Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Empanada millo con berberechos

15 Xullo, 2015

Empanada millo con berberechos

Empanada millo con berberechos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 30 g Aceite de oliva
  • 45 g Berberecho
  • 65 g Cebola
  • 55 g Fariña de millo
  • 15 g Fariña de trigo
  • 3 g Fermento
  • 10 g Pemento vermello
  • 1 g Sal
  • 5 g Tomate

Instruccións

A masa estará formada por fariña de millo, fariña de centeo, fermento e auga morna. Amasamos todo e deixámolo repousar. Estiramos a masa coa axuda dun rolo para formar a base. Para o recheo sofritimos unhas cebolas, un chisco de perexil, uns pementos e pemento doce. Colocamos, sobre a base,unha capa deste rustrido e enriba deste colocamos os berberechos previamente fervidos en auga. Tapamos a empanada coa outra capa de masa e enfornamos durante 1 h aproximadamente.

Esta empanada faise na vila coruñesa de Noia pero, en xeral, en todas as Rías Baixas. Diferénciase das demais porque se fai con fariña de millo en vez de fariña de trigo. Caracterízase porque a masa non queda uniforme e compacta, como a de trigo, senón prensada. O berberecho achéganos unha baixa cantidade de graxa ao igual que de colesterol. Destaca o seu contido en ferro axeitado para persoas con anemia e tamén fai que este sexa un alimento recomendado para persoas que practican deportes intensos xa que estas persoas teñen un gran desgaste deste mineral.

Ensalada muiñeira

Ensalada muiñeira

Ensalada muiñeira

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 20 g Oliva
  • 75 g Leituga
  • 0.5 g Pementa negra
  • 30 g Queixo de tetilla
  • 0.5 g Sal
  • 5 g Vinagre

Instruccións

Lavar ben a leituga, escorrela e cortala en anacos grandes. Poñela logo sobre unha fonte para servir e sazonala con sal, pementa e co aceite e co vinagre batidos. Retirarlle a tona ao queixo, cortalo en dadiños e colocalos sobre a leituga xunto coas olivas.

A leituga ten un baixo contido en graxas e en hidratos de carbono, unha elevada cantidade de auga polo que contén moi poucas calorías. É idónea para dietas de adelgazamento. É especialmente rica en potasio e en betacaroteno. Este último outórgalle propiedades antioxidantes e anticanceríxenas. O queixo de tetilla contén calcio que fortalece os ósos e é recomendable para mulleres embarazadas. Ten unha boa cantidade de proteínas que interveñen no desenvolvemento muscular e, tamén, contén fósforo que mellora as funcións biolóxicas do cerebro. As olivas polo seu contido en sal deben consumirse moderadamente por persoas obesas ou hipertensas. Conteñen vitamina A, C, calcio, ferro e fibra.

Ensalada completa

Ensalada completa

Ensalada completa

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 30 g Oliva
  • 15 g Atún
  • 15 g Cebola
  • 30 g Espárrago
  • 55 g Leituga
  • 40 g Millo
  • 70 g Tomate
  • 3 g Vinagre

Instruccións

Lavamos os ingredientes e cortámolos. Colocámolos, nunha fonte, e regamos con aceite e vinagre ao gusto.

A ensalada completa permítenos incorporar unha gran variedade de verduras e hortalizas que cobren as necesidades diarias de vitaminas e minerais. A leituga ten un baixo contido calorífico que favorece a dixestión e, en xeral, é beneficiosa para todo o aparato dixestivo. Ademais contén calcio, magnesio, fósforo, potasio, sodio e ferro. O atún posúe grandes cantidades de ácidos graxos omega 3, bos para o corazón, ademais contén proteínas e poucas calorías e graxas. Os espárragos e o millo proporcionan fibra á ensalada. O tomate é un bo antioxidante polo seu contido en licopeno. Tamén é rico en cobre e en potasio. A cebola, polo seu contido en compostos de xofre, ten poder bactericida.

Ensalada de camaróns agróns, tomate e aguacate

Ensalada de camaróns agróns, tomate e aguacate

Ensalada de camaróns agróns, tomate e aguacate

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 90 g Agrón
  • 35 g Camarón
  • 10 g Limón
  • 50 g Tomate

Instruccións

Poñemos auga a ferver e cando chegue ao punto de ebulición metemos e sacamos rapidamente os camaróns e cubrimos con sal gordo e deixámolos así durante un par de horas, así acadarán o punto de sal adecuado. Pelamos os tomates e eliminámoslles as pebidas, picamos a polpa, en dados do tamaño do garavanzo, e aliñámolos con aceite e sal. Lavamos os agróns e seleccionamos as follas e colocámolas, nun prato, en forma de leito. Preparamos, á parte, unha vinagreta lixeira con aceite e zume de limón rebaixado con auga para facelo máis suave, un pouco de pementa negra. Batemos a mestura ata conseguir que emulsione. Sobre o leito de agróns, colocaremos unha capa de tomate mesturado previamente con aguacate e sobre isto, os camaróns. Regamos coa vinagreta e sérvese.

Tanto os camaróns como os agróns e o tomate presentan un baixo contido en calorías, a excepción do aguacate cuxo nivel de graxas e calorías é máis elevado. Estas graxas son monoinsaturadas e considéranse saudables. Os camaróns conteñen ácidos graxos omega 3 que se consideran cardiosaudables. Os agróns polo seu contido en fibra teñen un alto poder de saciedade. O tomate, pola súa parte, é unha boa fonte de vitamina C e ten un gran poder antioxidante debido ao seu contido en betacarotenos. O aguacate tamén ten un bo contido en fibra polo que é beneficioso para reducir o colesterol.

Ensalada de angulas con escarola

Ensalada de angulas con escarola

Ensalada de angulas con escarola

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Allo
  • 55 g Angula
  • 55 g Escarola
  • 3 g Limón
  • 40 g Tomate
  • 5 g Vinagre

Instruccións

Colocar nunha fonte a escarola e as angulas. Aliñar cunha emulsión de auga quente e aceite mesturada con allo, tomate sen pel picado de xeito moi fino, limón, vinagre, sal e pementa.

A escarola apenas ten calorías, e presenta un elevado contido de auga. Contén unha gran cantidade de vitamina C polo que é un bo antioxidante. Tamén destaca o seu contido en provitamina A que se transforma en betacaroteno no fígado e é fundamental na produción de glóbulos vermellos e brancos. A escarola é beneficiosa para o sistema dixestivo debido a que as súas follas conteñen intibina, este é o composto responsable do seu sabor amargo. A angula presenta un gran contido en graxa. É rica en proteínas e destaca polo seu gran valor enerxético. O contido en colesterol é baixo. Posúe minerais como o ferro, o calcio e o iodo.