Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

Froita fresca (mandarinas)

15 Xullo, 2015

Froita fresca (mandarinas)

Froita fresca (mandarinas)

Información nutricional:

Kcal: 60
Proteínas: 8,0%
Hidratos de carbono: 89,8%
Lípidos: 2,2%

Ingredientes

  • 2 mandarinas

Instruccións

Pelar as mandarinas e consumir.

Vantaxes:
A mandarina é unha das froitas con mais carotenoides, aporta beta-criptoxantina e beta-caroteno. A actividade antioxidante destes elementos fitoquímicos e da vitamina C, é a de combater a acción nociva dos radicais libres, substancias responsables do desenvolvemento de enfermidades cardiovasculares, dexenerativas e cancro. Debido ó contido en auga, potasio e ácido cítrico, as mandarinas presentan propiedades diuréticas. Pola súa abundancia en ácido fólico, o seu consumo é adecuado para mulleres embarazadas (previndo da espiña bífida).

Lombo de pescada ao forno con grelos

Lombo de pescada ao forno con grelos

Lombo de pescada ao forno con grelos

Información nutricional:

Kcal: 392
Proteínas: 42,7%
Hidratos de carbono: 29,8%
Lípidos: 27,5%

Ingredientes

  • 150 g pescada
  • 1 (100g) pataca
  • 75 mL caldo peixe
  • 150 g grelos
  • 15 g cebola
  • 10 g pemento verde
  • 10 g pemento vermello
  • 10 g cabaciño
  • 10 g pan relado
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil picado
  • sal ao gusto
  • pementón doce

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Salgar e marcar a pescada na prancha e colocar nunha cazola. Limpar os grelos e cocer en auga abundante, escorrer e refrescar. Cocer as patacas ó vapor. Preparar a salsa refogando en aceite todas as verduras. A contiuación engadir o pementón, o caldo de peixe e o pan relado. Deixar cocer 10 minutos e triturar. Cubrir a pescada coa crema e poñer no forno 15 minutos a 180ºC. Acompañar das patacas e os grelos.

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, baixo en graxas; rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B, máis baixo comparando con outros alimentos. En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio. Os grelos presentan un alto contido en vitamina A, C e ácido fólico, ademais de diversos minerais como calcio, potasio, sodio e ferro. Nesta especie predominan unha serie de substancias relacionadas co seu amargor (glucosinolatos alifáticos), ás que se lle atribúen propiedades anticanceríxenas.

Mousse de limón

Mousse de limón

Mousse de limón

Información nutricional:

Kcal: 294,4
Proteínas: 13%
Hidratos de carbono: 53%
Lípidos: 34%

Ingredientes

  • 1 (125g) iogur de limón
  • 30 mL nata
  • 8 g azucre
  • 3 g xelatina
  • 30 g clara de ovo pasteurizada

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Bater a nata e engadirlle o iogur. A parte, quentar ao baño María a clara de ovo coa xelatina en po ata que comece a botar vapor de auga. Engadir o azucre e bater fora da calor ata que esponxe. Mesturar a nata, iogur e enmoldar. Cubrir a mousse cunha capa de marmelada de fresa. Suxerencia de presentación cunha frecha de chocolate branco.

Vantaxes:
Esta sobremesa contén iogur. A inxestión de iogur presenta numerosas vantaxes, por isto debe ser incluído na nosa dieta diaria. Os principais beneficios derivados do consumo do iogur son que prevén trastornos intestinais, principalmente diarreas, e prevén a entrada de microorganismos patóxenos no intestino. Estes beneficios son debidos á presenza de certos microorganismos que favorecen o crecemento de flora beneficiosa e así diminúen o crecemento de flora microbiana alterante. Presenta, tamén, un efecto inmunomodulador, é dicir, favorece a estimulación do sistema inmune. Ademais, é un produto facilmente dixerible, polo que está indicado en dietas convalecentes. Debido á súa riqueza en ácido láctico, favorece a secreción de encimas e mollos gastrointestinais, o que favorece a dixestión.

Crema de cabaciño

Crema de cabaciño

Crema de cabaciño

Información nutricional:

Kcal: 210,8
Proteínas: 12,5%
Hidratos de carbono: 44,4%
Lípidos: 43,1%

Ingredientes

  • 1/2 vaso (120 mL) auga
  • 1/2 vaso (120mL) leite desnatado
  • 70 g cabaciño
  • 1/2 (60 g) pataca
  • 20 g porro
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Refogar no aceite o branco do porro. Engadir o cabaciño lavado e cortado en dados coa pel. Engadir a pataca cortada e mollar con auga e leite. Deixar cocer de 20 a 30 minutos. Triturar e coar por chinés. Poñer a punto de sal. Decorar con aceite virxe extra de oliva e uns picatostes.

Vantaxes:
O cabaciño caracterízase polo seu elevado contido en auga, seguido dos hidratos de carbono, e o seu baixo contido en lípidos e proteínas; estas características, ligadas a presenza de fibra, fan do cabaciño un alimento adecuado para dietas de adelgazamento. Contén vitamina A, B, C; magnesio, sodio, iodo, ferro, calcio e potasio; substancias que axudan na produción de glóbulos vermellos e brancos, na síntese do material xenético ou na formación de anticorpos do sistema inmunolóxico. Ademais, posúen acción antioxidante, regula os niveis de auga na célula, e mellora o funcionamento intestinal e dixestivo.

Froita fresca (granada)

Froita fresca (granada)

Froita fresca (granada)

Información nutricional:

Kcal: 65
Proteínas: 4,2%
Hidratos de carbono: 94,5%
Lípidos: 1,3%

Ingredientes

  • 1 pelada (160g aprox) granada

Instruccións

Pelar e servir.

Vantaxes:
Esta froita presenta unha baixa porcentaxe en calorías e hidratos de carbono, propiedades que fan dela un excelente alimento para dietas de adelgazamento. O seu contido en taninos e en ácido cítrico e málico é responsable da acción astrinxente e antiinflamatoria. Contén flavonoides (responsables da cor vermella), de acción antioxidante e antiséptica. Presenta un elevado contido en potasio e baixo en sodio, polo que se aconsella o seu consumo en persoas que sofren hipertensión arterial e enfermidades cardiovasculares.