Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Arroz con pementos

15 Xullo, 2015

Arroz con pementos

Arroz con pementos

Información nutricional:

Kcal: 201,8
Proteínas: 7,8%
Hidratos de carbono: 64,9%
Lípidos: 27,3%

Ingredientes

  • 80 g arroz
  • 1 vaso (200 mL) caldo verduras
  • 60 g pemento verde
  • 60 g pemento piquillo
  • 30 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • colorante alimentario
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Preparar as verduras para o rustrido, cortando a cebola, e os pementos, xa sen sementes, en cadradiños. Quentar o aceite nunha cazola e rustrir a cebola e o allo picado a lume lento durante uns cinco minutos. Engadir os pementos e deixar cocer a mestura a lume medio ata que empeza a dourarse. Poñer a punto de sal. Engadir o arroz e a cullerada de colorante alimentario e deixar refogar coas verduras. Cubrir co caldo de verduras ou con auga (o dobre de líquido que de arroz) e deixar a lume suave durante 15 minutos. Deixar repousar durante 5 minutos destapado e xa estará listo para servir.

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.

Cinta de lombo de porco con salsa de cirolas pasas

Cinta de lombo de porco con salsa de cirolas pasas

Cinta de lombo de porco con salsa de cirolas pasas

Información nutricional:

Kcal: 434,7
Proteínas: 33,4%
Hidratos de carbono: 31,7%
Lípidos: 34,9%

Ingredientes

  • 150 g lombo porco
  • 60 g cebola
  • 50 g arroz
  • 50 mL viño branco
  • 20 g cirolas pasas
  • 10 g porro
  • 10 g cenoria
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • noz moscada
  • loureiro
  • pementa
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: Más de 1 hora minutos

Cortar a metade da cebola en dados grandes, xunto co porro e a cenoria, dispoñelos nunha placa de forno, incorporar o lombo (previamente marcado á prancha por ambas caras). Fornear 45 min a 160ºC aproximadamente. Regar con viño branco varias veces. Unha vez asado coar o mollo resultante da cocción. Deixar enfriar un pouco para porder cortar en rebandas finas. Cortar o resto da cebola en dados pequenos pochar no aceite xunto co allo picado e deixar que doure, ligar con fariña e mollar co caldo da cocción.Terminar coas cirolas previamente remolladas en cogñac. Se a salsa está un pouco espesa, engádese nata líquida ou leite. Sérvese nunha fonte a carne coa salsa e acompañado de arroz en branco.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Troita encebolada

Troita encebolada

Troita encebolada

Información nutricional:

Kcal: 420,4
Proteínas: 31,1%
Hidratos de carbono: 33,7%
Lípidos: 35,2%

Ingredientes

  • 150 g troita
  • 1 (100g) pataca
  • 100 g cebola
  • 50 mL vino Xerez
  • 15 g xamón serrano
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Pelar as cebolas e cortalas en finas rebandas. Refogar nunha tixola con aceite de oliva ata que estean transparentes. Picar o perexil. Limpar as troitas salpementalas e reenchelas de xamón serrano. Dispoñer un leito de cebola refogada nunha fonte de forno e colocar encima as troitas salpementadas. Rocialas con dous culleradas de aceite de oliva e cun vaso de viño branco seco. Cubrir con perexil picado. Precalentar o forno a 190 ºC. Cocer as troitas no forno durante 20 minutos. Servilas enseguida, ben quentes e acompañadas de pataca cocida. Para conseguir un prato máis sofisticado pódese engadir no último momento unhas pasas remolladas e uns piñóns torrados.

Vantaxes:
A troita é un peixe semigraso. Contén proteínas de alto valor biolóxico, pero en cantidades inferiores a outros peixes, así como de vitaminas e minerais. Este peixe está considerado como un alimento moi nutritivo. Aporta cantidades adecuadas de potasio e fósforo; e moderado de sodio, magnesio, ferro e cinc, comparado co resto de peixes frescos. Entre as vitaminas do grupo B, destacan a B3, a B1 e a B2. En canto a vitaminas liposolubles, a troita contén cantidades significativas de vitamina A, que acumula no seu fígado e no seu músculo.

Lombo de porco en salsa de améndoas

Lombo de porco en salsa de améndoas

Lombo de porco en salsa de améndoas

Información nutricional:

Kcal: 551,9
Proteínas: 36,0%
Hidratos de carbono: 15,9%
Lípidos: 48,1%

Ingredientes

  • 150 g lombo porco
  • 60 g cebola
  • 50 g arroz
  • 25 mL brandy
  • 10 g améndoas
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • loureiro
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Cortar o lombo en dados non moi pequenos, salpementar e fritir. Nese mesmo aceite refogar o allo e a cebola picados. Introducir a carne, flambear con brandy ata evaporar o alcohol. Mollar co caldo de carne e deixar a lume ata terminar a cocción. Rematar con améndoas laminada. Acompañar de arroz en branco.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Bonito á rioxana

Bonito á rioxana

Bonito á rioxana

Información nutricional:

Kcal: 415,6
Proteínas: 39,4%
Hidratos de carbono: 30,6%
Lípidos: 29,9%

Ingredientes

  • 150 g bonito
  • 1 (100g) pataca
  • 60 g salsa tomate
  • 40 g cebola
  • 40 g pemento vermello
  • 1 dente (5g) allo
  • 5 g pemento choriceiro
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • loureiro
  • perexil
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Nunha cacerola refogar o allo, a cebola e todos os pementos. Poñer a folla de loureiro, o pementón, a carne de pemento choriceiro, engadir o tomate en salsa deixando cocer 20 min. Triturar por robot. O atún márcase á prancha. A pataca córtase en rebandas grosa e cócese ao vapor. Nunha cazola de barro poñer a pataca cocida no fondo, anriba o atún e a salsa. Introducir no forno 15 minutos a 180ºC. Servir cubrindo de perexil.

Vantaxes:
O bonito clasifícase dentro dos denominados peixes azuis, que se caracterizan polo seu contido en graxa omega 3. Este tipo de graxa ten un efecto moi beneficioso para a saúde, xa que contribúe a diminuír o colesterol sanguíneo e outros factores de risco das enfermidades cardiovasculares. Ademais, o peixe azul aporta proteínas de boa calidade e vitaminas, entre as que destaca a vitamina D.