Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Salmón con velouté de espárragos

15 Xullo, 2015

Salmón con velouté de espárragos

Salmón con velouté de espárragos

Información nutricional:

Kcal: 483
Proteínas: 35,8%
Hidratos de carbono: 24,9%
Lípidos: 39,3%

Ingredientes

  • 150 g salmón
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 1 (100g) pataca
  • 50 g espárrago verde
  • 30 g cebola
  • 30 g porro
  • 15 g espárrago branco
  • 1 dente (5g) allo
  • 5 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Preparar a salsa: refogar en aceite o allo e cebola picados sen que tome cor. Engadir un pouco de fariña, cando coza un pouco cubrir co caldo de peixe e os espárragos verdes. Triturar e pasar por chinés. Introducir o salmón en supremas nunha cazola de barro e cubrir coa salsa. Meter no forno 10 minutos. Acompañar dunhas patacas redondas cocidas e un espárrago branco.

Vantaxes:
O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular. A súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, ademais de ser fonte de magnesio e iodo.

Inconvenientes:
Ó igual que os demais peixes azuis o salmón presenta o inconveniente de conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.

Pasta con peixe espada e tomate

Pasta con peixe espada e tomate

Pasta con peixe espada e tomate

Información nutricional:

Kcal: 292,2
Proteínas: 22,6%
Hidratos de carbono: 33,8%
Lípidos: 43,6%

Ingredientes

  • 70 g pasta (macarrón)
  • 80 g salsa tomate
  • 50 g peixe espada
  • 10 g queixo relado
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • albahaca
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta en auga fervendo con sal durante o tempo que nos indique o fabricante. Separadamente, en aceite de oliva refogar o allo e engadir o peixe en dados, refogando un minuto. Engadir a salsa de tomate e unha folla de albahaca. Engadir a pasta escorrida e refrescada. Dar o punto de sal e pementa e quentar. Cubrir de queixo relado.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. O peixe espada é un peixe semigraxo. O seu contido en proteínas non é moi elevado, pero son dun alto valor biolóxico, xa que inclúen todos os aminoácidos esenciais. Ademais contén diferentes vitaminas e minerais, entre os que destacan as vitaminas do grupo B e A, e a presenza de fósforo e magnesio, posto que este peixe é o máis rico nestes minerais.

Peituga de pavo con champiñóns

Peituga de pavo con champiñóns

Peituga de pavo con champiñóns

Información nutricional:

Kcal: 456,9
Proteínas: 40,6%
Hidratos de carbono: 22,7%
Lípidos: 36,8%

Ingredientes

  • 150 g peituga pavo
  • 1/2 vaso (100 mL) caldo polo
  • 75 g champiñóns laminados
  • 50 g cebola
  • 50 g arroz
  • 15 mL nata
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar en anacos de 50gr, salpementar a peituga e dourar na tixola volta e volta. Separadamente, facer unha salsa velouté: en aceite quente refogar a cebola picada e logo poñer a fariña, logo de cocer un minuto engadir o caldo quente. Poñer a punto de sal e pementa e engadir os champiñóns laminados. Introducir o polo na salsa e dar un fervor de 5 minutos poñendo un pouco de nata case ao final. Acompañar de arroz ao forno.

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. E ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico. O champiñón non presenta un gran contido en minerais, pero si unha gran variedade dos mesmos. Contén, ademais, pequenas é baixo, sendo moi adecuado en dietas depurativas ou para perder peso. Aporta un contido en graxas moi baixo sendo estas moi saudables (ácido linoleico). E o seu contido en selenio confírelle un efecto antioxidante.

Arroz con berberechos

Arroz con berberechos

Arroz con berberechos

Información nutricional:

Kcal: 275,8
Proteínas: 35,8%
Hidratos de carbono: 37,9%
Lípidos: 26,2%

Ingredientes

  • 70 g arroz
  • 100 g berberechos
  • 1/2 vaso (150mL) caldo pescado
  • 25 g cebola
  • 25 g salsa tomate
  • 10 g pemento vermello
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • colorante alimentario

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Nunha paelleira ou similar refogar en aceite o allo, cebola, pemento. Engadir o arroz e a continuación o tomate e o caldo coloreado. Cando comece a ferver, engadir os berberechos. Meter no forno 18 minutos e repousar 5min. servir no mesmo recipiente. Cubrir de perexil picado.

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.

Marmitako de peixe espada

Marmitako de peixe espada

Marmitako de peixe espada

Información nutricional:

Kcal: 435,1
Proteínas: 46,4%
Hidratos de carbono: 25,7%
Lípidos: 27,9%

Ingredientes

  • 150 g peixe espada
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (150mL) caldo pescado
  • 50 g pemento verde
  • 25 g cebola
  • 20 g pemento choriceiro
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Remollar os pementos choriceiros en auga quente para acelerar o proceso de hidratación. Refogar en aceite quente o allo, o pemento verde, e cebola (en dados). Engadir o pementón e a pataca rota en dados. Engadir a pulpa raspada do pemento choriceiro e cubrir con auga ou caldo de peixe suficiente para cocer todo. Aos 10 minutos agregar o peixe en dados cocinan todo 5 min. máis. Poñer a punto sal e deixar repousar.

Vantaxes:
O peixe espada é un peixe semigraxo. O seu contido en proteínas non é moi elevado, pero son dun alto valor biolóxico, xa que inclúen todos os aminoácidos esenciais. Ademais contén diferentes vitaminas e minerais, entre os que destacan as vitaminas do grupo B e A, e a presenza de fósforo e magnesio, posto que este peixe é o máis rico nestes minerais.