Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Bertorella ás finas herbas

15 Xullo, 2015

Bertorella ás finas herbas

Bertorella ás finas herbas

Información nutricional:

Kcal: 428,9
Proteínas: 49,9%
Hidratos de carbono: 23,9%
Lípidos: 26,2%

Ingredientes

  • 150 g bertorella
  • 100 mL caldo peixe
  • 60 g cebola
  • 50 g arroz
  • 5 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • ceboliño
  • estragón
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar o peixe e cortar en rebandas. Sazonar con sal e marcar lixeiramente no ferro. Facer a salsa velouté: refogar a fariña no aceite sen que se toste e engadir o caldo de peixe quente. Salgar, debe quedar como unha bechamel lixeira. Engadir as herbas picadas finamente. Cocer arroz en branco aparte e colocar a bertorella sobre o arroz e cubrir coa salsa.

Vantaxes:
A brótola ou bertorella, nome polo que se coñece comercialmente a esta especie, é un peixe branco, aínda que dependendo da época e do seu tamaño tamén se lle pode considerar peixe semigraxo. Os peixes brancos son baixos en graxas; ricos en proteínas de alto valor biolóxico e posúen diferentes vitaminas e minerais. Destacan polo seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). En relación aos minerais, os peixes brancos posúen potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.

Guiso de lombo de porco

Guiso de lombo de porco

Guiso de lombo de porco

Información nutricional:

Kcal: 442,9
Proteínas: 30,4%
Hidratos de carbono: 33,7%
Lípidos: 35,9%

Ingredientes

  • 125 g lombo porco
  • 1 (100g) pataca
  • 50 mL viño branco
  • 60 g pemento vermello
  • 50 g salsa tomate
  • 40 g cebola
  • 25 g chícharos
  • 25 g cenoria
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar o lombo en anacos regulares, salpementar e dourar nunha tixola cun pouco de aceite de oliva. Nese mesmo aceite rustrir a cebola, os pementos vermellos e a cenoria cortado todo en brounoisse. Pasar a unha cazuoa a lume medio, tanto o lombo dourado como a verdura rustrida. Cando comece a quentarse o conxunto agregar o viño branco e, cando se evapore o viño verter a salsa de tomate. Cubrir con auga e deixar que ferva suave durante 30 min. aproximadamente. Por outra banda pelar e cortar as patacas en cubos grandes. Fritir a lume suave para que se cociñe por dentro e dóurese por fóra. Cando o guiso estea xa cociñado agregar os chícharos e a pataca pochada, damos un fervor de 5 minutos. Deixar repousar.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Paella

Paella

Paella

Información nutricional:

Kcal: 322,7
Proteínas: 29,5%
Hidratos de carbono: 30,5%
Lípidos: 40%

Ingredientes

  • 60 g arroz
  • 50 g pemento verde
  • 20 g peituga polo
  • 20 g gambas
  • 20 g cebola
  • 40 g salsa tomate
  • 100 mL caldo polo
  • 1 dente (4g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • colorante alimentario
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Nunha paella refogamos o polo cortado en dados e reservamos. Nesa mesma paella refogamos as verduras e rustrimos o arroz, engadimos o tomate en salsa e o polo dourado. Mollamos co caldo (dobre de caldo que de arroz), cando levante o fervor damos o punto de sal e introducimos ao forno 15 min a 180ºC.

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.

Entrecote de tenreira con salsa de Oporto

Entrecote de tenreira con salsa de Oporto

Entrecote de tenreira con salsa de Oporto

Información nutricional:

Kcal: 656,6
Proteínas: 30,1%
Hidratos de carbono: 25,7%
Lípidos: 44,2%

Ingredientes

  • 150 g entrecote tenreira
  • 50 g arroz
  • 40 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 100 mL caldo carne
  • 100 mL viño oporto
  • 5 g fariña
  • tomiño
  • pementa
  • perexil
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Cociñar o entrecote na prancha cun pouco de aceite de oliva, volta e volta; engadindo o sal cando xa estean cociñados. Facer a salsa de oporto pochando en aceite o allo e a cebola, mollar con oporto até evaporar o alcol, engadir a fariña sen que se queime e terminar co caldo. No momento de servir engadir un chorro de nata á salsa. Servir o entrecote cubrindo coa salsa e acompañado de arroz branco ao forno.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.

Arroz con costela

Arroz con costela

Arroz con costela

Información nutricional:

Kcal :790,5
Proteínas: 40,4%
Hidratos de carbono:23%
Lipidos:55,6%

Ingredientes

  • 150 g de costilla de cerdo ( con hueso)
  • 50 g de arroz
  • 25 g pemento vermello
  • 5 g allo
  • 20 g cenoria
  • 20 g chícharos
  • 150 g caldo de carne
  • 25 g salsa de tomate
  • 1 g colorante alimentario
  • 5 g aceite de oliva

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar la costilla en cuadrados no muy grandes y saltear en el aceite. Añadir el ajo, pimientos y zanahoria picados. Añadir el arroz y sofreír. Agregar salsa de tomate y mojar con caldo coloreado muy caliente en volumen doble que el de arroz. Poner los guisantes y meter en horno 18 minutos a 180ºC.

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.