Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Lombarda guisada con noces

15 Xullo, 2015

Lombarda guisada con noces

Lombarda guisada con noces

Información nutricional:

Kcal: 281,5
Proteínas: 11,4%
Hidratos de carbono: 24,1%
Lípidos: 64,5%

Ingredientes

  • 125 g col lombarda
  • 25 g ovo cocido
  • 50 g pataca
  • 15 g noces peladas
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar, cortar en dados e lavar a col. Cocer en auga abundante cunhas pingas de vinagre, escorrer. Nunha cazola rustrir en aceite o allo, engadir a lombarda e refogar coas noces. Acompañar de pataca cocida de base en rebandas e ovo cocido.

Vantaxes:
A col lombarda aporta moi pouca enerxía debido ao seu baixo contido de azucres. É unha verdura rica en compostos azufrados, vitamina C e ácido cítrico (substancia que potencia a acción da vitamina A). Ademais aporta unha importante cantidade de fibra confiríendolle propiedades laxantes. Posúe propiedades antioxidantes debidas ao seu contido en antocianos, vitamina A e vitamina C.

Polo á sidra

Polo á sidra

Polo á sidra

Información nutricional:

Kcal: 428,2
Proteínas: 43,9%
Hidratos de carbono: 24,2%
Lípidos: 31,9%

Ingredientes

  • 150 g zancos polo
  • 1/2 vaso (150 mL) caldo carne
  • 50 mL sidra
  • 40 g arroz
  • 25 g champiñóns laminados
  • 20 g cebola
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Limpar o polo e cortar en anacos. Salpementar, pasar por fariña e dourar. A parte, en aceite refogar o allo e cebola picados. Engadir o polo e a sidra deixando reducir o alcol. Engadir caldo suficiente para que coza. Cocinar ata que estea tenro engadindo os champiñóns. Acompañar de arroz branco ao forno.

Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou acedo fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.

Refogado de espárragos con xamón

Refogado de espárragos con xamón

Refogado de espárragos con xamón

Información nutricional:

Kcal: 182,3
Proteínas: 14,6%
Hidratos de carbono: 4,1%
Lípidos: 81,3%

Ingredientes

  • 125 g espárrago verde
  • 20 g xamón serrano
  • 1 dente (4g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer os espárragos en auga abundante fervendo con sal e escorrer. Nunha tixola quentar o aceite, engadir o allo e dourar. Agregar o xamón en tacos e logo os espárragos. Suxírese acompañar de ovo escalfado.

Vantaxes:
Os espárragos presentan un baixo aporte calórico, debido ao seu gran contido en auga. Son ricos en minerais e vitamina C. Conteñen unha substancia chamada ácido asparxínico capaz de estimular a produción de orina, propiedade recomendable en persoas con trastornos renais ou de vexiga. Os espárragos actúan estimulando as funcións intestinais debido ao seu elevado contido en celulosa, esta propiedade é beneficiosa para aquelas persoas que padecen de estrinximento.

Inconvenientes:
O consumo de espárragos non é aconsellable en persoas con niveis elevados de ácido úrico en sangue ou gota, debido ao seu contido en purinas, que o propio organismo transforma en ácido úrico.

Guiso de raia

Guiso de raia

Guiso de raia

Información nutricional:

Kcal: 328,8
Proteínas: 35,4%
Hidratos de carbono: 33,3%
Lípidos: 31,3%

Ingredientes

  • 150 g raia
  • 1 (100g) pataca
  • 20 g cebola
  • 20 g chícharos
  • 20 g pemento vermello
  • 20 g pemento verde
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar e cortar a raia. Refogar a cebola e pementos en aceite. Engadir a pataca e cubrir con auga. Engadir a raia e os chícharos. Cando todo estea cocido escorrer o auga e engadir unha allada con aceite, allo e pementón. Servir a raia enriba das patacas acompañado por chícharos cocidos a parte e a salsa allada por enriba.

Vantaxes:
A raia é un peixe branco e, polo tanto, cun baixo contido lipídico. O seu aporte proteico tamén é reducido, pero de alto valor biolóxico, xa que contén todos os aminoácidos esenciais. Tamén aporta vitaminas e minerais pero en cantidades pouco significativas.

Brócoli refogado con patacas

Brócoli refogado con patacas

Brócoli refogado con patacas

Información nutricional:

Kcal: 231,9
Proteínas: 15,7%
Hidratos de carbono: 39,0%
Lípidos: 45,3%

Ingredientes

  • 125 g brócoli
  • 1 (100g) pataca
  • 20 g xamón serrano
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer o brócoli ao vapor sen pasar en exceso. Cocer unhas patacas pequenas separadamente. Nun pouco de aceite de oliva refogar o xamón serrano e verter sobre o brócoli e as patacas. Remover con coidado e servir.

Vantaxes:
O brócoli é un alimento con alto contido de antioxidantes e betacarotenos. Igualmente posúe un elevado aporte de vitaminas A, B2 e C, con propiedades diuréticas e depuradoras do sangue. Este vexetal está composto, ademais, por unha elevada cantidade de auga (80-90%). Aporta gran cantidade de fibra dietética e ácido fólico. Con respecto ós minerais, subministra cantidades significativas de potasio, fósforo, ferro e calcio, o que lle confiren importantes propiedades antianémicas.