratos de carbono, o que proporciona enerxía e ao ser de asimilación lenta fai que alivien a sensación de fame durante máis tempo. Por outra banda, o chourizo ten un elevado contido graxo e case non contén hidratos de carbono. Destaca pola súa contribución de sodio polo que non é adecuado para persoas que sofren hipertensión e enfermidades cardiovasculares.

Rapante fritido

Rapante fritido

Rapante fritido

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 25 g Aceite de oliva
  • 145.60000610351562 g Rapante
  • 10 g Fariña
  • 95 g Pataca
  • 1 g Sal

Instruccións

Rebozar o rapante en fariña e fritir nunha tixola aceite abundante. Servir o peixe acompañado cunhas patacas cocidas previamente.

O rapante é un peixe de forma plana, branco e moi saboroso. Hai dous tipos de rapantes: o rapante do norte que é propio das augas atlánticas e o rapante de catro manchas que é común do mar Mediterráneo. É un peixe con baixo contido en graxa. Destaca o seu contido en fósforo e selenio cuxa cantidade case chega á metade diaria recomendada. En canto ás vitaminas, destaca a B12, desta contén máis da metade da cantidade diaria recomendada. Esta vitamina non está presente nos vexetais polo que é un peixe moi recomendado para vexetarianos.

Garavanzos de mar

Garavanzos de mar

Garavanzos de mar

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 40 g Lura
  • 7 g Caldo de peixe
  • 30 g Cebola
  • 30 g Gamba
  • 60 g Garavanzo
  • 30 g Paus de cangrexo
  • 1 g Perexil
  • 0.20000000298023224 g Sal
  • 50 g Tomate
  • 9 g Viño branco

Instruccións

Faise o sofrito co tomate, a cebola picada, as pastillas de caldo de peixe e un chorro de viño. Engádense as luras, o cangrexo, as gambas e bótase un chisco de sal. Déixase cocer a lume lento, 20 min. Engádense os garavanzos e remóvese todo ben. Cócese, a lume lento, outros 20 min e déixase repousar uns minutos antes de servir.

Os garavanzos teñen un alto contido en fibra o que axuda a evitar o estrinximento e a reducir o colesterol. Tamén contén hidratos de carbono de asimilación lenta, o que fai que proporcione sensación de saciedade durante máis tempo e beneficia a persoas diabéticas. Son unha fonte de ferro, calcio e magnesio e o seu alto contido proteico compárase ao das carnes e peixes. As luras que acompañan os garavanzos teñen un alto nivel de colesterol que unido ao seu contido de sodio non os fai moi recomendables para persoas con hipercolesterolemia. Son fonte de proteínas de alto valor biolóxico. As gambas son ricas en fósforo, sodio e iodo pero polo seu nivel de colesterol tampouco as deberían consumir con frecuencia persoas con gota ou hipercolesterolemia.

Sopa fría de lumbrigante

Sopa fría de lumbrigante

Sopa fría de lumbrigante

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 30 g Lumbrigante
  • 40 g Cabaciña
  • 59 g Cebola
  • 60 g Pan
  • 0.5 g Pementa negra
  • 20 g Pemento verde
  • 0.5 g Sal
  • 60 g Tomate
  • 10 g Vinagre

Instruccións

Poñemos a cocer o lumbrigante, nunha tarteira con auga, durante 10 min unha vez que ferva auga. Tras arrefriar, extraemos toda a carne do animal, as cascas fervémolas para facer un caldo que despois empregaremos para empapar algo de pan. Á parte, metemos no batedor os tomates, a cabaciña, a cebola, o pemento e o allo. Pódeselle engadir tamén aceite e o pan remollado. Bótase sal e vinagre. Déixase repousar unhas horas e vólvese a bater. Unha vez feito isto, e deixándoo repousar unhas horas máis, picamos a carne do lumbrigante e servimos frío.

O nivel de graxas do lumbrigante é moi baixo pero pola contra o nivel de colesterol que presenta é elevado, como acontece co resto de crustáceos. Destaca a súa cantidade de iodo, necesario para a síntese das hormonas tiroideas. Tamén destaca a presenza da vitamina B5 que axuda a reducir o nivel de colesterol e, tamén, axuda a combater o estrés. Polo contido en purinas do lumbrigante desaconséllase o seu consumo en persoas que sofren gota. Tamén é rico en sodio, polo que non é adecuado para persoas hipertensas. Pola súa parte, o tomate, polo seu contido en licopenos, é un bo antioxidante, evitando o envellecemento. O seu contido en calorías é moi baixo. É moi rico en potasio, mineral necesario para a transmisión e xeración do impulso nervioso e para unha normal actividade muscular.

Grelos refogados

Grelos refogados

Grelos refogados

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 2.5 g Allo
  • 25 g Chourizo
  • 125 g Grelo
  • 6 g Manteiga
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Cocemos os grelos en auga e manteiga. Reservamos. Á parte, douramos, nunha tixola, os allos co chourizo para, logo, engadir os grelos cocidos. Removemos todo xunto e servimos.

Os grelos presentan un baixo contido en calorías polo que son adecuados para incluír en dietas de adelgazamento. Son ricos en ácido fólico e vitaminas C e K, esta última liposoluble intervén no proceso de coagulación do sangue. Tamén son boa fonte de vitamina A que prevén enfermidades nos ollos, fortalece o sistema inmunitario e ten propiedades anticancerosas. En canto ao chourizo que acompaña aos grelos ten un contido en calorías elevado polas graxas que contén e, ademais, contén proteínas e sodio polo que non é aconsellable para persoas hipertensas.