Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Raia á galega

15 Xullo, 2015

Raia á galega

Raia á galega

Información nutricional:

Kcal: 316,4
Proteínas: 36,2%
Hidratos de carbono: 31,6%
Lípidos: 32,2%

Ingredientes

  • 150 g raia
  • 1 (100g) pataca
  • 20 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • 5 g pementa doce
  • loureiro

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar e cortar a raia. Poñer a cocer en auga con loureiro as patacas cortadas en rebandas grosas. Ós 8 min. engadir o peixe e cocer de 5 a 8 minutos máis. Á parte preparar un aduboco aceite, allo e pemento. Servir a raia enriba das patacas acompañado por chícharos cocidos á parte e a salsa allada por riba.

Vantaxes:
A raia é un peixe branco e, polo tanto, cun baixo contido lipídico. O seu aporte proteico tamén é reducido, pero de alto valor biolóxico, xa que contén todos os aminoácidos esenciais. Tamén aporta vitaminas e minerais pero en cantidades pouco significativas.
Os chícharos compóñense fundamentalmente de auga, pero destacan os hidratos de carbono, vitaminas do grupo B e C, minerais (fósforo e magnesio) e fibra , que aportan numerosos beneficios para o organismo. Estas substancias favorecen a circulación do sangue diminuíndo o colesterol. Posúen un efecto regulador do azucre en sangue que intervén no mantemento dos niveis. Aportan proteínas vexetais e minerais construtivos favorecendo o desenvolvemento das células e a súa renovación.

Flan de queixo

Flan de queixo

Flan de queixo

Información nutricional:

Kcal: 174,7
Proteínas: 20,9%
Hidratos de carbono: 42,9%
Lípidos: 36,1%

Ingredientes

  • 20 g queixo cremoso
  • 25 g ovo
  • 15 g azucre
  • 75 g leite desnatado

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Caramelizar un molde de pudin. Mesturar todos os ingredientes e triturar. Verter a mestura no molde e cocer ó baño maría aprox. 40 min. no forno a 170ºC. Desmoldar en frío e cortar.

Vantaxes:
Segundo o contido en graxa, variará o valor nutricional dos queixos, pero en termos xerais pódese dicir que son fonte de calcio, proteínas e fósforo. Ademais son aptos para intolerantes a lactosa, xa que no queixo a lactosa convírtese practicamente na súa totalidade en ácido láctico. Ademais o queixo contén todos os nutrientes esenciais da leite pero concentrados.

Espetada de tenreira

Espetada de tenreira

Espetada de tenreira

Información nutricional:

Kcal: 338,6
Proteínas: 26,3%
Hidratos de carbono: 30,79%
Lípidos: 43,1%

Ingredientes

  • 1 0g lombo tenreira
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 (60 g) cebola
  • 1/2 (60 g) pemento verde
  • 20 g tomate cherry
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Cortar o lombo de tenreira en dados e inserir nunha espetada intercalando pemento e cebola previamente salteados en aceite. Terminar na punta cun tomate cherry. Esta espetada salpiméntase e marcase no ferro por ambas caras. Acompañar de patacas tipo chip, reixiña ou palla.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.

Lentellas estofadas con chourizo

Lentellas estofadas con chourizo

Lentellas estofadas con chourizo

Información nutricional:

Kcal: 625
Proteínas: 17,3%
Hidratos de carbono: 32%
Lípidos: 50,7%

Ingredientes

  • 1 vaso (200mL) auga
  • 70 g lentellas
  • 50 g cebola
  • 25 g chourizo caseiro
  • 20 g tocino
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Introducir en auga fría todos os ingredientes cortados en dados (excepto a pataca que se engadirá á media hora) e cocer lentamente ata que estea todo cocido. Dar o punto de sal e deixar repousar.

Vantaxes:
As lentellas son fonte natural de proteínas. A riqueza proteica e de ácidos nucleicos favorece a loita fronte o envellecemento celular. As lentellas posúen un alto contido en hidratos de carbono, pero as legumes teñen a capacidade de controlar a glicosa que se incorpora na sangue. Ademais as lentellas conteñen un alto porcentaxe de potasio, que favorece a eliminación de líquidos do organismo. Son ricas en vitaminas do grupo B, ácido fólico e ferro.

Inconvenientes:
O ferro de orixe vexetal é de máis difícil absorción que o ferro de orixe animal. Por outra parte, aínda que o chourizo presenta proteínas de gran valor biolóxico, debemos moderar o seu consumo polo seu alto contido enerxético e graxo.

Xeado Nestlé Extrem

Xeado Nestlé Extrem

Xeado Nestlé Extrem

Ingredientes

  • 1 xeado Nestlé Extrem

Instruccións

Suxerencia de postre.

Vantaxes:
O xeado é boa fonte de vitaminas, minerais, hidratos de carbono, proteínas, fibra e lípidos. No Libro Branco dos Xeados, editado pola Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria, recóllense os beneficios dos xeados, a súa composición e as súas propiedades. Segundo este libro, os xeados deben deixar de ser considerados como un produto que non alimenta e que engorda para pasar a ser un alimento equilibrado e un aporte de calcio importante na nosa dieta. Esta publicación informa de que segundo o tipo de xeado os nutrientes varían, aínda que 100 gramos de produto conteñen achega de 233 kilocalorías, 3,3 gramos de proteínas, 26,7 de azucres, 12,5 de graxas, 99 miligramos de calcio, minerais e vitaminas.