Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Froita fresca (piña)

15 Xullo, 2015

Froita fresca (piña)

Froita fresca (piña)

Información nutricional:

Kcal: 55,2
Proteínas: 3,9%
Hidratos de carbono: 90,8%
Lípidos: 5,3%

Ingredientes

  • 120 g piña natural

Instruccións

Cortar, pelar e servir.

Vantaxes:
A piña contén un elevado contido de auga e destaca o seu aporte en hidratos de carbono e bromelaína, enzima que facilita a dixestión de proteínas, polo que é un alimento que facilita a dixestión. Ademais destaca o seu contido en potasio, iodo e vitamina C. Grazas ó aporte desta vitamina a piña contribúe a reducir o risco de múltiples enfermidades, entre elas as cardiovasculares, as dexenerativas e mesmo o cancro.

Crema de setas

Crema de setas

Crema de setas

Información nutricional:

Kcal: 161,7
Proteínas: 13,9%
Hidratos de carbono: 27,0%
Lípidos: 59,1%

Ingredientes

  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 1/2 vaso (100 mL) auga
  • 75 g setas
  • 40 g porro
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • ceboliño
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Nun cazo refogar en aceite de oliva a parte branca do porro sen que tome cor. Engadir as setas deixando cociñar un par de minutos. Cubrir con leite e auga deixando cocer 15 min. Triturar e pasar por coador chinés. Dar o punto de sal e cubrir con perexil.

Vantaxes:
As setas conteñen un 90% de auga, hidratos de carbono e fibra, polo que se recomendan en dietas de adelgazamento. Son ricas en vitaminas do grupo B, potasio, fósforo, iodo, calcio, e outras substancias beneficiosas para o organismo. Recoméndase o consumo de porro polo seu alto contido en sales minerais (potasio, fósforo e calcio). Ademais é aconsellable cando se padece de reuma e anemia, e é un gran axente depurativo para o sangue.

Tenreira guisada con verduras

Tenreira guisada con verduras

Tenreira guisada con verduras

Información nutricional:

Kcal: 548,8
Proteínas: 24,5%
Hidratos de carbono: 26,1%
Lípidos: 49,4%

Ingredientes

  • 140 g tenreira (cuarto dianteiro)
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100 mL) auga
  • 50 g salsa tomate
  • 60 mL viño branco
  • 30 g cebola
  • 30 g cenoria
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g pemento verde
  • 20 g porro
  • 1 dente (5g) allo
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar a carne en anacos non moi grandes, salgar e dourar nunha tixola cun pouco de aceite moi quente. Pasar a unha pota. Nesa tixola dourar as verduras picadas en dados non moi pequenos. Engadir viño á carne e deixar reducir. Engadir as verduras e a salsa de tomate. Mollar co caldo e cocer ata que a carne estea tenra. Cortar as patacas e dados e fritir lixeiramente para engadir ó final á carne.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.

Soia estufada con verduras

Soia estufada con verduras

Soia estufada con verduras

Información nutricional:

Kcal: 291,9
Proteínas: 23,5%
Hidratos de carbono: 30,1%
Lípidos: 46,4%

Ingredientes

  • 50 g soia
  • 15 g cenoria
  • 15 g pataca
  • 13 g cabaza
  • 13 g cebola
  • 10 g porro
  • 2,5 g pementa doce
  • 1/2 dente (2,5 g) allo
  • 1 g comiño
  • 0,15 g auga

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Nunha cazola cocer todos os ingredientes xuntos. As verduras cortaranse en dados. Cocer ata que a soia estea tenra. Preparar un sofrito con parte da cebola picada, allo e o pemento doce en aceite. Dar o punto de sal e comiño. Deixar repousar.

Vantaxes:
A soia destaca polo seu elevado aporte de proteínas de alto valor biolóxico, fibra e lípidos, na súa maioría poliinsaturados fundamentais e beneficiosos para a saúde dos vasos sanguíneos e do corazón. Contén lecitina, graxa que se emprega como complemento dietético e aditivo emulsionante. Comparado co resto dos legumes, a soia aporta maior cantidade de minerais e vitaminas. Ademais presenta isoflavonas que son substancias antioxidantes moi beneficiosas para o organismo.

Crema de verduras

Crema de verduras

Crema de verduras

Información nutricional:

Kcal: 202
Proteínas: 17%
Hidratos de carbono: 37,8%
Lípidos: 45,3%

Ingredientes

  • 1/2 vaso (120 mL) auga
  • 1/2 vaso (120mL) leite desnatado
  • 50 g espinacas
  • 30 g cenoria
  • 30 g porro
  • 30 g cabaciño
  • 30 g pataca
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Refogar no aceite de oliva o branco do porro, a cenoria e a pataca; todo cortado en dados. Engadir a auga e o leite. Cando comece a ferver engadir o cabaciño con pel e as espinacas. Deixar cocer lentamente 15 minutos. Triturar e pasar por chinés. Dar o punto de sal.

Vantaxes:
A combinación de porro, cabaciño, cenoria, pataca e espinacas aporta ó organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerais tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte ós radicais libres que provocan o envellecemento celular.