Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Costela de porco e tomates asados

15 Xullo, 2015

Costela de porco e tomates asados

Costela de porco e tomates asados

Información nutricional:

Kcal: 380,1
Proteínas: 23%
Hidratos de carbono: 22,3%
Lípidos: 54,7%

Ingredientes

  • 150 g costela porco
  • 80 g pataca
  • 60 g tomate
  • 50 mL viño branco
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar e salpementar a costela, asala ao forno a 180ºC, regando con viño. Acompañar dun tomate asado tamén no forno e patacas fritidas en dados.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo, excepto o calcio. Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.
O principal beneficio do tomate radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes no envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais contén potasio, magnesio e fibra; e vitaminas do grupo B e vitamina C.

Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.

Feixóns verdes ao allo con tomate

Feixóns verdes ao allo con tomate

Feixóns verdes ao allo con tomate

Información nutricional:

Kcal: 242,5
Proteínas: 14,1%
Hidratos de carbono: 29,4%
Lípidos: 56,5%

Ingredientes

  • 150 g feixóns verdes
  • 70 g salsa tomate
  • 20 g xamón serrano
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar os feixóns verdes en dados e cocelos. Dourar o allo picado no aceite. Engadir os feixóns e a salsa de tomate, refogar todo xunto, salgar ao gusto e servir.

Vantaxes:
Os feixóns caracterízanse polo seu baixo aporte calórico, fundamentalmente polo seu escaso contido en graxas e á súa riqueza en fibra; son pobres en sodio e conteñen vitaminas como a vitamina A e B6 (piridoxina). O principal beneficio do tomate radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes no envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais contén potasio, magnesio e fibra; e vitaminas do grupo B e vitamina C.

Atún en piperada verde con arroz

Atún en piperada verde con arroz

Atún en piperada verde con arroz

Información nutricional:

Kcal: 529,2
Proteínas: 32,9%
Hidratos de carbono: 17,6%
Lípidos: 49,5%

Ingredientes

  • 150 g atún
  • 60 g pemento verde
  • 50 g arroz
  • 50 g salsa tomate
  • 40 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Refogar en aceite o allo laminado, a cebola e o pemento verde en tiras. Engadir a salsa de tomate e perexil picado. O atún se sala e doura na prancha volta e volta, cóbrese coa piperada. Acompañar de arroz branco.

Vantaxes:
A carne do atún posúe un 12% de graxa, rica en ácidos omega-3, que axudan a rebaixar os niveis de colesterol e triglicéridos do sangue, diminuíndo o risco de doenzas como a aterosclerose, trombose, así como a prevención de enfermidades cardíacas. Ademais, destaca pola súa composición en vitaminas e minerais. Entre as primeiras destacan as do grupo B. Outros grupos importantes de vitaminas son as liposolubles, como a A e D. Os minerais que destacan na composición do atún son o fósforo e o magnesio, dando, ademais, altos niveis de ferro e iodo.

Peixe espada en salsa verde

Peixe espada en salsa verde

Peixe espada en salsa verde

Información nutricional:

Kcal: 418,4
Proteínas: 42,3%
Hidratos de carbono: 30,1%
Lípidos: 27,5%

Ingredientes

  • 150 g peixe espada
  • 100 mL caldo peixe
  • 1 (100g) pataca
  • 30 g cebola
  • 20 g chícharos
  • 10 g espárrago branco
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Preparar unha salsa verde: refogar en aceite o allo e cebola picados sen que tome cor. Engadir un pouco de fariña e caldo de peixe. Deixar cocer 10 min. e engadir perexil picado. Cocer o peixe espada en filetes ao vapor e cubrir coa salsa. Acompañar dunhas patacas redondas cocidas, chícharos e espárrago.

Vantaxes:
O peixe espada é un peixe semigraxo. O seu contido en proteínas non é moi elevado, pero son dun alto valor biolóxico, xa que inclúen todos os aminoácidos esenciais. Ademais contén diferentes vitaminas e minerais, entre os que destacan as vitaminas do grupo B e A, e a presenza de fósforo e magnesio, posto que este peixe é o máis rico nestes minerais.

Arroz con sepia

Arroz con sepia

Arroz con sepia

Información nutricional:

Kcal: 240,1
Proteínas: 26,7%
Hidratos de carbono: 46,2%
Lípidos: 27,1%

Ingredientes

  • 80 g arroz
  • 100 g sepia
  • 20 g salsa tomate
  • 20 g pemento vermello
  • 20 g pemento verde
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • tomiño
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Nunha paelleira ou similar refogar en aceite o allo, a cebola, o pemento e a sepia. Engadir o arroz e a continuación o tomate e o caldo coloreado. Meter no forno 18 minutos a 180ºC e repousar 5min. Servir no mesmo recipiente. Cubrir con perexil picado.

Vantaxes:
compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de vitaminas do grupo B, así como fósforo e potasio. O arroz é un alimento positivo para a prevención e melloría dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite. A sepia é un marisco cun baixo aporte calórico, facilmente dixerible, cun alto contido en proteínas e baixo en graxas. É rica en vitaminas do grupo B, fósforo, potasio e magnesio.