Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Peituga de pavo con minestra

15 Xullo, 2015

Peituga de pavo con minestra

Peituga de pavo con minestra

Información nutricional:

Kcal: 426,2
Proteínas: 41,1%
Hidratos de carbono: 20,5%
Lípidos: 38,4%

Ingredientes

  • 150 g peituga pavo
  • 50 mL oporto
  • 35 g feixóns verdes
  • 30 g cenoria
  • 30 g porro
  • 30 g alcachofas lata
  • 25 g chícharos
  • 1 cullerada (10mL) caldo polo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Salpementar a peituga, untar coa metade de aceite e meter no forno a 175ºC regando con oporto e caldo de polo ata que estea tenra. Á parte, cocer todas as verduras por separado cortadas en dados grandes e logo refogalas na outra metade do aceite e o porro. Servir as verduras no fondo do prato e a peituga cortada en filetes enriba regando co mollo que deixou na placa de forno.

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. E ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.

Repolo con garavanzos e chourizo

Repolo con garavanzos e chourizo

Repolo con garavanzos e chourizo

Información nutricional:

Kcal: 307,3
Proteínas: 11,8%
Hidratos de carbono: 30,4%
Lípidos: 57,8%

Ingredientes

  • 40 g repolo
  • 40 g pataca
  • 24 g garavanzos
  • 20 g chourizo caseiro
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Quentar nunha pota auga abundante con sal. Cando comece a ferver, introducir os garavanzos (previamente remollados 12h en auga amornada con sal). Ó cabo de media hora, engadir o repolo limpo cortado en dados, a pataca e o chourizo. Cando todo estea cocido, escorrer a auga e servir quente, cun chorriño de aceite.

Vantaxes:
O repolo destaca pola elevada presenza de auga na súa composición. Este alimento aporta ó organismo potasio, magnesio, calcio e vitaminas. Contén boas cantidades de fibra e hidratos de carbono, fundamentais para recuperación de enerxía e resistencia física. Ademais, o repolo presenta betacaroteno ou provitamina A, vitamina C, E, niacina e folatos. A transformación do betacaroteno en vitamina A axuda á visión, ó bo estado das mucosas, cabelo, pel, ósos e ó bo funcionamento do sistema inmunolóxico.

Inconvenientes:
Aínda que presenta proteínas de gran valor biolóxico, debemos moderar o consumo de chourizo debido ó seu alto contido enerxético e graxo.

Robaliza ás costas

Robaliza ás costas

Robaliza ás costas

Información nutricional:

Kcal: 312
Proteínas: 36,9%
Hidratos de carbono: 29%
Lípidos: 34,1%

Ingredientes

  • 150 g robaliza
  • 1 (100g) pataca
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (10mL) vinagre
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • caiena
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar e filetear a robaliza. Marcar no ferro e poñer nunha placa de forno. Á parte fritir o allo fileteado coa caiena no aceite de oliva e cando estea fritido verter sobre a robaliza e engadirlle o vinagre, cubrir con perexil e meter ó forno 8 min. a 180ºC. Servir sobre patacas cocidas en rebandas.

Vantaxes:
A robaliza é un peixe branco, cun aporte de lípidos moi baixo. Isto, ligado ó subministro de proteínas de alto valor biolóxico, fai deste peixe un dos alimentos con maior valor nutritivo. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B, capaces de regular o aproveitamento dos nutrientes enerxéticos. Aporta minerais como potasio, fósforo, ferro, sodio e magnesio, substancias que interveñen na regulación do sistema nervioso, a actividade muscular, o equilibrio de auga na célula, formación de ósos e dentes, procesos de obtención de enerxía e sistema dixestivo.

Raia á galega

Raia á galega

Raia á galega

Información nutricional:

Kcal: 316,4
Proteínas: 36,2%
Hidratos de carbono: 31,6%
Lípidos: 32,2%

Ingredientes

  • 150 g raia
  • 1 (100g) pataca
  • 20 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • 5 g pementa doce
  • loureiro

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar e cortar a raia. Poñer a cocer en auga con loureiro as patacas cortadas en rebandas grosas. Ós 8 min. engadir o peixe e cocer de 5 a 8 minutos máis. Á parte preparar un aduboco aceite, allo e pemento. Servir a raia enriba das patacas acompañado por chícharos cocidos á parte e a salsa allada por riba.

Vantaxes:
A raia é un peixe branco e, polo tanto, cun baixo contido lipídico. O seu aporte proteico tamén é reducido, pero de alto valor biolóxico, xa que contén todos os aminoácidos esenciais. Tamén aporta vitaminas e minerais pero en cantidades pouco significativas. Os chícharos compóñense fundamentalmente de auga, pero destacan os hidratos de carbono, vitaminas do grupo B e C, minerais (fósforo e magnesio) e fibra , que aportan numerosos beneficios para o organismo. Estas substancias favorecen a circulación do sangue diminuíndo o colesterol. Posúen un efecto regulador do azucre en sangue que intervén no mantemento dos niveis. Aportan proteínas vexetais e minerais construtivos favorecendo o desenvolvemento das células e a súa renovación.

Flan de queixo

Flan de queixo

Flan de queixo

Información nutricional:

Kcal: 174,7
Proteínas: 20,9%
Hidratos de carbono: 42,9%
Lípidos: 36,1%

Ingredientes

  • 20 g queixo cremoso
  • 25 g ovo
  • 15 g azucre
  • 75 g leite desnatado

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Caramelizar un molde de pudin. Mesturar todos os ingredientes e triturar. Verter a mestura no molde e cocer ó baño maría aprox. 40 min. no forno a 170ºC. Desmoldar en frío e cortar.

Vantaxes:
Segundo o contido en graxa, variará o valor nutricional dos queixos, pero en termos xerais pódese dicir que son fonte de calcio, proteínas e fósforo. Ademais son aptos para intolerantes a lactosa, xa que no queixo a lactosa convírtese practicamente na súa totalidade en ácido láctico. Ademais o queixo contén todos os nutrientes esenciais da leite pero concentrados.