Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Ensalada de congro

15 Xullo, 2015

Ensalada de congro

Ensalada de congro

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 70 g Congro
  • 60 g Ovo
  • 1 g Loureiro
  • 40 g Cogombros novos en vinagre
  • 1 g Perexil
  • 0.20000000298023224 g Sal
  • 10 g Vinagre
  • 40 g Cenoria

Instruccións

Pon o congro, nun só anaco, a ferver cunha cebola partida en catro, o loureiro, a póla de perexil, a cenoria e un chisco de sal. Cando estea cocido, sácase e pártese en toros. Cóbrese con maionesa ou cunha salsa vinagreta. Salsa maionesa: poñer nun recipiente o ovo cru, un chisco de sal, un chorriño de vinagre e 150 cc de aceite e lígase co batedor. Salsa vinagreta: pícanse, moi fino, unha cebola, os cogombros novos, o ovo duro, o perexil e o allo. A esta mestura engádelle 150 cc de aceite, medio decilitro de vinagre e a auga, condiméntase con sal. Esta salsa debe baterse no momento de servirse.

O congro é un peixe semigraxo. Non ten escamas e as súas espiñas retíranse con facilidade, o que facilita o seu consumo na poboación infantil. Contén vitamina A que prevén enfermidades nos ollos. Fortalece o sistema inmunitario e ten propiedades anticancerosas. A súa alta cantidade de vitamina D fai que sexa recomendable para fortalecer a pel e os ósos. Pódese acompañar de maionesa ou de salsa vinagreta. A maionesa aínda que é ten bastantes calorías. Tamén é fonte de vitaminas A e E que actúa como un antioxidante xa que combate a acción dos radicais libres. A salsa vinagreta tamén posúe vitamina E, contén unha considerable cantidade de calorías e non contén purinas polo que as persoas con gota poden consumila sen problemas.

Ensalada de gambas con feixóns brancos

Ensalada de gambas con feixóns brancos

Ensalada de gambas con feixóns brancos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 20 g Oliva
  • 5 g Allo
  • 30 g Cebola
  • 30 g Gamba
  • 50 g Feixón branco
  • 60 g Leituga
  • 10 g Limón
  • 0.5 g Ourego
  • 0.5 g Pementa branca
  • 0.5 g Sal
  • 40 g Tomate

Instruccións

Facer unha vinagreta co aceite, o zume de limón, o sal, a pementa, os allos e o ourego. Mesturar a xudías, as gambas picadas, as olivas cortadas en rodas e a cebola picada fina. Acomodar sobre unha cama de leituga. Bañar coa vinagreta e decorar con tomates cortados.

As gambas son ricas en proteínas, iodo e colesterol polo que é recomendable un consumo moderado por persoas con hipercolesterolemia, pero conteñen poucas calorías e graxas. Tamén conteñen purinas, polo que as persoas que seguen dietas baixas en ácido úrico deben evitalas. Os feixóns brancos proporcionan fibra ao prato e potasio que, ao favorecer a eliminación de líquidos, beneficia ás persoas hipertensas. Tamén conteñen fósforo que contribúe a mellorar as funcións do cerebro e a mellorar a resistencia física. Entre as vitaminas que conteñen destacan a B1 e a B9 ou ácido fólico.

Ensalada de garavanzos

Ensalada de garavanzos

Ensalada de garavanzos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 40 g Cebola
  • 90 g Garavanzo
  • 40 g Ovo
  • 1 g Perexil
  • 50 g Tomate
  • 5 g Vinagre

Instruccións

Colocar os garavanzos unha vez cocidos e escorridos nunha ensaladeira. Cortar os ovos e os tomates e engadilos aos garavanzos xunto coa cebola. Aliñar con aceite e vinagre e salgar ao gusto. Servir esparexido con perexil.

Os garavanzos conteñen moita fibra que axuda a aliviar o estrinximento. Reducen o colesterol e son moi útiles para as enfermidades cardiovasculares. O seu contido en hidratos de carbono de asimilación lenta fai que sexan adecuados para persoas diabéticas. Por outro lado, o ovo contén cantidades significativas dunha ampla gama de vitaminas e minerais como son o fósforo, selenio, ferro, iodo e cinc, que contribúen a cubrir gran parte das inxestións diarias. A acción antioxidante dalgunhas vitaminas do ovo axudan a protexer o noso organismo de procesos dexenerativos diversos (cancro, diabete e cataratas) así como das enfermidades cardiovasculares.

Ensalada de patacas e mexillóns

Ensalada de patacas e mexillóns

Ensalada de patacas e mexillóns

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 0.5 g Aceite de oliva
  • 40 g Cebola
  • 60 g Ovo
  • 1 g Loureiro
  • 100 g Leituga
  • 35 g Mexillón
  • 60 g Pataca
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Sal
  • 0.5 g Vinagre

Instruccións

Colocamos nunha fonte a leituga, as patacas cocidas con loureiro e os mexillóns cocidos de igual modo, e enchemos cunha salsa de cebola, ovo, perexil, aceite e vinagre.

As patacas son ricas en hidratos de carbono e en fibra. Esta última fai que sexan adecuadas para persoas que seguen dietas de adelgazamento. Ademais o seu contido en calorías é baixo. Son unha boa fonte de vitamina C, ferro e magnesio pero pobres en potasio e sodio o que as fai axeitadas para persoas con hipertensión. O mexillón contén proteínas de boa calidade. Ademais, o seu nivel de graxas e calorías é baixo. Destaca, tamén, o iodo na súa composición. A leituga posúe fibra á ensalada pero con pouco sodio polo que é boa para persoas hipertensas. Tamén ten funcións antioxidantes pola presenza da vitamina C, E e o betacaroteno.

Ensalada de tomate

Ensalada de tomate

Ensalada de tomate

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 20 g Cebola
  • 150 g Tomate
  • 3 g Vinagre

Instruccións

Lavamos os ingredientes e cortámolos. Colocámolos nunha fonte, e regamos con aceite e vinagre ao gusto.

Este prato é baixo en calorías polo que está recomendado para persoas que seguen dietas de adelgazamento. Presenta un importante contido de hidratos de carbono, o que lle confire un lixeiro sabor doce. Contén fibra polo que axuda a regular o tránsito intestinal. O tomate é un bo antioxidante polo seu contido en licopenos, isto axuda a previr a aparición dalgúns tipos de cancro. Tamén teñen función antioxidante debido a vitamina A e a C que proporciona. A vitamina A axuda a manter unha boa visión, pel, cabelo e ósos. A vitamina C axuda na absorción do ferro, ten propiedades antiinfecciosas e antitóxicas.