Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Ensalada de queixo e marmelo con vinagreta de mel

15 Xullo, 2015

Ensalada de queixo e marmelo con vinagreta de mel

Ensalada de queixo e marmelo con vinagreta de mel

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 9 g Améndoa torrada
  • 30 g Endivia
  • 40 g Leituga
  • 30 g Mazá
  • 30 g Marmelo
  • 5 g Mel
  • 15 g Noz
  • 9 g Piñón
  • 40 g Queixo fresco
  • 0.5 g Sal
  • 5 g Vinagre

Instruccións

Cortar en dados o queixo fresco e a carne de marmelo. Resérvanse nunha cunca grande. Á parte, lávanse as leitugas e límpanse as follas de endivia, córtanse e póñense na cunca grande. Pelar e cortar en cuarteiróns a mazá. Nunha tixola cun pouco de aceite, dourar os piñóns e as améndoas e pasar ao vaso do batedor xunto cunha parte de vinagre por catro de aceite, o mel, o sal e bátese para facer a vinagreta. Colocar nos pratos poñendo o que temos na cunca, os cuarteiróns de mazá salteados e por enriba a vinagreta á que, no momento de servir, se lle botan as noces un pouco esmiuzadas. Se apetece pódese poñer tamén por enriba un pouco de ceboliño.

O queixo fresco ten unha alta concentración de proteínas, calcio e vitaminas A e D pero é baixo en graxas. Isto fai que o seu consumo nos proporcione menos calorías e a dixestión sexa máis doada. O marmelo é unha boa fonte de minerais como o potasio, fibra e cantidades non moi elevadas de vitamina C. Á leituga atribúenselle propiedades dixestivas e supón unha pequena cantidade de calorías. É rica en fibra e ferro e ten un baixo contido en proteínas e hidratos de carbono. As endivias tamén conteñen poucas calorías. Son ricas en vitamina K, á que se lle atribúen propiedades coagulantes do sangue. Tamén teñen unha boa cantidade de ácido fólico que é necesario para a formación de glóbulos vermellos e, así, previr as anemias.

Ensalada de tomate e cabaciña

Ensalada de tomate e cabaciña

Ensalada de tomate e cabaciña

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 80 g Cabaciña
  • 0.5 g Ourego
  • 10 g Pasas de Corinto
  • 15 g Piñón
  • 15 g Queixo relado
  • 0.20000000298023224 g Sal
  • 80 g Tomate
  • 3 g Vinagre

Instruccións

Lavar os tomates e cortalos en anacos. Lavar a cabaciña, cortala en rodas finas e poñerlle un pouco de sal e aceite. Introducir, uns 5 min, no microondas. Unha vez que a cabaciña arrefríe, un pouco, colocala encima do tomate. Distribuír por encima os dados de queixo, as pasas, os piñóns e o ourego. Seguidamente, botar o sal, o vinagre e o aceite.

O tomate tróuxose de América do Sur e introduciuse en Europa no século XVI. É un alimento con escasa cantidade de calorías. A maior parte do seu peso é auga e o segundo constituínte, en importancia, son os hidratos de carbono. Son ricos en vitamina C, A e E. Tamén conteñen licopenos que teñen poder antioxidante, estes son máis abundantes cando o tomate está maduro. Pola súa banda, a cabaciña é rica en fibra e con poucas calorías. É idónea para dietas de adelgazamento. Destaca o seu contido en potasio que intervén na actividade muscular e combate a hipertensión.

Ensalada mixta

Ensalada mixta

Ensalada mixta

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 25 g Cebola
  • 65 g Leituga
  • 80 g Tomate
  • 3 g Vinagre

Instruccións

Lavamos os ingredientes e cortámolos. Colocámolos nunha fonte regamos con aceite e vinagre ao gusto.

A ensalada mixta combina moi ben con todo tipo de pratos, ademais de ser idónea, polo seu baixo contido calorífico, para incluír nas dietas de adelgazamento. A leituga contén fibra e é diurética, o que axuda a persoas con retención de líquidos. Tamén posúe vitamina C e A que son antioxidantes. O tomate é un bo desintoxicante, xa que elimina ácido úrico e reduce o colesterol. Son unha fonte de potasio, fósforo e magnesio, necesarios para a actividade normal de nervios e músculos.

Ensalada morna de pasta fresca con caviar vexetal

Ensalada morna de pasta fresca con caviar vexetal

Ensalada morna de pasta fresca con caviar vexetal

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 20 g Oliva negra
  • 5 g Allo
  • 50 g Berenxena
  • 40 g Cebola
  • 50 g Espaguetes
  • 0.5 g Estragón
  • 10 g Limón
  • 0.5 g Pementa negra

Instruccións

Asamos a berenxena, o allo, a cebola bañados de aceite de oliva no forno a uns 170 ºC, durante unha hora. Unha vez asados e fríos, cortamos en cadradiños (do tamaño de graos de arroz) a berenxena, a cebola, ademais das olivas negras. Introducimos, no recipiente do batedor, os allos, o zume de limón, o sal, a pementa negra, o aceite de oliva e o estragón. Bátese ata conseguir unha emulsión e vértese sobre a mestura picada anteriormente. Á parte, cócese a pasta fresca. Mestúrase todo e sérvese.

A pasta contén unha gran cantidade de hidratos de carbono de absorción lenta (amidón), tamén proteínas (glute), e unha cantidade moi baixa de graxas. A berenxena pola súa parte contén fibra e potasio, este último é necesario para a actividade muscular. O seu compoñente maioritario é a auga. O allo reduce o colesterol. É un depurador do sangue e é eficaz en casos de hipertensión, ademais de posuír efectos antibacterianos. Todas estas propiedades débense a un composto de xofre denominado alicina, e tamén a unha substancia volátil denominada ajona, que se obtén cando é machucado. A cebola favorece a dixestión. Polos seus compostos ricos en xofre prevén enfermidades infecciosas, tamén ten efectos depuradores do sangue polo que é aconsellable para persoas diabéticas.

Fabada galega

Fabada galega

Fabada galega

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Chourizo
  • 45 g Faba fresca
  • 25 g Morcilla
  • 20 g Touciño entrefebrado

Instruccións

Botaremos nun cazo con auga anacos bastante grandes de allo, cebola e outros non tan grandes de rabo, pata e orella de porco. Despois, incluiremos as fabas xunto con pemento e tras uns minutos engadimos o xamón, o chourizo e xusto despois o touciño e a morcilla. Poñerémolo a lume alto ata que ferva a auga e despois a lume lento durante aproximadamente unhas 2 h.

As fabas constituían a base da alimentación popular galega no século XIX. O cultivo da faba está moi estendido en Galicia. As fabas conteñen unha cantidade importante de proteínas que supera mesmo á das carnes, pero a súa calidade é inferior. Por outra banda, son tamén importantes en calquera dieta equilibrada debido a que a súa inxestión proporciona un alto valor de saciedade grazas aos seus hidratos de carbono complexos de lenta absorción. É destacable o contido en calcio, fibra e vitaminas B1, B2, B9, e C. Tamén conteñen ferro cuxa absorción a favorece o contido de vitamina C das fabas.