Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Xurelo con xuliana de verduras

15 Xullo, 2015

Xurelo con xuliana de verduras

Xurelo con xuliana de verduras

Información nutricional:

Kcal: 323,7
Proteínas: 31,4%
Hidratos de carbono: 12,1%
Lípidos: 56,5%

Ingredientes

  • 150 g xurelo
  • 50 g tomate
  • 50 g pemento vermello
  • 50 g pemento verde
  • 40 g cebola
  • 40 g cenoria
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar e filetear o peixe. Facelo á prancha. Cortar as verduras en tiras e pochalas segundo orde de dureza, primeiro a cebola, a cenoria e para rematar os pementos e o tomate.

Vantaxes:
O xurelo clasifícase como peixe azul debido o seu contido en lípidos. Na súa composición destacan minerais como ferro, iodo e magnesio, e vitamina D que intervén na absorción e utilización de calcio e fósforo, e cobalamina que participa na maduración dos glóbulos vermellos e favorece a absorción de ferro.

Peituga de pavo ao Oporto

Peituga de pavo ao Oporto

Peituga de pavo ao Oporto

Información nutricional:

Kcal: 667,2
Proteínas: 33,7%
Hidratos de carbono: 31,3%
Lípidos: 35,0%

Ingredientes

  • 150 g peituga pavo
  • 1 (100g) pataca
  • 100 mL caldo carne
  • 100 mL viño Oporto
  • 40 g cebola
  • 25 g chícharos
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 5 mL nata
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • pementa
  • tomiño
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Filetear a peituga, salpementar e dourar no aceite. Retirar. Nese mesmo aceite pochar o allo e a cebola, mollar con oporto ata evaporar o alcol, engadir a fariña sen que se queime e terminar co caldo. Acompañar de xuliana de cenoria refogada, chícharos e patacas fervidas. No momento de servir engadir un pouco de nata á salsa.

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. E ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.

Espaguetis con mexillóns

Espaguetis con mexillóns

Espaguetis con mexillóns

Información nutricional:

Kcal: 256,3
Proteínas: 27,1%
Hidratos de carbono: 49,2%
Lípidos: 23,7%

Ingredientes

  • 80 g espaguetti
  • 50 g mexillón
  • 50 mL caldo peixe
  • 30 g cebola
  • 10 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Ferver a pasta o tempo que indique o fabricante, escorrer e refrescar. Nunha pota, rustrir no aceite o allo picado e a cebola, engadir a fariña e o caldo. Mesturar cos mexillóns sen concha e salsear a pasta.

Vantaxes:
A este prato hai que engadirlle as principais características da pasta, que son o seu gran aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. O mexillón aporta proteínas de boa calidade, contén pouca cantidade de lípidos, polo que o seu valor calórico non é moi elevado. Destaca o seu contido en iodo, ferro, calcio, sodio, fósforo e magnesio. Ademais é fonte de vitaminas do grupo B, especialmente ácido fólico, e vitamina E.

Coello ao viño tinto con puré de pataca

Coello ao viño tinto con puré de pataca

Coello ao viño tinto con puré de pataca

Información nutricional:

Kcal: 549,1
Proteínas: 24,5%
Hidratos de carbono: 22,1%
Lípidos: 53,4%

Ingredientes

  • 150 g coello
  • 100 g puré pataca
  • 100 mL caldo carne
  • 60 mL viño tinto
  • 40 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • pementa
  • ourego
  • romero
  • tomiño
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Para o adubo: Machacar nun mortero, o allo picado, o tomiño, o romeo, o ourego e incorporar o viño. Engadir o adubo ao coello e deixar macerar unhas dúas horas. A continuación, dourar o coello nunha pota, engadir a cebola, refogar ben, cubrir de caldo ata a súa cocción. Acompañar de puré de pataca.

Vantaxes:
O coello pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota.Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. Destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión.

Inconvenientes:
Debido a abundancia de fibras musculares o coello é unha carne máis difícil de dixerir, e isto pódeno notar as persoas que sofren de estómago delicado.

Ensalada da horta

Ensalada da horta

Ensalada da horta

Información nutricional:

Kcal: 251,6
Proteínas: 9,7%
Hidratos de carbono: 56,2%
Lípidos: 34,0%

Ingredientes

  • 80 g arroz
  • 60 g cogumelo encurtido (pepinillo)
  • 50 g feixón verde
  • 25 g chícharos
  • 20 g tomate cherry
  • 20 g pemento vermello
  • 20 g pemento verde
  • 20 g cenoria
  • vinagre
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Ferver o arroz e refrescar. Cortar os feixóns e a cenoria en dados, ferver xunto cos chícharos. Picar o pemento vermello, verde e o cogumelo encurtido (pepinillo). Mesturar todos os ingredientes e aliñar ao gusto.

Vantaxes:
Con este prato beneficiámonos das propiedades do arroz, sendo un alimento positivo para a prevención e mellora de patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio e á súa excelente dixestibilidade ligada a unha acción astrinxente pola carencia de fibra; e das propiedades das verduras (feixóns verdes, chícharos, tomate, cenoria e pementos), que aportan ó organismo substancias cunha elevada acción antioxidante, vitaminas do grupo B, A, E, C, e minerais como potasio, fósforo, calcio ou magnesio.