Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Lombo de pescada con mexillóns

15 Xullo, 2015

Lombo de pescada con mexillóns

Lombo de pescada con mexillóns

Información nutricional:

Kcal: 488,9
Proteínas: 39,8%
Hidratos de carbono: 27,0%
Lípidos: 33,2%

Ingredientes

  • 150 g lombo pescada
  • 1 (100g) pataca
  • 100 mL caldo peixe
  • 50 g mexillóns
  • 40 g cebola
  • 10 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Marcar os lombos de merluza sazonados. Refogar o allo e a cebola picada no aceite, engadir a fariña e mollar co caldo. Abrir os mexillóns nunha pota separadamente ao vapor e introducilos na salsa. Cubrir a pescada e introducir no forno ata a súa cocción. Acompañar de patacas cocidas.

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12), pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.

Ensalada morna de tomate e pementos asados

Ensalada morna de tomate e pementos asados

Ensalada morna de tomate e pementos asados

Información nutricional:

Kcal: 192,6
Proteínas: 11,1%
Hidratos de carbono: 38,5%
Lípidos: 50,5%

Ingredientes

  • 180 g pemento vermello
  • 180 g pemento verde
  • 150 g tomate
  • 50 g cebola
  • vinagre
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Asar os pementos enteiros e a cebola ao forno. Facer o mesmo co tomate. Cando estean brandos e templados, pelar os pementos e o tomate. A continuación cortar os pementos en tiras e o tomate en anacos. Aliñar con sal, aceite de oliva e vinagre. Servir templado ou frío.

Vantaxes:
O principal beneficio do tomate radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes no envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais contén potasio, magnesio e fibra; e vitaminas do grupo B e vitamina C.

Arroz cremoso con xamón cocido

Arroz cremoso con xamón cocido

Arroz cremoso con xamón cocido

Información nutricional:

Kcal: 201,6
Proteínas: 9,6%
Hidratos de carbono: 66,9%
Lípidos: 23,4%

Ingredientes

  • 80 g arroz
  • 60 mL auga
  • 50 mL caldo verduras
  • 50 mL leite desnatado
  • 30 g xamón cocido
  • 30 g cebola
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Picar finamente a cebola e pochala nunha placa de forno. Engadir o arroz refogar e mollar co dobre de líquido. Incorporar o xamón picado e introducir no forno 170º 15 min. Retirar do forno e ligar con nata.

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.

Cinta de lombo de porco con verduras

Cinta de lombo de porco con verduras

Cinta de lombo de porco con verduras

Información nutricional:

Kcal: 622,9
Proteínas: 30,8%
Hidratos de carbono: 24,8%
Lípidos: 44,3%

Ingredientes

  • 150 g cinta lombo porco
  • 65 g pataca
  • 65 g salsa tomate
  • 40 g pemento vermello
  • 40 g pemento verde
  • 40 g cabaciño
  • 40 mL caldo carne
  • 40 mL auga
  • 30 g cebola
  • 20 g cenorias
  • 20 mL brandy
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • loureiro
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar a cinta de lombo en anacos, salpementar e dourar nunha tixola e flambear co brandy. No mesmo aceite refogar as verduras cortadas en dados. Engadir a salsa de tomate e o caldo. Introducir a carne ata a súa cocción e acompañar de pataca frita cortada en dados.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.

Crema fría de cabaza

Crema fría de cabaza

Crema fría de cabaza

Información nutricional:

Kcal: 160,1
Proteínas: 7,6%
Hidratos de carbono: 37,0%
Lípidos: 55,4%

Ingredientes

  • 70 g cabaza
  • 1 vaso (250 mL) caldo verduras
  • 40 g cenoria
  • 40 g cebola
  • 30 g porro
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa
  • tomiño
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Cortar as verduras finas, refogar no aceite, cubrir co caldo. Cocer durante 15 min.Triturar e sazonar. Deixar enfriar e servir.

Vantaxes:
Debido a que a auga é o principal compoñente da cabaza e que presenta un baixo contido en hidratos de carbono, este alimento faise indispensable na dieta. A cabaza é un bo regulador de azucres en sangue, contén beta-carotenos, actúa como expectorante e presenta propiedades antioxidantes.