29 Setembro, 2015
A piques de cumprir os 150 anos de existencia Grupo Cuevas Alimentación presenta os seus datos de expansión no últimos cinco anos e as súas previsións de futuro.
"Debémoslle todo aos que iniciaron este proxecto porque nos sinalaron o camiño. Eles foron os que acertaron. Nós só deixámonos guiar polo seu espírito" (Artur Yuste, director xeral).
A actividade alimentaria do Grupo Cuevas creceu por encima do 30% no últimos cinco anos. Os ingresos da área de alimentación representan o 88% da facturación total.
Os establecementos integrados en Grupo Cuevas superan os 33.000 metros cadrados de sala de venda. O obxectivo é dispoñer en 2016 dunha rede comercial superior aos 70 establecementos.
Grupo Cuevas abriu dez tendas con Spar en cinco meses e prevé chegar a vinte antes de final de ano. A compañía intensifica o desenvolvemento dun plan que contempla un mínimo de 150 aperturas de supermercados por toda Galicia, no próximos oito anos.
Ampliar info facturación
Ampliar info sala ventas
Ampliar info Spar
20 Setembro, 2015
Grupos da talla de Inditex, Ferros Añón ou as conserveiras Jealsa e Calvo realizaron unha forte aposta por estes dous mercados.
Os expertos non descartan un impacto indirecto nas exportacións debido a que a economía galega é máis aberta que a de España.
A relación comercial das empresas galegas con China e Brasil traduciuse no primeiro semestre deste ano en exportacións por valor de 103 e 32 millóns de euros, unhas cifras que supoñen un avance do 31% no primeiro caso e unha caída do 36% no segundo. É evidente que non se trata de socios comerciais prioritarios, pero as 296 compañías que exportan ao xigante asiático e as 169 que o fan á maior economía de Latinoamérica non son alleas aos seus problemas económicos.
Marron Glacé é unha das divisións do ourensán do Grupo Cuevas, un complexo fundado en 1857. A compañía aterrou nos anos 40 en Brasil, onde “comezou a exportación de castaña fresca para fornecer a un colectivo de emigrantes galegos que demandaba moito produto”. Así o explica Maite González, a xerente de Cuevas&Cía, quen estima que entre un 20 e un 25% da facturación xa procede das vendas ao exterior.
Hoxe exportan ao país carioca “crema de marron glacé, puré de castaña e castaña en conserva”. Ao comercializar este “produto gourmet” en tendas especializadas, González constata que Cuevas “non está a percibir unha desaceleración da economía brasileira polo momento”. “Quizais ao non tratarse dun produto de primeira necesidade e ao estar orientado a un segmento específico de mercado cun poder adquisitivo alto mantemos taxas de crecemento sostido”, indica a empresaria.
Froito da falta de seguridade xurídica, a inestabilidade política e a recesión, Marron Glacé perdeu a súa presenza en Venezuela e Arxentina e, en cambio, afiánzase en México, Uruguai, Panamá, Guatemala e República Dominicana. Os países árabes e Asia son outros dos destinos dos produtos da firma ourensá.
Diario de Pontevedra, 20 de setembro de 2015, páxina 37
17 Setembro, 2015
A Cámara de Ourense buscará novas oportunidades no país grazas a unha nova misión comercial en novembro.
Ourense exportou a Rusia o pasado ano case un millón de euros. Segundo os datos da Cámara de Comercio e do Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX), as empresas da provincia ingresaron un total de 854.540 euros. A pesar deste dato, as ganancias descenderon un 70% con respecto ao 2013. Lonxe quedan os case tres millóns en exportacións dese ano. Para tratar de endereitar a situación, a Cámara de Comercio de Ourense acaba de abrir a convocatoria para unha nova misión comercial directa en Rusia, que se desenvolverá entre o 9 e o 13 de novembro.
Un dos produtos da provincia que máis éxito teñen en Rusia son as castañas confeitadas do Grupo Cuevas. Maite González é a responsable desta sección.
– Como está o seu nivel de exportacións con este país?
– O volume actual é algo menor que o doutros anos, pero seguimos traballando este mercado.
– Que papel xoga Rusia nas súas exportacións?
– Sinceramente, Rusia non é o noso mercado principal a día de hoxe. Con todo, si é un territorio moi interesante.
– E cales son eses mercados principais?
– Traballamos no mercado asiático e en América Latina.
– Que produtos da súa gama son os máis demandados desde Rusia?
– De todo un pouco. Está claro que o Marron Glacé é o noso principal produto.
– Por onde pasa a súa expansión internacional no futuro?
– Gustaríanos penetrar e consolidarnos no mercado estadounidense. Tamén o asiático atráenos moito.
A Voz, A Voz de Ourense, 17 de setembro de 2015, páxina 4.
14 Setembro, 2015
Un equipo de investigadores da Universidade de Michigan, liderado polo Dr. Dennis Fullbright e acompañados por enxeñeiros de Tragsa visitaron hoxe as instalacións de Cuevas e Cía para un estudo sobre a implantación do castiñeiro.
Ver imaxe
Visitar web
10 Setembro, 2015
O Grupo Cuevas inaugura hoxe un supermercado de 750 metros cadrados na cidade de Ourense, coa marca Plenus, que se suma aos cinco xa abertos en diferentes puntos de Ourense, Pontevedra e Lugo. Coa apertura deste Plenus consolídase o obxectivo de crecemento da rede comercial da compañía no segmento detallista, que se completa coa rede de establecementos Aquí e Aquié, ás que desde este ano se engade a ensina Cuevas-Spar.
Do mesmo xeito que os demais centros de alimentación creados polo Grupo Cuevas, este Plenus apostará pola fortaleza da sección de frescos e por unha oferta capaz de combinar primeiras marcas, especial atención aos produtos galegos e prezos moi competitivos.
Con esta apertura comeza a fase decisiva do plan estratéxico da marca Plenus, creada no ano 2011 mediante un formato novedoso en España, e que na actualidade supera xa os 2.700 metros cadrados de superficie de venda. Artur Yuste, director xeral do Grupo Cuevas define o novo formato como “unha tenda de proximidade que encaixa tanto nas medianas como nas grandes poboacións, e representa un cambio de estilo e unha transformación radical do concepto de distribución no modelo de supermercados de proximidade en España”.
Ver imaxe