Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Cigalas cocidas

15 Xullo, 2015

Cigalas cocidas

Cigalas cocidas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 150 g Cigala
  • 1 g Loureiro
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Cocer durante 5 min as cigalas en auga salgada cunha folla de loureiro.

Podemos atopar dous tipos de cigalas frescas durante todo o ano: a cigala de ría que é capturada pola frota de arrastre galega, máis presente nos meses de maio a xullo, e a do Gran Sol. Péscase durante todo o ano. De todos os crustáceos, a cigala é a que posúe menos calorías e a cantidade de graxas que contén é a máis baixa dos crustáceos despois dos percebes. En canto aos minerais e ás vitaminas destaca o seu contido en potasio, fósforo, magnesio, iodo e vitamina B12. O seu principal nutriente son as proteínas.

Cocido de entroido

Cocido de entroido

Cocido de entroido

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 50 g Agulla de tenreira
  • 70 g Cabeza de porco
  • 50 g Chourizo
  • 50 g Galiña
  • 20 g Garavanzo
  • 40 g Xamón
  • 80 g Lacón
  • 100 g Pataca
  • 30 g Rabo de porco
  • 115 g Repolo
  • 15 g Touciño

Instruccións

Para que as carnes non resulten tan salgadas, introdúcense en auga o día antes, así perden parte do sal. Comezamos introducindo, nunha pota alta, o lacón, o xamón, a cabeza de porco, a tenreira, a galiña e os chourizos. Á media hora, retiramos os chourizos e un pouco de auga para cocer, á parte, os garavanzos. Tamén, coceremos, á parte, o repolo e as patacas. Cando todo estea ben cocido, devolvo á pota os chourizos (así quentaranse antes de ser servidos). Serviremos as carnes nunha mesma fonte e o resto noutra (ou se se prefire os garavanzos e o chourizo nun terceira fonte).

Este prato preside a mesa en Galicia nos fríos días de inverno na época do Entroido onde o porco é o principal protagonista. O Entroido celébrase especialmente nas localidades ourensás de Laza, Verín e Xinzo de Limia. O cocido é un alimento moi completo desde o punto de vista nutricional xa que contén todos os ingredientes necesarios para unha dieta axeitada. Contén proteínas (nas carnes), hidratos de carbono (nas patacas e nos garavanzos) e minerais (fósforo, ferro, cal, potasio, sodio e magnesio).

Cocido galego

Cocido galego

Cocido galego

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 80 g Agulla de tenreira
  • 20 g Cabeza de porco
  • 50 g Chourizo
  • 50 g Costela de porco
  • 20 g Faba
  • 20 g Uñas de porco
  • 10 g Manteiga
  • 15 g Orella de porco
  • 85 g Pataca
  • 115 g Repolo
  • 15 g Touciño

Instruccións

En primeiro lugar, fervemos nunha pota as fabas coa manteiga, xusto cando rompe a ferver introduciremos as carnes. Tras, aproximadamente unha hora, engadimos a verdura. Máis tarde tamén meteremos as patacas e o chourizo.

Este prato considérase relativamente moderno. É moi consumido na época do carnaval e ao longo de todo o inverno. O cocido que coñecemos hoxe en día é sinónimo de variedade e abundancia e ten a súa referencia no famoso cocido de Lalín, pero antigamente era impensable consumir tantas variedades de carne á vez. É un prato moi nutritivo, completo e contundente pola variedade dos alimentos que o compoñen.

Paspallás con feixóns

Paspallás con feixóns

Paspallás con feixóns

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 140 g Paspallás
  • 10 g Fariña
  • 0 g Óso de xamón
  • 80 g Feixó
  • 100 g Pataca
  • 0.5 g Sal
  • 30 g Tomate

Instruccións

Elaboramos un caldo con óso de xamón, que nos servirá para cocer, posteriormente, o paspallás e os feixóns. Despois, facemos un rustrido con cebola, allo e tomates. Unha vez feito o rustrido, incorporámoslle un pouco de fariña diluída en auga quente. Servimos o paspallás e os feixóns bañados co rustrido.

O paspallás ten unha carne preta e branca que é moi apreciada e, ademais, é unha das que menos calorías ten debido ao seu menor contido en graxa, por iso o paspallás pode substituír a outras carnes máis graxas. A carne de paspallás contén vitamina B3, ademais de graxas e ferro. Tamén é rica en proteínas, mesmo en maior cantidade que a carne de polo ou de pavo. É pobre en colesterol polo que é unha boa alternativa cando se leva unha dieta de adelgazamento.

Coliflor á galega

Coliflor á galega

Coliflor á galega

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 210 g Coliflor
  • 60 g Ovo

Instruccións

Cocer a coliflor en auga fervendo con sal e reservar. Preparar unha allada quentando o aceite para fritir o allo ata que este doure e, engadir unha vez temperado, o pemento doce. Deixamos repousar. Cocemos un ovo para servir xunto coa coliflor.

O coliflor contén moi poucas calorías, xa que apenas ten graxas e tamén presenta unha pequena cantidade de hidratos de carbono. A elevada proporción de potasio que contén fai que favoreza a eliminación de líquidos o que unido ás súas escasas calorías fai que sexa perfecta para incluír nunha dieta de adelgazamento. O ovo cocido que acompaña á coliflor é rico en proteínas doadamente dixeribles e o seu contido en calorías é relativamente baixo. A xema concentra as vitaminas liposolubles (A, D e E), os carotenoides (antioxidantes) e a colina que é un nutriente esencial para o funcionamento cardiovascular e cerebral. A clara ten case un 90% de auga e proteínas, entre as que destaca sobre todo a ovoalbúmina.