Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Espaguetis con tomatiños

15 Xullo, 2015

Espaguetis con tomatiños

Espaguetis con tomatiños

Información nutricional:

Kcal: 163,4
Proteínas: 11,4%
Hidratos de carbono: 59,1%
Lípidos: 29,5%

Ingredientes

  • 80 g pasta (espaguetti)
  • 50 g cabaciño
  • 50 g champiñóns laminados
  • 20 g tomate cherry
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • ourego
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Ferver a pasta o tempo que indique o fabricante, refrescar e escorrer. A continuación, refogar no aceite as verduras. Mesturar todo e servir.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. Este prato tamén presenta un gran contido en tomate.
O principal beneficio deste comestible radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes do envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais, contén potasio, magnesio, fibra, e vitaminas do grupo B e vitamina C.

Lombo de porco con chícharos e cenoria

Lombo de porco con chícharos e cenoria

Lombo de porco con chícharos e cenoria

Información nutricional:

Kcal: 422,8
Proteínas: 34,8%
Hidratos de carbono: 17,5%
Lípidos: 47,7%

Ingredientes

  • 150 g lombo porco
  • 100 g auga
  • 50 g puré pataca
  • 50 mL viño branco
  • 35 g pemento verde
  • 30 g cenoria
  • 20 g chícharos
  • 10 g cebola
  • 10 g porro
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Untar o lombo con aceite de oliva e introducir no forno xunto coas verduras picadas en dados grandes, nunha placa a 180ª C ata que se doure a superficie. Agregar un pouco de viño branco e auga sen que cubra a carne. Dar a volta ao lombo para que as verduras non queden queimadas. Deixar cocinar ata que o lombo estea brando e ao pinchar non salga sangue. Sacar o lombo das placas e reservar. Pasar as verduras por un colador chinés para que solten todo o seu mollo, pero sen triturar. Poñer os mollos nun cazo ao lume para que fervan, cando comecen a ferver agregar unha cullerada de maicena. Poñer a punto de sal e agregar os chícharos, as cenorias cocidas e o pemento verde cortado a dados para que collan o gusto da salsa. Acompañar de puré de pataca.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Inconvenientes:

Arroz con bacallau e verduras

Arroz con bacallau e verduras

Arroz con bacallau e verduras

Información nutricional:

Kcal: 298,6
Proteínas: 22,6%
Hidratos de carbono: 43,8%
Lípidos: 33,6%

Ingredientes

  • 70 g arroz
  • 1 vaso (250 mL) caldo verduras
  • 50 g cebola
  • 50 g bacallau migas
  • 25 g champiñóns laminados
  • 40 g cabaciño
  • 20 g pemento vermello
  • 20 g cabaza
  • 20 g tomate
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Facer un rustrido coas verduras , cortando o cabaciño, cabaza, cebola, pementos e tomate en dados. Facer un arroz en branco e engadilo ao rustrido. Incorporar as migas de bacallau ata a súa cocción.

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.

Ensalada de pementos asados

Ensalada de pementos asados

Ensalada de pementos asados

Información nutricional:

Kcal: 160,0
Proteínas: 16,1%
Hidratos de carbono: 39,2%
Lípidos: 44,7%

Ingredientes

  • 250 g pemento vermello
  • 60 g cebola
  • 20 g anchoas
  • 5 mL vinagre
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Asar os pementos e as cebolas no forno durante 30-40 minutos. Sacalos e deixalos "suar" nun recipiente tapado. Cando estean fríos, coar o mollo que soltaron e reservalo. Pelalos e quitarlles as sementes. Cortar en tiras os pementos e trocear as cebolas. Dispoñelos nunha ensaladera, incorporar as anchoas, engadir o mollo reservado e aderezar co sal, o vinagre de Xerez e o aceite de oliva.

Vantaxes:
Os hidratos de carbono son o compoñente maioritario dos pementos. Tamén teñen un elevado contido en auga e o seu contido en lípidos é moi escaso, isto fai que o seu valor calórico sexa baixo. É un dos alimentos máis ricos en vitamina C, incluso proporciona o dobre desta vitamina que a laranxa. Pero tamén é rico en carotenos, como o beta-caroteno ou provitamina A. Ademais, como as verduras en xeral, os pementos son ricos en fibra. E en canto ós minerais, contén, principalmente, fósforo, potasio, magnesio e calcio.

Xurelo en mollo verde

Xurelo en mollo verde

Xurelo en mollo verde

Información nutricional:

Kcal: 436,8
Proteínas: 24,0%
Hidratos de carbono: 24,6%
Lípidos: 51,4%

Ingredientes

  • 150 g xurelo
  • 1 (100g) pataca
  • 2 dentes (10g) allo
  • 10 g ceboliño
  • 2 culleradas (20mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: Menos de 5 minutos

Limpar e filetear o peixe.Triturar na batidora o allo, o perexil e o ceboliño xunto co aceite de oliva. Facer o peixe á prancha, cubrilo coa salsa e acompañar de pataca cocida.

Vantaxes:
O xurelo clasifícase como peixe azul debido o seu contido en lípidos. Na súa composición destacan minerais como ferro, iodo e magnesio, e vitamina D que intervén na absorción e utilización de calcio e fósforo, e cobalamina que participa na maduración dos glóbulos vermellos e favorece a absorción de ferro.