Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Coliflor en salsa verde

15 Xullo, 2015

Coliflor en salsa verde

Coliflor en salsa verde

Información nutricional:

Kcal: 254,2
Proteínas: 42,5%
Hidratos de carbono: 18,4%
Lípidos: 39,1%

Ingredientes

  • 150 g coliflor
  • 50 g bacallau
  • 60 mL caldo peixe
  • 25 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • 25 g cebola
  • 5 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Cocer a coliflor. Mentres, pregarar unha salsa verde: pochar a cebola e o allo, ligar coa fariña, mollar co caldo de peixe. Remover a salsa para evitar que queden grumos, deixar ferver e introducir o bacallau troceado. Por último agregar os chícharos xa cocidos e mesturar todo.

Vantaxes:
Aporta moi pouco valor calórico, o cal é adecuado en dietas de adelgazamento. A coliflor é unha boa fonte de fibra e vitaminas, entre as que destacan os grupos B ou C. Estas particularidades convértena nun bo alimento para incluílo na dieta de mulleres embarazadas xa que favorece o crecemento e desenvolvemento do feto. Tamén aporta boas cantidades de minerais como potasio, magnesio ou fósforo. As súas propiedades diuréticas eliminan o exceso de líquidos polo que proporcionan beneficios para a hipertensión e redución do ácido úrico. As altas porcentaxes de elementos fitoquímicos (glucosinolatos, isotiocianatos, indoles e fibra) favorecen a prevención de enfermidades dexenerativas como o cancro.

Fideuá de cogomelos

Fideuá de cogomelos

Fideuá de cogomelos

Información nutricional:

Kcal: 300
Proteínas: 19,4%
Hidratos de carbono: 33,6%
Lípidos: 47,0%

Ingredientes

  • 80 g fideo groso
  • 50 g setas
  • 30 g cebola
  • 150 mL auga
  • 50 mL caldo carne
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar os cogomelos e cortalos en anacos. Refogar a cebola e o allo picados, engadir os cogomelos e cubrir de líquido. Cando empece a ferver, incorporar os fideos, e cociñar segundo instrucións do fabricante.

Vantaxes:
As principais características da pasta son ó seu gran aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e ó seu baixo contido en graxas. As setas conteñen un 90% de auga, hidratos de carbono e fibra, polo que se recomenda en dietas de adelgazamento. Son ricas en vitaminas do grupo B, potasio, fósforo, iodo, calcio, e outras substancias beneficiosas para o organismo.

Palometa encebolada

Palometa encebolada

Palometa encebolada

Información nutricional:

Kcal: 432,8
Proteínas: 37,3%
Hidratos de carbono: 25,0%
Lípidos: 37,7%

Ingredientes

  • 150 g palometa
  • 1 (100g) pataca
  • 75 g cebola
  • 50 g pemento verde
  • 50 mL caldo peixe
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Refogar en aceite o allo picado a cebola e o pemento verde en tiras. Engadir o caldo de peixe e deixar cocer 5 minutos. A palometa sálgase e doura no ferro volto e volta, cóbrese coa salsa e termina de 5 a 10min no forno. Acompañar de pataca cocida.

Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes.

Caldeirada de raia con verduras

Caldeirada de raia con verduras

Caldeirada de raia con verduras

Información nutricional:

Kcal: 332,6
Proteínas: 35,1%
Hidratos de carbono: 34,0%
Lípidos:30,8%

Ingredientes

  • 175 g raia
  • 1 (100g) pataca
  • 20 g chícharos
  • 15 g cebola
  • 15 g pemento vermello
  • 15 g pemento verde
  • 1 dente (5g) allo
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • loureiro
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Nunha pota poñer a cocer as patacas en rodajas coa cebola o pemento vermello e verde. Engadir os guisantes e folla de loureiro. Aos 10 minutos incorporar a raia limpa e deixar cocer sobre 5 minutos máis. Aparte preparar unha allada: quentar o aceite, engadir o allo ata que se doure, retirar do lume e engadir o pemento doce procurando que non se queime. Deixar repousar e coar. Presentar a raia sobre as patacas e engadimos a salsa de allo ao final.

Vantaxes:
A raia é un peixe branco e, polo tanto, cun baixo contido lipídico. O seu aporte proteico tamén é reducido, pero de alto valor biolóxico, xa que contén todos os aminoácidos esenciais. Tamén aporta vitaminas e minerais pero en cantidades pouco significativas.

Troita á sidra

Troita á sidra

Troita á sidra

Información nutricional:

Kcal: 412,9
Proteínas: 44,6%
Hidratos de carbono: 30,4%
Lípidos: 24,9%

Ingredientes

  • 150 g troita
  • 1 (100g) pataca
  • 100 mL caldo peixe
  • 50 mL sidra
  • 30 g cebola
  • 40 g berberecho
  • 1 dente (5g) allo
  • 5 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • perexil

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Preparar unha salsa tipo velouté á sidra: refogar en aceite o allo e cebola picados, engadir un pouco de fariña e caldo de peixe, engadir a sidra fervida para que perda parte do alcol, por perexil picado e deixar cocer uns minutos. Colocar as troitas limpas nunha placa de forno, cóbrese con salsa e fornea 10 min. a 180ºC. Acompañar dunhas patacas cocidas e berberechos ao vapor.

Vantaxes:
A troita é un peixe semigraso. Contén proteínas de alto valor biolóxico, pero en cantidades inferiores a outros peixes, así como de vitaminas e minerais. Este peixe está considerado como un alimento moi nutritivo. Aporta cantidades adecuadas de potasio e fósforo; e moderado de sodio, magnesio, ferro e cinc, comparado co resto de peixes frescos. Entre as vitaminas do grupo B, destacan a B3, a B1 e a B2. En canto a vitaminas liposolubles, a troita contén cantidades significativas de vitamina A, que acumula no seu fígado e no seu músculo.