Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Viño branco

15 Xullo, 2015

Viño branco

Viño branco

Información nutricional:

Kcal: 136
Proteínas: 0,4%
Hidratos de carbono: 0,6%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 200 mL unha copa

Instruccións

Suxerencia de bebida

Viño tinto

Viño tinto

Viño tinto

Información nutricional:

Kcal: 136
Proteínas: 0,4%
Hidratos de carbono: 0,6%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 200 mL unha copa

Instruccións

Suxerencia de bebida

Mousse de castañas

Mousse de castañas

Mousse de castañas

Información nutricional:

Kcal: 277,9
Proteínas: 8,1%
Hidratos de carbono: 40,1%
Lípidos: 51,7%

Ingredientes

  • 50 g castañas
  • 30 g clara ovo
  • 3 g xelatina neutra
  • 8 g azucre
  • 50 mL nata

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Bater a punto de neve a nata co puré de castañas, Á parte, quentar ó baño María a clara de ovo coa xelatina en po ata que comece a botar vapor de auga. Engadir o azucre e bater fora do calor ata que esponxe. Antes de que enfríe de todo, mesturar a nata-castaña e enmoldar. Acompañar dagunha castaña entera en xarope.

Vantaxes:
As castañas son ricas en hidratos de carbono complexos. A cantidade de graxa presente nelas é bastante similar á dos cereais e polo tanto notablemente inferior á que conteñen os froitos secos. Debido a estas propiedades e a que ó seu contido en auga é próximo ó 50%, a castaña é un dos froitos secos de menor contido calórico.

Ensalada alemana

Ensalada alemana

Ensalada alemana

Información nutricional:

Kcal: 351,6
Proteínas: 9,6%
Hidratos de carbono: 25,8%
Lípidos: 64,5%

Ingredientes

  • 1 (100g) pataca
  • 50 g salchicha
  • 20 g maionesa
  • 15 g cebola
  • 5 g cogombro pequeno
  • 2 g ceboliño

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Cocer a pataca enteira con pel. Unha vez cocida pelala. Deixar enfriar e mesturar co resto de ingredientes. Picar a cebola moi fina e o cogombro en rebandas ó igual que a salchicha. Cubrir con perexil picado.

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable ó seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.

Inconvenientes:
Debe controlarse o consumo de maionesa e salchichas polo seu alto contido en graxas.

Coello en pepitoria

Coello en pepitoria

Coello en pepitoria

Información nutricional:

Kcal: 666,1
Proteínas: 32%
Hidratos de carbono: 17,7%
Lípidos: 50,3%

Ingredientes

  • 150 g coello
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100 mL) caldo polo
  • 50 mL viño branco
  • 25 g cebola
  • 25 g ovo cocido
  • 10 g améndoas
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • 5 g fariña
  • colorante alimentario
  • pementa
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Trocear o coello. Salpementar. Pasar por fariña e fritir ata dourar. A parte, nunha pota rustrir en aceite a cebola picada, deixando pochar sen que tome cor. Engadimos o coello e mollamos con viño branco e deixar reducir, para a continuación engadir o caldo de carne ata que cubra e deixamos cocer ata que estea tenro. Poñer o loureiro. As patacas cortámolas en dados grandes e dámoslles un frito exterior e logo deixámolas cocer co coello uns minutos. Coas améndoas torradas e a xema de ovo cocido faise un mallado que se engade á salsa. Dar un pouco de cor amarela lixeira co colorante.

Vantaxes:
Pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol e en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota. É magra e branda, polo que resulta fácil de mastigar. Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. En canto ós minerais, destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión. A carne de coello presenta vitaminas do grupo B, especialmente B3 (niacina) e B12 (cobalamina).