Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Año ao forno

15 Xullo, 2015

Año ao forno

Año ao forno

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 10 g Brandy
  • 50 g Cebola
  • 160 g Año
  • 100 g Pataca
  • 0.5 g Sal
  • 2 g Tomiño
  • 30 g Viño branco

Instruccións

Adobamos o año con allo en po e tomiño. Introducímolo nunha bandexa no forno. Douramos a cebola ben picada nunha tixola con aceite e botamos este aceite coado sobre o año. Engadimos un chorro de viño branco para asar o año no forno durante 50 min. Dámoslle a volta ao año para que se faga ben por ambos os dous lados. Unha vez que pase este tempo, botámoslle brandy e, se se desexa, úntase cada anaco de año con manteiga para, posteriormente, gratinar a 250 ºC.

O año é unha carne moi habitual na cociña mediterránea, ademais de Arxentina, India e algunhas partes de China. En España destaca o año de Castela-León que ten denominación de orixe. O año ao forno considérase un prato típico das festas de Nadal. A carne de año é unha das máis graxas que hai polo que se recomenda consumila de xeito moderado. É unha fonte de proteínas de alta calidade e de vitaminas do grupo B, especialmente a B2 e a B12 que axudan a previr as anemias; ademais, tamén ten ferro. É unha carne rica en fósforo, sodio e cinc, polo que é unha carne de alto valor nutritivo.

Corzo asado

Corzo asado

Corzo asado

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 120 g Corzo
  • 0.5 g Loureiro
  • 150 g Pataca
  • 0.5 g Perexil
  • 40 g Pemento vermello
  • 0.5 g Sal
  • 20 g Vinagre
  • 40 g Viño branco

Instruccións

Córtase en toros o corzo e adóbase con aceite, vinagre e con allo, perexil e cebola moi picados. Déixase macerar durante catro días na neveira, de maneira que a carne súe. O sabor do adobo mesturarase co da carne e conseguirase un sabor máis intenso. Non se salga a peza ata o día anterior no que se cociñe, despois de escorrida. Dóurase o allo en aceite nunha cazola baixa, engádese o corzo, a folliña de loureiro, régase con abundante viño branco e un chorro de aceite. Despois dunhas voltas a lume intenso, pásase a unha bandexa de forno onde teremos unha cama de cebola e aceite. Cocíñase no forno a lume medio durante unha hora, que se pode prolongar segundo o tamaño dos anacos de corzo.

O corzo está englobado dentro da caza maior. A súa mellor época é o outono avanzado, de outubro a xaneiro. A súa carne é magra, tenra, saborosa e cunha característica moi especial, está suavemente perfumada, é dicir, ole a caza. O corzo posúe poucas calorías xa que a súa carne ten pouco contido graxo polo que é un bo prato para persoas que seguen algunha dieta baixa en calorías.

Crema de grelos

Crema de grelos

Crema de grelos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 50 g Cebola
  • 160 g Grelo
  • 80 g Pataca
  • 1 g Pementa negra
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Refogamos a cebola. Despois duns minutos, engadimos as patacas e os grelos. Antes de que se coza a mestura, aderezamos con sal e pementa. Cando os grelos estean tenros, retiramos do lume e batemos.

Este prato é idóneo para consumir en inverno como xeito de combater o frío. Os grelos son ricos en provitamina A, ácido fólico e vitamina C. A provitamina A xoga un papel importante para ter unha boa visión. O ácido fólico é necesario para a formación de proteínas e hemoglobina. A vitamina C é un bo antioxidante. As patacas dan maior consistencia ao prato e enriquéceno en hidratos de carbono complexos, principalmente en forma de amidón. Polo escaso contido en calorías dos vexetais e o emprego dunha cantidade reducida de graxa, este prato está moi indicado para incluír nas dietas de adelgazamento.

Crema de espárragos verdes con cogomelos de Coresma

Crema de espárragos verdes con cogomelos de Coresma

Crema de espárragos verdes con cogomelos de Coresma

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Caldo de polo
  • 40 g Espárrago verde
  • 3 g Manteiga
  • 0.5 g Pementa negra
  • 0.5 g Sal
  • 40 g Cogomelo

Instruccións

Estes cogomelos son dos poucos que se deben de lavar, xa que adoitan ter areas. Poñemos, ao lume, unha tarteira con auga, cando ferva botamos os espárragos e deixámolos facer durante uns 8 min. Tras estes minutos retíranse, rapidamente, e métense nun cazo con auga moi fría. Unha vez fríos, tritúranse e pásanse polo triturador. Engádeselle ao puré caldo de polo caseiro, sal e pementa e ponse a cocer. Á parte, nunha tixola, fritimos en manteiga os cogomelos ata que estean algo torradiños. Mestúrase coa crema e sérvese.

Tanto os espárragos como os cogomelos posúen poucas calorías xa que o seu contido en graxas é baixo. Os espárragos son diuréticos, é dicir, favorecen a eliminación de líquidos, polo que son moi apropiados para persoas que sofren retención de líquidos e hipertensión. Ademais, son ricos en vitamina C e fibra. Os cogomelos, pola súa parte, conteñen potasio que tamén favorece a eliminación de líquidos, así como moito fósforo, que axuda a activar as actividades mentais. Conteñen cantidades interesantes de ferro, cobre e cinc.

Crema fría de algas con ameixas

Crema fría de algas con ameixas

Crema fría de algas con ameixas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 90 g Alga
  • 15 g Ameixa
  • 20 g Nata
  • 60 g Pataca
  • 1.5 g Pementa negra
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Cortamos as algas (Nori verde, preferiblemente) en varios anacos e as patacas en dous. Poñemos nunha cazola auga con sal, as hortalizas, medio limón e quéntase ata ebulición, momento no que se baixa o lume e déixase cocer, lentamente, durante media hora aproximadamente. Unha vez feito, sácaselle o limón e déixase arrefriar. Pasamos a verdura polo triturador e mesturamos coa auga da cocción, acadando unha mestura lixeira. Engadimos a nata e unhas ameixas vivas e poñemos a mestura ao lume só ata que as ameixas se abran, salpementamos e deixamos arrefriar para servir.

Na elaboración desta crema utilízase a alga Nori que favorece a diminución do colesterol e de metais pesados no sangue. Ten contidos moi altos en proteínas, ferro, potasio, magnesio, calcio, provitamina A, vitaminas B e iodo. As ameixas teñen poucas calorías ao prato. Debido ao seu contido en ferro recoméndase para persoas que padecen anemia ou que practican actividades físicas intensas. Proporcionan proteínas de elevado valor biolóxico e presentan unha cantidade considerable de potasio que favorece a eliminación de líquidos. Así é adecuado para persoas hipertensas.