Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Xoubiñas guisadas con salsa de tomate

15 Xullo, 2015

Xoubiñas guisadas con salsa de tomate

Xoubiñas guisadas con salsa de tomate

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 4 g Allo
  • 1 g Alfabaca
  • 5 g Brandy
  • 37 g Cebola
  • 0.5 g Sal
  • 60 g Tomate
  • 100 g Xouba

Instruccións

Facer un rustrido con allo, cebola e tomate moi maduro e pelado. Picar estes ingredientes miudiños e darlle ao rustrido un toque cun chorriño de brandy. Despois, guisar a lume lento as xoubas nunha cazola de barro e, cando estean listas, dispoñer o rustrido anterior no fondo.

É moi típico en Galicia preparar estes pequenos exemplares da sardiña guisados. É un peixe azul que se coñece e pesca desde a antigüidade. Presenta un alto contido en auga, proteínas e graxas insaturadas. Estas últimas conteñen ácidos graxos omega 3, con propiedades cardiosaudables. Teñen un alto contido en vitaminas A, B, D e K, e son ricas en minerais como sodio, fósforo, calcio, magnesio e ferro. O tomate contén un lixeiro sabor doce, idóneo para acompañar as sardiñas. Ademais ten vitamina C, un antioxidante e posúe poucas calorías, dado o seu elevado contido en auga. Contén fibra para mellorar o tránsito intestinal e apenas contén sodio polo que é idóneo para persoas hipertensas.

Acelgas con pasas

Acelgas con pasas

Acelgas con pasas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 160 g Acelga
  • 5 g Allo
  • 20 g Cebola
  • 16 g Pasas de Corinto
  • 80 g Pataca
  • 9 g Piñón
  • 0.20000000298023224 g Sal

Instruccións

Cocemos as acelgas e acompañámolas de patacas fritidas en tacos, a cebola e o allo estufados e con piñóns e pasas pasados pola tixola.

Este prato contén unha gran cantidade de fibra que posúen as acelgas e as pasas, necesaria para regular o tránsito intestinal. O seu contido en calorías compénsase xa que as pasas conteñen bastantes calorías debido aos hidratos de carbono simples que conteñen e as acelgas presentan unha baixa cantidade de calorías. As acelgas son unha importante fonte de iodo que manten o correcto funcionamento da glándula tiroide. O prato tamén posúe ferro, contido nas acelgas nas pasas que axuda a previr a anemia. Tamén cabe destacar o calcio que teñen que axuda a previr a osteoporose e manter os ósos e os dentes sans.

Agulla de tenreira estufada

Agulla de tenreira estufada

Agulla de tenreira estufada

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 180 g Agulla de tenreira
  • 5 g Allo
  • 40 g Caldo de carne
  • 30 g Cebola
  • 10 g Fariña
  • 120 g Pataca
  • 20 g Porro
  • 1 g Sal
  • 25 g Salsa de tomate
  • 40 g Viño tinto
  • 30 g Cenoria

Instruccións

Cortamos a carne en anacos non moi grandes, salgamos, pasamos por fariña e dourámolos nunha tixola, en aceite moi quente. Pasámolos a unha pota. Nesa tixola, douramos as verduras picadas en dados, non moi pequenos. Engadimos o viño á carne e deixamos reducir. Engadímoslle as verduras e o tomate. Mollamos co caldo e cocemos ata que a carne estea tenra. As patacas córtanse en dados e frítense, lixeiramente, para engadir ao final a carne.

A carne de tenreira é magra xa que a seu contido de graxa é inferior ao 10% e por iso se considera ideal para a preparación de guisos. Trátase dun alimento altamente nutritivo cun elevado contido en proteínas de alto valor biolóxico, un baixo contido graxo e alta presenza de ferro de doada absorción, polo que o seu consumo se recomenda especialmente a aquelas persoas que padecen de anemia. Debido a que se trata dunha carne rica en fibras musculares o seu consumo pode resultar indixesto para as persoas que teñen o estómago delicado.

Alcachofas á prancha con vinagreta

Alcachofas á prancha con vinagreta

Alcachofas á prancha con vinagreta

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Aceite de oliva
  • 72 g Alcachofa
  • 10 g Limón
  • 0.5 g Pementa negra
  • 1 g Sal
  • 5 g Vinagre

Instruccións

Preparar unha vinagreta mesturando ben aceite, vinagre e sal cun chisco de pementa. Deixar as alcachofas, sen o talo, en auga cun chorro de limón, un anaco antes de cortalas en toros e de quitarlles as peles do interior. Seguidamente, escórrense e pásanse pola prancha ata que se douren. Presentalas cun chorro de vinagreta por enriba.

A orixe da alcachofa sitúase en Exipto e, posteriormente, estendeuse pola zona mediterránea. Consumíase na antiga Grecia e en Roma, onde se consideraba deliciosa. Aínda moitos científicos discuten se a planta da alcachofa é a mesma planta que a do cardo. As alcachofas favorecen a dixestión, reducen os niveis de colesterol e, ademais, preveñen enfermidades hepáticas. Tamén son diuréticas e ricas en potasio, magnesio, ferro e calcio. Moi recomendada en casos de diabete, pois axuda a rebaixar os niveis de azucre en sangue.

Ameixas á mariñeira

Ameixas á mariñeira

Ameixas á mariñeira

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Aceite de oliva
  • 8 g Allo
  • 32.25 g Ameixa
  • 2 g Azafrán
  • 40 g Cebola
  • 20 g Fariña
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Pemento doce
  • 0.5 g Pemento picante
  • 0.5 g Sal
  • 70 g Viño branco

Instruccións

Como pasa con outros moluscos, as ameixas hai que limpalas ben de areas deixándoas en abundante auga con sal durante varias horas. Pícase moi ben a cebola, o allo e o perexil e dóurase todo nunha pota cun chorro de aceite. Engádese o azafrán e o pemento. A continuación, régase cun vaso de viño e cunhas culleradas de fariña removendo ben para obter unha salsa un pouco espesa. Noutra cazola ábrense as ameixas ao vapor. Pásanse a unha bandexa e báñanse coa salsa acabada de facer.

Podemos atopar ameixas ao longo de todas as rías galegas. Este prato é típico da cociña tradicional galega, baixo en calorías e graxas, e rico en proteínas, tamén contén ferro e vitamina B12. As ameixas son un dos alimentos máis ricos en ferro e vitamina B12 polo que preveñen as anemias. Ademais, proporciona vitamina C que facilita a absorción do ferro e coida as articulacións. A súa riqueza en selenio antioxidante fai das ameixas un prato protector do envellecemento celular.