Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Pastel de verduras ao forno

15 Xullo, 2015

Pastel de verduras ao forno

Pastel de verduras ao forno

Información nutricional:

Kcal: 346,8
Proteínas: 18,0%
Hidratos de carbono: 11,1%
Lípidos: 70,8%

Ingredientes

  • 80 g ovo
  • 45 mL leite desnatado
  • 45 mL nata
  • 40 g espinacas
  • 25 g cenoria
  • 25 g cabaciño
  • 25 g tomate
  • 20 g cebola
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 50 a 1 hora minutos

Cortar as verduras en dados pequenos, refogar nunha pota co aceite, segundo orde de cocción. Ferver as espinacas en abundante auga, escorrer ben e reservar. Realizar a masa mesturando o ovo batido coa nata e o leite, introducir os ingredientes na masa e salar. Preparar o molde onde se desexe fornear (ex:molde de flan) e levar ao forno 110º aprox. 1 hora baño maria.

Vantaxes:
A combinación de espinacas, cabaciño, cenoria, cebola e tomate aporta ao organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerales tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte aos radicais libres que provocan o envejecimiento celular.

Garavanzos con vinagreta de tomate

Garavanzos con vinagreta de tomate

Garavanzos con vinagreta de tomate

Información nutricional:

Kcal: 407
Proteínas: 19,1%
Hidratos de carbono: 43,8%
Lípidos: 37,1%

Ingredientes

  • 75 g garavanzos
  • 80 g tomate
  • 50 g pemento verde
  • 30 g ovo
  • 25 g cebola
  • 5 mL vinagre Xerez
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Cocer os garavanzos en auga con sal. Refrescar e escorrer. Colocalos nun bol, e engadir o tomate cortado en anacos, a cebola e o pemento verde, aliñar con aceite de oliva virxe extra, vinagre de viño de Xerez e un pooco de sal. Remover todo ben e servir ben fresca.

Vantaxes:
O nutriente principal dos garavanzos son os hidratos de carbono, dos cales o amidón é o máis abundante. Presenta un bo aporte proteico, pero sen diferenzas respecto dos demais legumes secos; ademais, son proteínas incompletas por falta de metionina (un aminoácido esencial). O contido que presenta de lípidos é maior ca no resto de legumes, destacando a presenza de ácidos insaturados como son o ácido oleico e linoleico. Os garavanzos presentan un elevado contido de folatos e tiamina, e minerais como calcio, fósforo, ferro, potasio e magnesio; ademais aportan unha gran cantidade de fibra.

Macarróns refogados con verduras

Macarróns refogados con verduras

Macarróns refogados con verduras

Información nutricional:

Kcal: 172,0
Proteínas: 12,8%
Hidratos de carbono: 61,0%
Lípidos: 26,2%

Ingredientes

  • 80 g macarróns
  • 50 g cebola
  • 50 g cabaza
  • 40 g espárrago verde
  • 30 g champiñóns
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer os macarróns en abundante auga con sal, o tempo que indique o fabricante. Escorrer e reservar. Nunha cazola cun pouco de aceite de oliva, rustrir a cebola cortada en tiras e a cabaza cortada en anacos regulares. A continuación agregar os espárragos trigueros troceados e os champiñóns. Cociñar durante aproximadamente 10 minutos, poñer a punto de sal e reservar. Unha vez elaborado o rustrido, mesturar cos macarróns untados cun pouco de aceite de oliva.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.

Palometa ao forno con champiñóns

Palometa ao forno con champiñóns

Palometa ao forno con champiñóns

Información nutricional:

Kcal: 525,5
Proteínas: 41,8%
Hidratos de carbono: 20,9%
Lípidos: 37,3%

Ingredientes

  • 150 g palometa
  • 100 mL caldo peixe
  • 100 mL viño branco
  • 50 g pataca
  • 50 g cebola
  • 60 g champiñóns
  • 10 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Nunha pota refogar a cebola en aceite, engadir o viño e evaporar o alcohol, introducir a fariña e refogar sen que se queime, mollar co caldo e ligar ben, cando comece a ferver engadir os champiñóns. Dispoñer o peixe nunha fonte de forno e cubrir coa salsa. Introducir no forno a 170º C durante 12 min. aproximadamente.

Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes.

Patacas asadas con salsa de pementos de piquillo

Patacas asadas con salsa de pementos de piquillo

Patacas asadas con salsa de pementos de piquillo

Información nutricional:

Kcal: 366,1
Proteínas: 8,2%
Hidratos de carbono: 59,9%
Lípidos: 31,9%

Ingredientes

  • 1 grande (150g) pataca
  • 125 g cebola
  • 100 mL caldo verduras
  • 65 g pemento piquillo
  • 50 g salsa tomate
  • 10 g fariña
  • 2 g allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Asar as patacas con pel, envoltas en papel de aluminio e dentro do forno a 180ºC durante 40 minutos. Sacar do papel e trocear as patacas en cuartos. Acompañar as patacas coa salsa de pemento do piquillo. Para elaborar a salsa: refogar nunha tixola con aceite quente a cebola co allo cortado en láminas, agregar a fariña e ligar; mollar co caldo, terminar cos pementos de piquillo troceados e a salsa de tomate. Deixar que o conxunto se cociñe a lume suave durante 10 minutos. Finalmente, triturar coa batidora ata conseguir unha crema fina e homoxénea. Poñer a puno de sal e servir coas patacas asadas.

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.