Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Pescada á cazola con cenoria

15 Xullo, 2015

Pescada á cazola con cenoria

Pescada á cazola con cenoria

Información nutricional:

Kcal: 376,3
Proteínas: 44,9%
Hidratos de carbono: 26,2%
Lípidos: 28,9%

Ingredientes

  • 150 g pescada
  • 1 (100g) pataca
  • 100 mL caldo peixe
  • 40 g cebola
  • 30 g cenoria
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Filetear a pescada, marcar á prancha e colocar nunha cazola de forno. Nunha pota refogar a cebola e a cenoria, engadir á pescada, mollar co caldo de peixe fornear a 170º ata terminar a súa cocción. Acompañar de pataca fervida.

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.

Ensalada tropical

Ensalada tropical

Ensalada tropical

Información nutricional:

Kcal: 316,9
Proteínas: 18,1%
Hidratos de carbono: 9,9%
Lípidos: 72%

Ingredientes

  • 50 g piña
  • 50 g gambas
  • 30 g maionesa
  • 25 g pauciños cangrexo
  • 10 g ketchup
  • tabasco
  • salsa perríns
  • perexil

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer as gambas, cortar os palitos en dados. Limpar a piña e cortar en dados. Preparar unha salsa rosa: mahonesa, ketchup, tabasco, perrins e engadímoslle as gambas frías, os palitos e a piña mesturando ben para que se impregne de salsa. Emplatar sobre unha base de lechuga cortada e decorada con ovo cocido picado mesturado con perejil.

Vantaxes:
A piña contén un elevado contido de auga e destaca o seu aporte en hidratos de carbono e bromelaína, enzima que facilita a dixestión de proteínas, polo que é un alimento que facilita a dixestión. Ademais destaca o seu contido en potasio, iodo e vitamina C. Grazas ó aporte desta vitamina a piña contribúe a reducir o risco de múltiples enfermidades, entre elas as cardiovasculares, as dexenerativas e mesmo o cancro.

Lombo de tenreira estufada con minestra

Lombo de tenreira estufada con minestra

Lombo de tenreira estufada con minestra

Información nutricional:

Kcal: 477,4
Proteínas: 35,5%
Hidratos de carbono: 16,6%
Lípidos: 47,9%

Ingredientes

  • 150 g lombo tenreira
  • 50 g pataca
  • 40 g cenoria
  • 40 g chícharos
  • 30 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • 100 mL caldo carne
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar a carne en anacos pequenos; nunha cazola cun pouco de aceite de oliva, refogaro allo e a cebola finamente picados e a continuación engádese a carne, refogando o conxunto ata que a carne dóurese. Engadir a metade do caldo de carne, levantar o fervor e rematar no forno a 180 ºC, engadindo máis caldo durante a cocción se fose necesario. Cocer as patacas separadamente co mollo de carne resultante do estofado rebaixado co sobrante do caldo ou auga. Servir acompañado dos chícharos e cenorias cocidos a parte.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.

Caldeirada de melva

Caldeirada de melva

Caldeirada de melva

Información nutricional:

Kcal: 527,3
Proteínas: 25,7%
Hidratos de carbono: 23,4%
Lípidos: 50,9%

Ingredientes

  • 200 g melva
  • 1 (100g) pataca
  • 40 g pemento vermello
  • 40 g cebola
  • 20 g chícharos
  • 2 dentes (10g) allo
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar o peixe en tranchas. Nunha cacerola refogar en aceite os pementos e cebola. Engadir as patacas en rebandas e cubrir con auga. Aos 10min poñer os chícharos e o peixe deixando cocer 10 min máis. Escorrer o auga sobrante e servir cun pouco de allada por enriba.

Vantaxes:
A melva é un peixe azul. Como tal é un alimento cun elevado valor nutricional, debido ó seu contido en proteínas de alto valor biolóxico, aporte vitamínico e o seu contido en ácidos graxos insaturados omega-3, que preveñen das enfermidades cardiovasculares e cancro.

Tenreira asada ao viño tinto

Tenreira asada ao viño tinto

Tenreira asada ao viño tinto

Información nutricional:

Kcal: 535,1
Proteínas: 35,4%
Hidratos de carbono: 25,3%
Lípidos: 39,3%

Ingredientes

  • 150 g tenreira tapa
  • 100 mL viño tinto
  • 100 mL caldo carne
  • 50 g arroz
  • 10 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa negra en gran
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar a tenreira en anacos grandes, dourar nunha pota. Engadir o viño tinto ata reducir o alcohol. Ligar con fariña e engadir o caldo de carne. Introducir ao forno ata completar a súa cocción. Acompañar de arroz branco ao forno.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.