Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Xelatina de uva

15 Xullo, 2015

Xelatina de uva

Xelatina de uva

Información nutricional:

Kcal: 186,9
Proteínas: 2,1%
Hidratos de carbono:97,9%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 1 vaso (200 mL) mosto
  • 10 g azucre
  • 8 g xelatina neutra

Instruccións

Tempo preparación: De 10 a 15 minutos

Remollar as follas de xelatina en auga fría e escorrer. Quentar lixeiramente un pouco de zume e agregar as follas de xelatina. Remover ata disolver e engadir azucre. Mesturar co resto do zume e poñer nun molde. Para desmoldar introducir o molde en auga quente uns segundos e darlle a volta.

Vantaxes:
Un 80% das uvas é auga, e entre un 15 e un 25% son azucres (glucosa e fructosa). Contén vitaminas do grupo B, A e C, e minerais (potasio, calcio, magnesio, fosfato sódico, iodo e ferro). Unha das grandes vantaxes das uvas é a súa propiedade depurativa e laxante, debidas principalmente ó seu contido en pectina, remineralizantes e alcalinizantes. A súa pel contén taninos, ácidos libres, minerais, fermentos e celulosa, útiles para o funcionamento intestinal. Numerosos estudos demostran á existencia de substancias protectoras nas uvas, capaces de protexer o organismo fronte enfermidades cardiovasculares, cancro, e enfermidades relacionadas co envellecemento celular.
A xelatina é coláxeno hidrolizado, a proteína que forma os tendóns, tecidos cartilaxenosos, ósos e tecidos conectores. Este alimento contribúe á mellora na hidratación en nenos e en adultos. Presenta un baixo contido en azucres e colesterol, e non presenta materia graxa, polo que diminúe o risco de obesidade infantil.

Farfalle hortelana

Farfalle hortelana

Farfalle hortelana

Información nutricional:

Kcal: 200,7
Proteínas: 7,6%
Hidratos de carbono: 47,9%
Lípidos: 44,5%

Ingredientes

  • 70 g farfalle
  • 70 g cabaciño
  • 50 g cenoria
  • 20 g cebola
  • 20 g pemento vermello
  • 1 cullerada aceite oliva
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta "al dente" segundo o tempo que indique o fabricante. Escorrer e refrescar con auga fría. Cortar as hortalizas en xuliana (tiras finas) e refogalas en aceite. Engadir a pasta, poñer a punto de sal e pementa ó gusto.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. A combinación de pemento vermello, cenoria, cebola e cabaciño aporta ó organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerais tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte ós radicais libres que provocan o envellecemento celular.

Mousse lixeira de queixo

Mousse lixeira de queixo

Mousse lixeira de queixo

Información nutricional:

Kcal: 189,1
Proteínas: 27,5%
Hidratos de carbono: 30,1%
Lípidos: 42,5%

Ingredientes

  • 40 g queixo cremoso
  • 3 g xelatina neutra
  • 60 g iogur natural desnatado
  • 30 g clara de ovo
  • 10 g azucre

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Mesturar en frío queixo co iogur. Á parte quentar ó baño maría a clara coa xelatina en po. Engadir o azucre para disolvelo. Bater a punto de neve fóra da calor. Mesturar suavemente co iogur e queixo. Decorar con froitos vermellos ou marmelada de fresa.

Vantaxes:
Esta sobremesa contén iogur. A inxestión de iogur presenta numerosas vantaxes, por isto debe ser incluído na nosa dieta diaria. Os principais beneficios derivados do consumo do iogur son que prevén trastornos intestinais, principalmente diarreas, e prevén a entrada de microorganismos patóxenos no intestino. Estes beneficios son debidos á presenza de certos microorganismos que favorecen o crecemento de flora beneficiosa e así diminúen o crecemento de flora microbiana alterante. Presenta, tamén, un efecto inmunomodulador, é dicir, favorece a estimulación do sistema inmune. Ademais, é un produto facilmente dixerible, polo que está indicado en dietas convalecentes. Debido á súa riqueza en ácido láctico, permite a secreción de encimas e mollos gastrointestinais, favorecendo a dixestión.

Espinacas á crema con taquiños de xamón

Espinacas á crema con taquiños de xamón

Espinacas á crema con taquiños de xamón

Información nutricional:

Kcal: 314,3
Proteínas: 23,6%
Hidratos de carbono: 14,2%
Lípidos: 62,2%

Ingredientes

  • 150 g espinacas
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 25 g xamón serrano
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • 6 g fariña
  • noz moscada
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer as espinacas en auga abundante, refrescar e escorrer. Á parte, preparar unha bechamel: quentar o aceite nun cazo e engadir fariña. Remover con variña e engadir leite quente. Remover ata que ferva e espese. Engadir sal, pementa e noz moscada ó gusto. Engadir os taquiños de xamón e as espinacas deixando cocer todo xunto uns minutos máis.

Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.

Inconvenientes:
O ferro de orixe animal absórbese máis facilmente ca o vexetal. Polo tanto, para un bo aporte de ferro é necesario o consumo de alimentos de orixe animal.

Redondo de tenreira á xardiñeira

Redondo de tenreira á xardiñeira

Redondo de tenreira á xardiñeira

Información nutricional:

Kcal: 496,8
Proteínas: 35,8%
Hidratos de carbono: 24,6%
Lípidos: 39,6%

Ingredientes

  • 100 g redondo tenreira
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) viño branco
  • 1/2 vaso (100mL) caldo carne
  • 1/2 (70 g) tomate
  • 40 g cebola
  • 40 g porro
  • 40 g cenoria
  • 5 g pemento piquillo
  • 1 cullerada (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 50 a 1 hora minutos

Marcar o redondo enteiro na tixola por ambas caras. Colocar na placa do forno, regar co viño branco, engadir as verduras cortadas e asar durante 50 min. a 170ºC. Cortar o redondo en rebandas, engadir o caldo á placa e coar todo xunto para elaborar a salsa. Servir con puré de pataca e pemento do piquillo.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.