Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Coliflor á galega

15 Xullo, 2015

Coliflor á galega

Coliflor á galega

Información nutricional:

Kcal: 192
Proteínas: 19,2%
Hidratos de carbono: 9,0%
Lípidos: 71,8%

Ingredientes

  • 150 g coliflor
  • 50 g ovo cocido
  • 1 dente (5g) allo
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • perexil
  • loureiro
  • pementón doce

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a coliflor en auga fervendo con sal e reservar.Preparar unha allada: quentar o aceite, engadir o allo ata que se doure, retirar do lume e engadir o pemento doce procurando que non se queime.Deixar repousar e coar. Cocer o ovo 10 minutos. Presentar a coliflor e o ovo en cuartos napados coa allada.

Vantaxes:
Aporta moi pouco valor calórico, polo que é adecuado en dietas de adelgazamento. A coliflor é unha boa fonte de fibra e vitaminas, entre as que destacan os grupos B ou C. Estas particularidades convértena nun bo alimento para incluílo na dieta de mulleres embarazadas xa que favorece o crecemento e desenvolvemento do feto. Tamén aporta boas cantidades de minerais como potasio, magnesio ou fósforo. As súas propiedades diuréticas eliminan o exceso de líquidos polo que proporcionan beneficios para a hipertensión e redución do ácido úrico. As altas porcentaxes de elementos fitoquímicos (glucosinolatos, isotiocianatos, indoles e fibra) favorecen a prevención de enfermidades dexenerativas coma o cancro. Este prato vai acompañado dun par de culleradas de aceite de oliva rico en ácido monoinsaturado (oleico), excelente fronte á prevención de enfermidades cardiovasculares.

Pescada en caldeirada

Pescada en caldeirada

Pescada en caldeirada

Información nutricional:

Kcal: 308,9
Proteínas: 30,8%
Hidratos de carbono: 33,1%
Lípidos: 36,1%

Ingredientes

  • 120 g pescada
  • 1 (100g) pataca
  • 20 chícharos conxelados
  • 15 g cebola
  • 15 g pemento vermello
  • 15 g pemento verde
  • 1 dente (5g) allo
  • 3 culleradas (15 mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • perexil
  • loureiro

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Nunha pota poñer a cocer as patacas en rebandas coa cebola e o pemento vermello e verde. Engadir os chícharos e folla de loureiro. Ós 10 minutos incorporar a pescada limpa e deixar cocer entre 8-10 minutos máis. Á parte preparar unha allada: quentar o aceite, engadir o allo ata que se doure, retirar do lume e engadir o pemento doce procurando que non se queime. Deixar repousar e coar. Presentar a pescada sobre as patacas e engadir a allada ó final.

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante comparado coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias comparado coas contidas na maior parte dos peixes.

Froita fresca (mazá)

Froita fresca (mazá)

Froita fresca (mazá)

Información nutricional:

Kcal: 64,5
Proteínas: 4,4%
Hidratos de carbono: 91,6%
Lípidos: 4,0%

Ingredientes

  • 1 (150g) mazá

Instruccións

Lavar e servir.

Vantaxes:
A mazá é das froitas máis completas e enriquecedoras na dieta. Está composta nun 85% de auga. Os nutrientes mais abundantes despois da auga, son os azucres, sobre todo fructosa, e en menor proporción sacarosa e glucosa. É fonte discreta de vitamina E e aporta unha escasa cantidade de vitamina C. É rica en fibra, e como mineral destaca o potasio. A vitamina E posúe acción antioxidante, en parte debida ós elementos fitoquímicos que posúe, tales como flavonoides e quercitina.

Espetada de solombo en salsa de setas

Espetada de solombo en salsa de setas

Espetada de solombo en salsa de setas

Información nutricional:

Kcal: 428,5
Proteínas: 24,5%
Hidratos de carbono: 5,8%
Lípidos: 69,7%

Ingredientes

  • 100 g solombo porco
  • 50 g setas
  • 30 g pemento verde
  • 30 g cebola
  • 10 g tomate cherry
  • 10 mL caldo carne
  • 10 mL nata
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • pementa branca

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar o solombo e cortar en medallóns. Insertar nunha espetada intercalando carne, pemento verde, cebola e tomate. Adubar as brochetas e marcar na prancha. Para a salsa: rustrir o allo picado en aceite, engadir as setas picadas, despois dun minuto o caldo de carne e a nata. Servir a espetada coa salsa por enriba.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que a carne de vaca ou de cordeiro, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco é aconsellable para os hipertensos e para aqueles que padecen de exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido xa que o abuso de proteínas de orixe animal e de graxas saturadas ten repercusións nocivas na saúde.

Froita fresca (kiwis)

Froita fresca (kiwis)

Froita fresca (kiwis)

Información nutricional:

Kcal: 69
Proteínas: 9,2%
Hidratos dec arbono: 78,3%
Lípidos: 12,4%

Ingredientes

  • 150 g kiwis

Instruccións

Pelar e consumir

Vantaxes:
O compoñente maioritario do kiwi é o auga. Presenta un aporte calórico moderado, pola súa cantidade en hidratos de carbono. É destacable o seu contido en vitamina C; máis do dobre que unha laranxa e vitaminas do grupo B. Ademais esta froita é rica en minerais como potasio, magnesio e fibra. Polo seu fácil consumo e grazas ás súas propiedades nutritivas e ó aporte de substancias de acción antioxidante, ó seu consumo é adecuado para os nenos, os mozos, os adultos, os deportistas, as mulleres embarazadas ou nais lactantes e as persoas maiores.