Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Feixóns verdes con pataca cocida

15 Xullo, 2015

Feixóns verdes con pataca cocida

Feixóns verdes con pataca cocida

Información nutricional:

Kcal: 243,0
Proteínas: 9,4%
Hidratos de carbono: 53,4%
Lípidos: 37,1%

Ingredientes

  • 150 g feixóns verdes
  • 1 (100g) pataca
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer durante 15 minutos nunha cazola con auga fervendo os feixóns verdes previamente pelados do fío lateral. Despois escorrer, reservar o caldo de cocción dos mesmos. Pelar as patacas e cortalas en rebandas non moi grosas que coceremos en auga fervendo con sal durante 15 minutos ou ata que as patacas estean cocinadas e escorrer. Nunha tixola cun pouco de aceite de oliva rustrir o allo picado e engadir os feixóns coas patacas e un pouco de caldo de cocción. Rociar cun pouco de aceite de oliva virxe, sal e pementas variadas.

Vantaxes:
Os feixóns caracterízanse polo seu baixo aporte calórico, fundamentalmente polo seu escaso contido en graxas e á súa riqueza en fibra; son pobres en sodio e conteñen vitaminas como a vitamina A e B6 (piridoxina).

Sardiñas á santanderina

Sardiñas á santanderina

Sardiñas á santanderina

Información nutricional:

Kcal: 414,9
Proteínas: 31,8%
Hidratos de carbono: 28,3%
Lípidos: 39,9%

Ingredientes

  • 150 g sardiñas
  • 1 (100g) pataca
  • 10 g pan relado
  • 2 dentes (10g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Picar o allo e o perexil nun mortero, engadir o pan relado e mesturar todo. Limpar as sardiñas quitándolles a espina e a pel. Restregalas de sal e engadir aceite cru. Rebozar coa mestura do mortero. Colocar as sardiñas nunha fonte de forno untada de aceite e introducir no forno quente aproximadamente uns 20 minutosn a 180ºC. Acompañar de pataca cocida.

Vantaxes:
A sardiña é un peixe azul ou graso. Destaca pola calidade da súa grasa, principalmente ácidos grasos omega-3, polo seu elevado contido proteico e pola variedade de vitaminas e minerais. Entre as vitaminas atópanse algunhas do grupo B (B1, B3 e B12) e cantidades significativas de vitaminas liposolubles como a vitamina A, D e E. En canto aos minerais, a sardiña contén fósforo, calcio, magnesio, potasio, ferro, zinc e iodo.

Pasta con allos frescos e atún

Pasta con allos frescos e atún

Pasta con allos frescos e atún

Información nutricional:

Kcal: 353,5
Proteínas: 17,3%
Hidratos de carbono: 37,5%
Lípidos: 45,2%

Ingredientes

  • 80 g macarróns
  • 80 g salsa tomate
  • 40 g atún en aceite
  • 25 g allos tenros
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer a pasta en abundante auga con sal o tempo que indique o fabricante. Escorrer e reservar. Doutra banda, nunha tixola con aceite de oliva, refogar os allos tenros picados e antes de que se torren en exceso, engadir a pasta escorrida e a salsa de tomate caseira. Remover rápidamente para que se impregne do aroma dos allos tenros e tomate. Cubrir con pementa branca. No momento de servir agregar por enriba o atún escorrido.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.

Branqueta de tenreira con arroz

Branqueta de tenreira con arroz

Branqueta de tenreira con arroz

Información nutricional:

Kcal: 500,9
Proteínas: 27,7%
Hidratos de carbono: 33,9%
Lípidos: 38,4%

Ingredientes

  • 150 g tenreira guisar
  • 100 g arroz
  • 50 mL leite desnatado
  • 40 g cebola
  • 40 g champiñóns
  • 20 g chícharos
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer a tenreira en auga. Escorrer e cortar en dados (de 25 gr. cada un aprox.). Preparar como unha bechamel: no aceite refogar a cebola picada sen que tome cor, engadir a fariña e posteriormente o leite quente e a mesma cantidade de auga de cocer a carne. Dar o punto de sal e pementa. Introducir a tenreira de novo na salsa e engadir os chícharos cocidos e os champiñóns. Acompañar de arroz branco ao forno.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.

Bertorella á galega

Bertorella á galega

Bertorella á galega

Información nutricional:

Kcal: 525,0
Proteínas: 30,2%
Hidratos de carbono: 32,6%
Lípidos: 37,2%

Ingredientes

  • 150 g bertorella
  • 150 g pataca
  • 40 g chícharos
  • 2 dentes (10g) allo
  • 2 culleradas (20mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar e cortar a bertorella en rebandas. Poñer a cocer en auga con loureiro as patacas cortadas en rebandas grosas. Aos 8 minutos engadir o peixe e cocer de 5 a 8 minutos máis. Separadamente, preparar unha allada co aceite, allo e pementón. Servir a bertorella enriba das patacas acompañado por chícharos cocidos aparte e a salsa allada por enriba.

Vantaxes:
A brótola o bertorella, nome polo que se coñece comercialmente a esta especie, é un peixe branco, ainda que dependendo da época e do seu tamaño tammén se pode considerar pescado semigraso. Os pescados brancos son baixos en graxas; ricos en proteínas de alto valor biolóxico e posúen diferentes vitaminas e minerais. Destacan polo seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). En relación aos minerais, los pescados brancos posúen potasio, fósforo e magnesio, ainda que todos eles están presentes en cantidades medias si se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.