Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Peituga de pavo á boa muller

15 Xullo, 2015

Peituga de pavo á boa muller

Peituga de pavo á boa muller

Información nutricional:

Kcal: 461,0
Proteínas: 41,8%
Hidratos de carbono: 17,3%
Lípidos: 40,9%

Ingredientes

  • 150 g peituga pavo
  • 1/2 vaso (150 mL) caldo polo
  • 50 g pataca
  • 30 g cebola
  • 25 g champiñóns
  • 25 g chícharos
  • 15 g touciño
  • 5 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Deixar as peitugas en anacos de ración 150 gr., salpementar e fritir lixeiramente. A parte, refogar en aceite a cebola picada, engadir o bacon e logo a farina removendo un pouco. Engadir o cado de polo quente e deixar ferver. Engadir os chícharos e os champiñóns. Introducir o pavo e deixar cocer tapado ata que estea cocido. Antes de servir engadirlle unhas patacas en dados previamente fritas.

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. E ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.

Falsas gulas con gambas

Falsas gulas con gambas

Falsas gulas con gambas

Información nutricional:

Kcal: 229,8
Proteínas: 37,9%
Hidratos de carbono: 34,8%
Lípidos: 27,3%

Ingredientes

  • 70 g espaguete
  • 80 g gambas
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa de caiena
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer a pasta en auga fervendo con sal durante o tempo que nos indique o fabricante. Os espaguetes ímolos romper á metade. Refrescar e escorrer. Separadamente, fritir o allo fileteado coa pementa de caiena. Engadir as gambas e logo a pasta deixando mesturar ben os sabores. Cubrir con perexil seco picado.

Vantaxes:
As principais características da pasta son a súa grande achega en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. As gambas presentan un alto contido en proteínas de alto valor biolóxico e en minerais. Hai que destacar o contido deste alimento mariño en iodo, ferro, calcio, sodio, fósforo e magnesio. Ademais, é fonte de vitaminas do grupo B, especialmente o ácido fólico, e vitamina E.

Robaliza á prancha con verduras

Robaliza á prancha con verduras

Robaliza á prancha con verduras

Información nutricional:

Kcal: 243,6
Proteínas: 47,7%
Hidratos de carbono: 26,0%
Lípidos: 26,3%

Ingredientes

  • 150 g robaliza
  • 30 g champiñóns
  • 30 g feixóns verdes
  • 30 g cenoria
  • 50 g pataca
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpamos o peixe e o fileteamos en dous lombos. Trocear o feixón e a cenoria procurando que saian do mesmo tamaño e cocelas por separado. Refogar os champiñóns e añadiralle os feixóns e cenorias. A robaliza faise na prancha e acompañar dunha patacas cocidas en rebandas e enriba desta as verduras.

Vantaxes:
A robaliza é un peixe branco, cun aporte de lípidos moi baixo. Isto, ligado ó subministro de proteínas de alto valor biolóxico, fai deste peixe un dos alimentos con maior valor nutritivo. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B, capaces de regular o aproveitamento dos nutrientes enerxéticos. Aporta minerais como potasio, fósforo, ferro, sodio e magnesio, substancias que interveñen na regulación do sistema nervioso, na actividade muscular, no equilibrio de auga na célula, na formación de ósos e dentes, nos procesos de obtención de enerxía e no sistema dixestivo.

Costelas guisadas

Costelas guisadas

Costelas guisadas

Información nutricional:

Kcal: 447,6
Proteínas: 20,3%
Hidratos de carbono: 26,2%
Lípidos: 53,6%

Ingredientes

  • 150 g costela de porco
  • 100 g puré pataca
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g pemento verde
  • 25 g cenoria
  • 25 g cebola
  • 25 mL caldo carne
  • 20 g salsa tomate
  • 20 g chícharos
  • 1 dente (4g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Cortar a carne en anacos non moi grandes (ósos de 5 cm de longo max). Salpementar. Dourar nunha pota cun pouco de aceite. Engadirlle as verduras troceadas e a salsa de tomate. Cubrir con caldo de carne e deixar cocer ata que este tenra a costela. Acompañar de chícharos cocidos engadidos ao final na salsa e un puré de pataca.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo, excepto o calcio. Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.

Arroz 4 delicias

Arroz 4 delicias

Arroz 4 delicias

Información nutricional:

Kcal: 394,4
Proteínas: 19,1%
Hidratos de carbono: 31,0%
Lípidos: 50,0%

Ingredientes

  • 90 g arroz
  • 50 g ovo
  • 25 g gambas
  • 25 g xamón cocido
  • 20 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer o arroz en abundante auga fervendo, removendo sobretodo ao principio. Escorrer e refrescar aos 20 minutos. Co ovo faise unha tortilla francesa ben callada e logo córtase en tiras. Os chícharos cócense a parte. Nunha tixola refogar en aceite o allo e as gambas. Engadir o arroz cocido e o xamón troceado así como a tortilla e os chícharos. Servir quente.

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.