Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Chulas de arroz

15 Xullo, 2015

Chulas de arroz

Chulas de arroz

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 7 g Arroz
  • 0.4000000059604645 g Azucre
  • 13 g Fariña
  • 10 g Ovo
  • 7 g Leite

Instruccións

Para facer a masa empezamos botando nun recipiente o azucre e os ovos e mesturámolos ben. Unha vez que estean ben mesturados, engadimos o leite e a fariña, pouco a pouco, ao tempo que imos removendo todo ben. Cocemos o arroz e engadímolo á mestura anterior. Imos collendo pequenos anacos da masa para fritilos nunha tixola con aceite moi quente. Unha vez que collan certa cor, retirámolos e eliminamos a parte da graxa que conteñen con papel. Como presentación final podémoslles botar azucre por enriba.

As chulas son unha das sobremesas caseiras máis tradicionais de Galicia. O arroz constitúe unha boa fonte de hidratos de carbono. É enerxético. O seu contido de graxas e colesterol é practicamente nulo e as calorías que contén son baixas. Posúe minerais como o potasio, o fósforo e o magnesio, aínda que tamén é moi rico en vitaminas do complexo B que axudan o metabolismo con hidratos de carbono e o sistema nervioso na súa totalidade.

Chulas

Chulas

Chulas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 1 g Azucre
  • 13 g Fariña
  • 10 g Ovo
  • 7 g Leite

Instruccións

Bátense os ovos co azucre. Engádese o leite, mesturando ben, e vaise incorporando a fariña, sen deixar de bater, ata conseguir unha masa semilíquida. Vanse botando pequenas cantidades de masa nunha tixola con abundante aceite ben quente, fritíndoas ata que estean douradas. Sácanse e escórrense nun papel de cociña para quitar o exceso de graxa; esparexemos, por riba, cun pouco de azucre.

Esta é unha sobremesa típica e tradicional de Galicia. É un prato con moitas calorías e sérvese quente polo que é ideal como sobremesa de inverno. Tamén hai outra versión das chulas na que estas bólas de masa se facían coa finalidade de aproveitar a comida sobrante. Adoitábanse encher de moi diversos ingredientes, podían ser salgadas recheas de carne, peixe e verdura.

Costeleta de porco

Costeleta de porco

Costeleta de porco

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 25 g Aceite de oliva
  • 190 g Costeleta de porco
  • 155 g Pataca
  • 1 g Sal

Instruccións

Fritir a costeleta nunha tixola con abundante aceite.

A costeleta de porco é unha parte da carne próxima ás costelas do animal. As costeletas de porco son un alimento rico en vitamina B1 que axuda a superar o estrés ou a depresión, por iso tamén é recomendable en períodos de lactación, embarazo ou convalecencia. Contén, por outra parte, todas as substancias minerais esenciais para o organismo, se exceptuamos o calcio. Hai que destacar a cantidade de ferro, en forma de ferro hemo, que se absorbe doadamente. A carne de porco non contén vitaminas liposolubles A, D, K e F, a excepción das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D.

Costeleta de tenreira

Costeleta de tenreira

Costeleta de tenreira

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 30 g Aceite de oliva
  • 260 g Costeleta de tenreira
  • 155 g Pataca
  • 1 g Sal

Instruccións

Fritir a costeleta nunha tixola con abundante aceite.

A costeleta de tenreira é unha corte de carne de calquera parte do lombo de tenreira. É unha carne moi substanciosa e tenra. A carne de vacún é menos graxa que a de año e de porco e, por iso, denominábaselle “carne magra” xunto coa de polo e coello. Dependendo da parte do animal tamén hai diferenzas; por exemplo, a costeleta de tenreira é máis graxa que o solombo.

Costeletas de cabrito á grella

Costeletas de cabrito á grella

Costeletas de cabrito á grella

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 160 g Cabrito
  • 10 g Manteiga
  • 120 g Pataca
  • 0.5 g Sal

Instruccións

Asar uns poucos minutos na grella as costeletas que previamente se aderezaron ao gusto. É posible conseguir un sabor diferente se antes de asalas se untan con manteiga de porco fundida.

O cabrito é unha carne graxa pero a maioría atópase debaixo da pel e ao cociñala tamén se elimina unha gran cantidade. A carne de cabrito é unha fonte pobre de hidratos de carbono pero rica en ferro de boa absorción que lle confire a tonalidade escura que o caracteriza. O cinc que exerce unha importante acción antioxidante, tamén é outro mineral que destaca. Fósforo, potasio e magnesio están presentes en cantidades elevadas, aínda que de forma similar a outras carnes. En canto ás vitaminas do grupo B destaca o seu contido en vitamina B1 ou tiamina que axuda a converter os carbohidratos en enerxía.